Joaquín Arias Díaz de Rábago
Joaquín Arias Díaz de Rábago | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1916 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 29 de maio de 2007 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Pai | Vicente Arias de la Maza |
Fillos | Xosé María Arias |
Irmáns | Carmela Arias |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquín Arias Díaz de Rábago, nado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916 e finado na Coruña o 29 de maio de 2007, foi un rexistrador da propiedade e empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Vicente Arias de la Maza. Na súa mocidade trasladouse co seu pai e a súa familia a Barcelona, onde estudou bacharelato e onde posteriormente se licenciou en dereito na Universidade de Barcelona. Opositou e gañou antes de ter a idade mínima a praza de rexistrador da propiedade. Tomou posesión da praza en 1941 e exerceu como rexistrador en diversas cidades galegas.
Grazas ao matrimonio da súa irmá Carmela Arias con Pedro Barrié de la Maza comezou a traballar na estrutura empresarial do Banco Pastor e mais en concreto na Fundación Barrié, da que foi nomeado vicepresidente como subordinado da súa irmá.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Santiago de Compostela con Loreto Mosquera Arroyo en 1946[1]. Os seus dous fillos, Xosé María Arias e Vicente Arias Mosquera, seguiron a súa carreira empresarial no banco.
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Premio Montero Ríos da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (2002).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Arias y Díaz de Rábago, Joaquín". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 43. ISBN 84-8064-113-4.