Carmen Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Arias
Nome completoCarmen Arias de Castro Montero
Data de nacemento14 de abril de 1921
Lugar de nacementoA Coruña Galicia Galiza
Data de falecemento1 de novembro de 2013
Lugar de falecementoCastro de Samoedo (Sada), GaliciaGaliza
CónxuxeIsaac Díaz Pardo
FillosCamilo, Xosé e Rosendo Díaz Arias de Castro
editar datos en Wikidata ]

Carmen Arias de Castro Montero, "Mimina", nada na Coruña o 14 de abril de 1921 e finada no pazo do Castro de Samoedo (Sada) o 1 de novembro de 2013, foi unha artista e empresaria galega. Foi parella de Isaac Díaz Pardo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla do avogado Alicio Arias de Castro e Blanca Montero de Doiztúa. Grazas ao interese de Germán Díaz Baliño, de nova comezou a tomar clases de pintura da man de Dolores Díaz Baliño. Con ela coñeceu importantes artistas, ademais de Isaac Díaz Pardo, sobriño da súa mestra e fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño.

Logo da guerra civil española estivo dous anos como axudante da súa mestra nas clases prácticas de debuxo no IES Eusebio da Guarda. Na primavera de 1942 ambas as dúas decidiron realizar en Madrid o exame de ingreso en Belas Artes, se ben Carmen Arias non puido porque o seu pai só lle permitiu realizar estes estudos por libre.

En xuño de 1945 casou con Isaac Díaz Pardo no Pazo Castro de Samoedo, e trasladouse a vivir a Madrid con el. Carmen non chegou a rematar os estudos de Belas Artes pola súa maternidade e polo inicio do proxecto das Cerámicas do Castro, nas que traballou decorando as primeiras pezas e exercendo de mestra de decoración das novas empregadas que se ían incorporando á factoría. Cando o seu home marchou a Arxentina para crear alí unha fábrica similar, ela quedou encargada de manter a produción de cerámica. En 1958 viaxou a Bos Aires para retomar as tarefas de mestra de decoración. En 1970, coa posta en marcha da factoría de Sargadelos en Cervo, Carmen montou un obradoiro de xoiería.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]