Coordenadas: 43°28′32.47″N 8°10′47.73″O / 43.4756861, -8.1799250
ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.
Maqueta de Astano, nas súas orixes. Exponav.
No ano 1917[1] estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.[2] Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.
En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais (Vivendas de San Valentín en Perlío), economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.
|
Evolución do cadro de persoal.[3]
|
A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.[4]
Construcións off-shore de Astano
|
 Discoverer Enterprise no Golfo de México.
|
Número
|
Nome
|
Tipo
|
Botado
|
266 |
Drillmar I |
Plataforma |
15-09-1989
|
267 |
Gryphon A |
FPSO |
15-04-1992
|
269 |
Alba FSU |
FSU |
09-03-1993
|
273 |
Petrojarl Foinaven |
FPSO |
28-08-1995
|
274 |
Captain FPSO |
FPSO |
2-07-1996
|
275 |
Discoverer Enterprise |
Drill Ship |
12-12-1997
|
276 |
Discoverer Spirit |
Drill Ship |
14-05-1999
|
277 |
Discoverer Deep Seas |
Drill Ship |
22-12-1999
|
279 |
Farwah |
FPSO |
7-10-2002
|
Fitos de Astano
|
Data |
Descrición
|
1941 |
Estaleiro de ribeira de 3000 m² e 33 traballadores: Buques de madeira.
|
1941-1960 |
Buques de pesca: Astano constrúe 82 pesqueiros.
|
1942 |
Comandante Lobo: Primeiro buque construído en Astano, 23 metros de eslora.
|
1944 |
Astano pasa a ser Sociedade Anónima.
|
1946 |
Creación do economato de Astano.
|
1948 |
Buques en aceiro: Pasa a construír buques en aceiro remachados.
|
1950 |
Inicio das obras de construción do dique 1, rematadas en 1956.
|
1951 |
Astano ten 1225 traballadores.
|
1957 |
Inicio das obras nas novas bancadas, rematadas en 1960.
|
1961-1980 |
Entra na construción de petroleiros.
|
1963 |
Botadura do cargueiro Artemision, de 30 000 toneladas: Astano ten 2500 traballadores.
|
1966 |
Botadura do Ildefonso Fierro de 219 m.: Primeiro petroleiro botado nas novas bancadas, Astano ten 3129 traballadores.
|
1968 |
Botadura do Laieta, de 196 metros de eslora: Primeiro metaneiro construído en España.
|
1971 |
Construción da grúa pórtico e do dique 2.
|
1972 |
Astano ten 6000 traballadores, entrada do INI na empresa.
|
1975 |
Botadura do petroleiro Santa María de 346 metros de eslora e 365 000 toneladas.
|
1979 |
Astano traballa ao 30% da súa capacidade, o INI toma o control da empresa.
|
1982 |
Astano ten 7000 traballadores.
|
1984-1987 |
Reconversión naval.
|
1987 |
El Dorado de 264 metros de eslora: Último buque construído en Astano.
|
1989 |
Construción offshore.
|
1992 |
Astano ten 2017 traballadores.
|
1997 |
Construción offshore.
|
2000 |
Astano ocupa 755 000 metros cadrados de superficie, mais ten pouco máis de 1000 traballadores. En xullo Astano pasa a chamarse IzarFene.
|
2004 |
Pasa a chamarse Navantia.
|
2015 |
Fin do veto á construción de buques: Eólica mariña.
|
Fitos de Astano [5]
|
|
|
Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.
Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[6] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norteamericana Transocean.
Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.
Vista interior de Astano.
Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares.
Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.
Tamén hai dous diques para reparacións:
- Dique número 2 de 260×38 metros.
- Dique número 1 de 160×24 metros.
- 2 grellas de 337×58 metros.
- 18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas.
- 1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.
O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).
A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.[7]
Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.[8]
Nº
|
Nome
|
Tipo
|
Botado
|
Entregado
|
Década 1941 a 1949 (Número de construción 1 a 36)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
1 |
Comandante Lobo |
Pesqueiro |
25-08-1942 |
10-12-1942
|
2 |
Tabeirón |
Pesqueiro |
21-11-1945 |
25-01-1946
|
3 |
Cachalote |
Pesqueiro |
04-03-1946 |
09-03-1946
|
4 |
Astano |
Remolcador |
10-10-1943 |
01-01-1944
|
5 |
Constantino Lobo |
Pesqueiro |
02-08-1943 |
30-12-1943
|
6 |
Rosita Iglesias Nº 2 |
Costeiro |
22-06-1945 |
22-06-1945
|
7 |
Marujín |
Costeiro |
22-06-1945 |
22-06-1945
|
8 |
Chanteiro |
Costeiro |
24-02-1944 |
28-06-1944
|
9 |
Batea Nº 1 |
Batea |
20-12-1943 |
20-12-1943
|
10 |
Villa de Perlío |
Lancha de pasaxe |
10-04-1944 |
20-06-1944
|
11 |
Medina Tanya |
Costeiro |
21-04-1947 |
01-07-1949
|
12 |
Medina Xauen |
Costeiro |
21-04-1947 |
01-07-1949
|
13 |
M. Gestoso Chicha |
Pesqueiro |
14-02-1945 |
02-05-1945
|
14 |
P. Costas Maravilla |
Pesqueiro |
14-02-1945 |
02-05-1945
|
15 |
Almadrabero |
Costeiro |
16-03-1945 |
28-06-1945
|
16 |
Conde de Barbate |
Costeiro |
16-03-1945 |
28-06-1945
|
17 |
Andrés |
Costeiro |
23-05-1947 |
01-08-1947
|
18 |
Batea Nº 2 |
Batea |
10-01-1945 |
10-01-1945
|
19 |
Cabría Flotante Nº 1 |
Cabría |
20-11-1945 |
29-07-1946
|
20 |
Marola |
Lanchón de carga |
11-04-1945 |
11-04-1945
|
21 |
? |
Batea |
11-08-1945 |
23-11-1945
|
22 |
? |
Batea |
22-11-1945 |
23-11-1945
|
23 |
Chas |
Pesqueiro |
04-06-1947 |
16-02-1948
|
24 |
? |
Barcaza basculadora |
07-03-1946 |
05-07-1946
|
25 |
? |
Barcaza basculadora |
15-05-1946 |
05-07-1946
|
26 |
? |
Barcaza basculadora |
14-06-1946 |
10-07-1946
|
27 |
? |
Barcaza basculadora |
15-07-1946 |
17-07-1946
|
28 |
Muelle flotante |
25 Bateas |
20-07-1945 |
20-07-1945
|
29 |
? |
Batea |
23-11-1945 |
26-11-1945
|
30 |
? |
Batea |
22-12-1945 |
31-12-1945
|
31 |
Iglesias I |
Pesqueiro |
22-07-1947 |
02-08-1947
|
32 |
Iglesias II |
Pesqueiro |
22-07-1947 |
22-09-1947
|
33 |
? |
Batea |
30-03-1946 |
30-03-1946
|
34 |
? |
Lancha de servizo |
31-08-1946 |
10-09-1946
|
35 |
Mardomingo C |
Pesqueiro |
31-10-1948 |
31-10-1948
|
36 |
Mardomingo D |
Pesqueiro |
04-10-1948 |
04-10-1948
|
|
Década 1950 (Número de construción 37 a 102)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
37 |
Santa Cecilia |
Bacaladeiro |
11-05-1951 |
21-02-1952
|
38 |
Santa Amalia |
Bacaladeiro |
05-09-1952 |
07-04-1953
|
39 |
Santa Inés |
Bacaladeiro |
24-09-1953 |
08-01-1954
|
40 |
Santa Elvira |
Bacaladeiro |
15-09-1954 |
22-10-1954
|
41 |
Eduardo Vieira |
Pesqueiro |
17-01-1949 |
17-01-1949
|
42 |
Julio Vieira |
Pesqueiro |
30-11-1948 |
17-01-1949
|
43 |
San Felipe |
Pesqueiro |
30-11-1948 |
26-03-1949
|
44 |
Palma |
Pesqueiro |
14-03-1949 |
26-03-1949
|
45 |
Marinemi |
Pesqueiro |
05-05-1951 |
05-07-1951
|
46 |
Mariblanca |
Pesqueiro |
05-05-1951 |
04-07-1951
|
47 |
San Antón |
Costeiro |
11-11-1954 |
16-12-1954
|
48 |
Río Tambre |
Costeiro |
15-03-1956 |
24-09-1956
|
49 |
W-33 Centinela |
Garda pesca |
18-12-1952 |
05-01-1953
|
50 |
W-34 Serviola |
Garda pesca |
18-12-1952 |
05-01-1953
|
51 |
Mar de Irlanda |
Pesqueiro |
04-10-1948 |
17-12-1948
|
52 |
Mar de La Rochela |
Pesqueiro |
04-10-1948 |
17-12-1948
|
53 |
Marola |
Pesqueiro |
27-06-1949 |
07-07-1949
|
54 |
Mar del Sur |
Pesqueiro |
26-06-1950 |
03-05-1951
|
55 |
Masso Nº 25 |
Pesqueiro |
05-02-1951 |
08-03-1951
|
56 |
Masso Nº 26 |
Pesqueiro |
26-12-1950 |
08-03-1951
|
57 |
Parrote |
Pesqueiro |
21-12-1953 |
21-01-1954
|
58 |
Palloza |
Pesqueiro |
21-12-1953 |
21-01-1954
|
59 |
Gestoso Mera |
Pesqueiro |
29-08-1953 |
03-09-1953
|
60 |
Gestoso Alvarez |
Pesqueiro |
29-08-1953 |
03-09-1953
|
61 |
Masso Nº 27 |
Pesqueiro |
21-06-1951 |
09-07-1951
|
62 |
Riazor |
Pesqueiro |
28-12-1954 |
19-01-1955
|
63 |
Bastiagueiro |
Pesqueiro |
28-12-1954 |
19-01-1955
|
64 |
H-2 |
Hidrográfico |
03-04-1950 |
29-05-1951
|
65 |
H-5 |
Hidrográfico |
03-04-1950 |
29-05-1951
|
66 |
Vispón |
Pesqueiro |
16-10-1951 |
23-11-1951
|
67 |
Muela |
Pesqueiro |
16-10-1951 |
23-11-1951
|
68 |
Monseñor |
Pesqueiro |
04-02-1950 |
07-03-1951
|
69 |
Majestad |
Pesqueiro |
04-02-1950 |
07-03-1951
|
70 |
Marilí |
Costeiro |
16-09-1955 |
16-01-1956
|
71 |
Río Jallas |
Costeiro |
30-12-1955 |
13-04-1956
|
72 |
Lalasia |
Costeiro |
29-12-1955 |
27-03-1956
|
73 |
Río Umia |
Cargueiro |
14-10-1958 |
05-01-1961
|
74 |
Gabarra |
Gabarra |
31-10-1950 |
18-11-1950
|
75 |
Gabarra |
Gabarra |
31-10-1950 |
18-11-1950
|
76 |
Gabarra |
Gabarra |
? |
18-11-1950
|
77 |
Gabarra |
Gabarra |
? |
18-11-1950
|
78 |
Espenuca |
Pesqueiro |
27-04-1956 |
30-06-1956
|
79 |
Brigo |
Pesqueiro |
27-04-1956 |
30-06-1956
|
80 |
Bocelo |
Pesqueiro |
27-04-1956 |
30-06-1956
|
81 |
Marinero |
Atuneiro |
17-12-1956 |
02-12-1957
|
82 |
Marchoso |
Atuneiro |
18-12-1956 |
02-12-1957
|
83 |
Tulipán |
Pesqueiro |
19-12-1956 |
14-03-1957
|
84 |
Cantón Grande |
Costeiro |
04-09-1959 |
21-01-1960
|
85 |
Cantón Pequeño |
Costeiro |
16-02-1960 |
28-06-1960
|
86 |
Santa Paula |
Bacaladeiro |
06-09-1956 |
04-04-1957
|
87 |
Santa Mónica |
Bacaladeiro |
04-10-1956 |
15-06-1957
|
88 |
Santa Matilde |
Bacaladeiro |
12-12-1958 |
24-03-1959
|
89 |
Santa Regina |
Bacaladeiro |
25-03-1959 |
04-07-1959
|
90 |
Masso Nº 32 |
Pesqueiro |
18-02-1957 |
18-04-1958
|
91 |
Mar Galaico |
Pesqueiro |
18-02-1957 |
13-03-1958
|
92 |
Mar de Barents |
Pesqueiro |
15-03-1957 |
26-06-1958
|
93 |
Mar Hispánico |
Pesqueiro |
02-04-1957 |
09-05-1958
|
94 |
Mar de Escocia |
Pesqueiro |
02-04-1957 |
15-02-1958
|
95 |
Mar de Hébridas |
Pesqueiro |
02-04-1957 |
15-02-1958
|
96 |
Amelia Meirama |
Pesqueiro |
28-08-1964 |
05-12-1964
|
97 |
Julio Molina |
Pesqueiro |
28-08-1964 |
05-12-1964
|
98 |
Many |
Costeiro |
13-06-1957 |
12-05-1958
|
99 |
Río Samo (ex La Ceiba) |
Costeiro |
Reconstruído |
21-12-1957
|
100 |
Maypa |
Costeiro |
13-06-1957 |
12-05-1958
|
101 |
Mar Uno |
Pesqueiro |
02-11-1959 |
06-07-1960
|
102 |
Mar Dos |
Pesqueiro |
02-11-1959 |
06-07-1960
|
|
Década 1960 (Número de construción 103 a 220)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
103 |
Mar Tres |
Pesqueiro |
16-02-1960 |
22-08-1960
|
104 |
Mar Cuatro |
Pesqueiro |
16-02-1960 |
22-08-1960
|
105 |
Herada |
Costeiro |
19-02-1958 |
06-04-1960
|
106 |
La Pared |
Costeiro |
19-02-1958 |
22-11-1960
|
107 |
Prioriño |
Remolcador |
10-12-1965 |
07-07-1966
|
108 |
Argonte |
Pesqueiro |
23-03-1962 |
20-09-1962
|
109 |
Prada |
Pesqueiro |
28-09-1962 |
04-02-1963
|
110 |
Rigel |
Pesqueiro |
02-11-1959 |
08-11-1960
|
111 |
Denebole |
Pesqueiro |
02-11-1959 |
08-11-1960
|
115 |
Ría de Marín |
Pesqueiro |
02-11-1959 |
03-06-1960
|
116 |
Parrote |
Pesqueiro |
02-05-1958 |
09-07-1958
|
120 |
Lago Sanabria |
Carguero |
Reconstruído |
14-07-1964
|
131 |
Ave |
Petrolero |
Reconstruído |
20-11-1958
|
132 |
San Paulo |
Costeiro |
30-12-1963 |
01-08-1964
|
133 |
Cotos |
Costeiro |
31-05-1965 |
30-11-1965
|
136 |
O Montalegre |
Iate |
07-10-1960 |
14-06-1961
|
137 |
Monte Barbanza |
Pesqueiro |
30-06-1961 |
09-08-1961
|
138 |
Playa de Coroso |
Pesqueiro |
17-04-1961 |
12-06-1961
|
139 |
Eva Mari |
Pesqueiro |
17-04-1961 |
15-06-1961
|
140 |
Carmen Vilariño |
Pesqueiro |
17-04-1961 |
21-06-1961
|
141 |
Costa Cantábrica |
Pesqueiro |
06-02-1962 |
18-06-1962
|
143 |
Alvedro |
Pesqueiro |
30-06-1961 |
11-08-1961
|
144 |
Elviña |
Pesqueiro |
30-10-1962 |
07-03-1963
|
145 |
Carina |
Pesqueiro |
28-07-1961 |
03-08-1961
|
146 |
Soñeiro |
Pesqueiro |
25-05-1963 |
09-07-1964
|
147 |
Presidente H. Irigoyen (Perito Moreno) |
Petroleiro |
02-04-1965 |
22-02-1967
|
148 |
Alkes |
Pesqueiro |
28-07-1961 |
03-08-1961
|
149 |
Gamba |
Pesqueiro |
22-11-1961 |
18-12-1961
|
151 |
Carlos Otero |
Pesqueiro |
20-06-1962 |
13-03-1963
|
154 |
Notos |
Pesqueiro |
07-05-1962 |
29-08-1962
|
155 |
Abaris |
Pesqueiro |
07-05-1962 |
29-08-1962
|
156 |
Norma |
Pesqueiro |
21-12-1962 |
12-01-1963
|
157 |
Bonn |
Carguero |
02-07-1962 |
15-12-1962
|
158 |
Basel |
Cargueiro |
02-07-1962 |
15-12-1962
|
159 |
Brielle |
Cargueiro |
02-07-1962 |
15-12-1962
|
160 |
Carmen |
Cargueiro |
09-07-1963 |
10-01-1964
|
161 |
Konsul Retzlaff |
Cargueiro |
31-10-1963 |
27-04-1964
|
162 |
Virna |
Cargueiro |
29-10-1962 |
08-05-1963
|
163 |
Ferninand Retzlaff |
Cargueiro |
26-02-1963 |
10-06-1963
|
164 |
Hesperus (ex Akera) |
Cargueiro |
21-06-1963 |
09-03-1964
|
165 |
Alar (ex Stubbenhuk) |
Cargueiro |
14-02-1964 |
05-09-1964
|
166 |
Artemisión |
Cargueiro |
18-10-1963 |
24-11-1964
|
167 |
Alex |
Carguero |
27-04-1964 |
07-11-1964
|
168 |
Mani Lisa |
Pesquero |
29-01-1964 |
12-06-1964
|
169 |
María Victoria Moyano |
Pesqueiro |
29-01-1964 |
18-06-1964
|
170 |
Amelia de Llano |
Pesqueiro |
29-01-1964 |
12-06-1964
|
171 |
Eirís |
Pesquero |
14-07-1964 |
30-10-1964
|
172 |
Monte San Alberto |
Pesqueiro |
25-05-1963 |
26-09-1963
|
173 |
Finisterre |
Remolcador |
17-12-1963 |
20-08-1964
|
175 |
Iñás |
Pesqueiro |
16-03-1964 |
24-07-1964
|
176 |
Santa Susana |
Pesqueiro |
14-07-1964 |
08-10-1964
|
177 |
Glaciar Blanco |
Cargueiro |
29-02-1964 |
19-09-1964
|
178 |
Glaciar Azul |
Cargueiro |
27-05-1964 |
14-11-1964
|
179 |
Montrove |
Pesqueiro |
14-07-1964 |
30-10-1964
|
180 |
Bens |
Pesqueiro |
29-01-1964 |
18-06-1964
|
118 |
El Puntal |
Carguero |
Reconstruído |
21-04-1969
|
182 |
Joaquín Ponte Naya |
Cargueiro |
19-12-1964 |
15-11-1965
|
183 |
Campomarino |
Petroleiro |
27-06-1964 |
17-12-1964
|
184 |
Campofrío |
Petroleiro |
28-07-1964 |
03-02-1965
|
185 |
Camporrobles |
Petroleiro |
05-10-1964 |
25-02-1965
|
186 |
Glaciar Verde |
Cargueiro |
09-10-1964 |
24-02-1965
|
187 |
Campochico |
Petroleiro |
19-01-1965 |
28-04-1965
|
188 |
Orduña |
Cargueiro |
18-03-1965 |
29-07-1965
|
189 |
Glaciar Gris |
Cargueiro |
18-01-1965 |
08-05-1965
|
190 |
Ildefonso Fierro |
Petroleiro |
06-06-1966 |
12-11-1966
|
191 |
Baire |
Cargueiro |
28-07-1965 |
25-02-1966
|
192 |
Jiguani |
Cargueiro |
22-02-1966 |
29-07-1966
|
193 |
Camponaraya |
Petroleiro |
03-06-1965 |
15-10-1965
|
194 |
Iglesias Carrero |
Pesqueiro |
26-10-1965 |
21-01-1966
|
195 |
Pedro Menéndez |
Cargueiro |
22-07-1966 |
27-02-1967
|
196 |
Notos Segundo |
Pesqueiro |
22-04-1966 |
17-02-1967
|
197 |
Glaciar Rojo |
Cargueiro |
06-12-1965 |
15-04-1966
|
198 |
Notos Tercero |
Pesqueiro |
22-04-1966 |
08-03-1967
|
199 |
Notos Cuarto |
Pesqueiro |
07-05-1966 |
17-02-1967
|
200 |
Notos Quinto |
Pesqueiro |
07-05-1966 |
08-03-1967
|
201 |
Ceuta |
Petroleiro |
25-04-1967 |
29-04-1968
|
202 |
García Munté |
Cargueiro |
25-01-1967 |
27-01-1968
|
203 |
Pablo Garnica |
Petroleiro |
14-05-1968 |
20-01-1969
|
204 |
Ragar |
Cargueiro |
22-07-1967 |
07-05-1968
|
205 |
Glaciar Negro |
Cargueiro |
18-06-1966 |
20-12-1966
|
206 |
Río Nansa |
Frigorífico |
30-11-1966 |
11-08-1967
|
207 |
Río Besaya |
Frigorífico |
30-11-1966 |
09-10-1967
|
208 |
Carmen M. Pinillos |
Frigorífico |
26-05-1967 |
15-02-1968
|
209 |
Trevinca |
Frigorífico |
19-09-1967 |
30-12-1967
|
210 |
Lago San Mauricio |
Frigorífico |
26-05-1967 |
20-12-1967
|
211 |
Laietá |
Metaneiro |
21-12-1968 |
28-07-1970
|
212 |
? |
Draga Succión |
? |
?
|
213 |
El Mansour Bi Llah |
Frigorífico |
29-12-1967 |
17-06-1968
|
214 |
Santander |
Petroleiro |
18-03-1969 |
06-10-1969
|
215 |
Playa Blanca |
Cargueiro |
09-07-1968 |
21-08-1968
|
216 |
Playa de Naos |
Cargueiro |
09-07-1968 |
24-08-1968
|
217 |
Camino |
Cargueiro |
19-05-1969 |
16-12-1969
|
218 |
El Mansour Dahbi |
Frigorífico |
30-01-1968 |
25-09-1968
|
219 |
Merced |
Cargueiro |
19-05-1969 |
16-01-1970
|
220 |
Móstoles |
Petroleiro |
13-09-1969 |
21-03-1970
|
|
Década 1970 (Número de construción 221 a 248)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
221 |
Manuel Yllera |
Cargueiro |
14-11-1970 |
14-05-1971
|
222 |
Playa de Riazor |
Petroleiro |
07-07-1970 |
07-10-1970
|
223 |
Solares |
Bulkcarrier |
09-01-1970 |
17-07-1970
|
224 |
Frouxeira |
Cabría |
11-01-1975 |
11-01-1975
|
225 |
Melilla |
Petroleiro |
21-08-1970 |
11-03-1971
|
226 |
Arteaga |
Petroleiro |
15-04-1972 |
16-12-1972
|
227 |
Butrón |
Petroleiro |
04-04-1973 |
04-12-1973
|
228 |
Muñatones |
Petroleiro |
28-04-1971 |
08-10-1971
|
229 |
Ocean Park |
Petroleiro |
10-12-1973 |
08-08-1974
|
230 |
La Niña |
Petroleiro |
18-12-1971 |
28-04-1972
|
231 |
Al Andalus |
Petroleiro |
14-11-1974 |
26-04-1975
|
232 |
La Santa María |
Petroleiro |
12-08-1975 |
22-12-1975
|
233 |
Chun Woo |
Petroleiro |
24-10-1972 |
28-07-1973
|
234 |
Texaco Spain |
Petroleiro |
30-06-1973 |
19-07-1974
|
235 |
Texaco London |
Petroleiro |
19-12-1975 |
01-06-1976
|
236 |
Afran Odyssey (ex Dalma) |
Petroleiro |
12-04-1975 |
22-09-1975
|
239 |
Tarragona |
Petroleiro |
06-04-1974 |
30-11-1974
|
240 |
Texaco South América |
Petroleiro |
11-05-1976 |
08-10-1976
|
241 |
Carthago Nova |
Petroleiro |
07-08-1976 |
30-12-1976
|
242 |
Mundaca |
Petroleiro |
18-12-1976 |
20-06-1977
|
243 |
Munguía |
Petroleiro |
18-04-1977 |
11-10-1977
|
244 |
Mónica María |
Petroleiro |
29-07-1977 |
08-11-1978
|
245 |
Tarraco Augusta |
Petrolero |
11-07-1979 |
25-11-1980
|
246 |
María José T |
O.B.O. |
12-12-1977 |
01-08-1979
|
247 |
Mapy T |
O.B.O. |
21-04-1978 |
01-08-1979
|
248 |
Castillo de Salas |
Bulkcarrier |
20-12-1979 |
23-08-1980
|
|
Década 1980 (Número de construción 249 a 266)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
249 |
Northern Gale |
Bulkcarrier |
17-05-1980 |
26-11-1980
|
254 |
Intermar Alliance |
Petroleiro |
05-12-1980 |
02-07-1981
|
255 |
Petar Lekovic (ex Sofía) |
Petroleiro |
12-12-1981 |
20-12-1985
|
256 |
Ocean Captain (ex Velimir Skorpik) |
Petroleiro |
27-03-1982 |
14-11-1985
|
257 |
Eva |
Petroleiro |
19-06-1981 |
31-12-1981
|
258 |
Christina |
Petroleiro |
15-09-1981 |
08-04-1982
|
259 |
Caddie |
Petroleiro |
22-03-1981 |
11-09-1981
|
260 |
Marine Renaissance |
Petroleiro |
23-07-1982 |
17-11-1983
|
262 |
Hadera |
Bulkcarrier |
14-12-1982 |
20-07-1983
|
263 |
Patria (ex Atara) |
Bulkcarrier |
14-07-1983 |
05-07-1984
|
265 |
El Dorado |
Bulkcarrier |
17-09-1986 |
30-03-1987
|
266 |
Drillmar I |
Plataforma |
15-09-1989 |
16-07-1991
|
|
Década 1990 (Número de construción 267 a 277)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
267 |
Gryphon A |
FPSO |
15-04-1992 |
26-02-1993
|
268 |
Svanen (2 pontonas) |
Pontona |
25-06-1990 |
20-07-1990
|
269 |
Alba FSU |
F.S.U. |
09-03-1993 |
30-08-1993
|
270 |
C-72 de AESA P. Real |
Petroleiro |
28-02-1995 |
28-02-1995
|
272 |
Castoro XI |
Barcaza |
10-01-1995 |
24-01-1995
|
273 |
Petrojarl Foinaven |
FPSO |
28-08-1995 |
25-10-1996
|
274 |
Captain FPSO |
FPSO |
02-07-1996 |
21-12-1996
|
275 |
Discoverer Enterprise |
Drill Ship |
12-12-1997 |
06-08-1998
|
276 |
Discoverer Spirit |
Drill Ship |
14-05-1999 |
06-10-1999
|
277 |
Discoverer Deep Seas |
Drill Ship |
22-12-1999 |
26-06-2000
|
|
Década 2000 (Número de construción 278 a 280)
|
Nº |
Nome |
Tipo |
Botado |
Entregado
|
278 |
Tarifa Primero |
Dique Caixóns |
29-10-2001 |
30-11-2001
|
279 |
Farwah |
FPSO |
07-10-2002 |
04-04-2003
|
280 |
Snohvit |
Barcaza planta LNG |
06-08-2003 |
20-08-2003
|
|
Dende a integración de Astano en Navantia, como Navantia Fene, e a fin do veto á construción naval, o estaleiro ten diversificado os seus traballos. Pasou á reparación naval de buques militares, construción de pezas e bloques para o sector militar, un exemplo disto é o proxecto de dous buques militares loxísticos como o Cantabria (A-15) para a mariña australiana. O estaleiro tamén participa en proxectos de eólica mariña para Iberdrola como o campo Wikinger ou East Anglia Array.
Construcións en eólica mariña offshore[9]
Data
|
Nome
|
Cliente
|
Número
|
Decembro de 2014 |
Wikinger |
Iberdrola |
29 jackets
|
|
|
Statoil |
|
Xuño de 2015 |
Hywind |
Statoil |
5
|
Xaneiro de 2017 |
Nissum Bredning |
Siemens |
4
|
2018 |
East Anglia Array |
Iberdrola |
42 jackets
|
Agosto de 2018 |
Windfloat |
Windar Renovables |
1
|
| Medalla polos 30 anos traballando en Astano. |
| Día da botadura do FPSO Gryphon A, construción número 267 de Astano. |
| Torre eólica mariña en Astano. |
| Mural nas vivendas en San Valentín, Fene. |
| Un dos diques de reparacións cun buque militar. |
| Economato de Astano xestionado por Navantia, Fene. |
|
- Pérez Rodríguez, M. A. (2000). Astano. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 13. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-298687-9.
- ————————— (2001). Astano II. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 14. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-338403-2.
- Serantes Caínzos, José Manuel (2011). Astano: un estaleiro, unha vivencia. Concello de Fene / Deputación da Coruña.
- Ferrás Sexto, Carlos (1993). Desenvolvemento urbanístico e económico en Fene durante os séculos XIX e XX. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Fene: Concello de Fene. ISBN 84-7191-938-9.