Condado de Fenosa
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fenosa (homónimos).
Condado de Fenosa | |
---|---|
Primeiro titular | Pedro Barrié de la Maza |
Concesión | Francisco Franco 1 de outubro de 1955 |
Actual titular | José María Arias Mosquera |
O condado de Fenosa é un título nobiliario galego, creado en 1955 por Francisco Franco.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1955 o xefe do estado español instaurou o título de conde de Fenosa para recompensar o empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza. Este foi o seu primeiro titular.
Ao falecer este sen descendencia directa en 1971, o título pasou a súa muller, Carmela Arias Díaz de Rábago. Cando esta faleceu en 2009 o título quedou vacante temporalmente. Porén, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica solicitou a anulación do título por ser creado e concedido inicialmente durante o franquismo[1]. En 2011 o sobriño da antiga condesa, Xosé María Arias herdou o título.
Titulares
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El condado de Fenosa sigue vacante tres meses después de fallecer Carmela Arias Arquivado 04 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., DAPENA, S., Xornal, 2/2/2010.
- ↑ Orde JUS/1836/2011, de 15 de xuño Arquivado 14 de outubro de 2016 en Wayback Machine., BOE, 2/7/2011.