Saltar ao contido

O ponche dos desexos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ponche dos desexos
 Título
    Der satanarchäolügenialkohöllische Wunschpunsch (de) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Público obxectivo
 Xénero artístico
 Forma artística
 Edicións
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1989 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
La vache qui lit (en) Traducir (1990) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Q139589521 Traducir (1990) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF215948513 Editar o valor en Wikidata
Goodreads2506784 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2271562W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h55y60 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Locución do título orixinal en alemán.

O ponche dos desexos: infernalcoholeosatanarqueolóxico[1] (título orixinal en alemán, Der satanarchäolügenialkohöllische Wunschpunsch), é unha novela de Michael Ende publicada orixinalmente en 1989. A novela foi galardoada co premio literario suízo "La vache qui lit" no ano 1990.

Foi traducida ao galego por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze, e publicada en 1990 por S.M.[1] No ano 1990, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.

Belcebú Sarcasmo, un mago de laboratorio de 187 anos, e maila súa tía Tirania Vampir, unha meiga de máis de 300 anos capaz de multiplicar os cartos, son dúas persoas ávidas de facer o mal no mundo. Asinaron contratos con Belcebú, segundo o cal cada ano deberán realizar un sinfín de maldades de diversa índole a cambio de lograr varios poderes.

Para evitar que leven a cabo as súas atrocidades, todas elas contra a natureza e o medio ambiente, o Consello de Animais mandou espías para descubrir o que pasa. En casa do mago está o gato Félix, un gato lambón con aspiracións artísticas e nobiliarias, que ó cabo é domesticado. Á casa de Madam Vampir foi un corvo calamitoso chamado Xacobe Osadías.

A trama desenvólvese a tarde-noite do 31 de decembro. Chegou o último día do ano e aínda non levaron a cabo boa parte das maldades pactadas, polo que desde o inferno mandan o funcionario Maledictus Oruga para lembrarlles que deben cumprir os contratos ou serán secuestrados. O mago e a meiga deciden aliarse e usar unha poderosísima receita: o ponche dos desexos. Esta receita concede todos os desexos o día de San Silvestre, coa particularidade de que logo de bebelo se debe pedir o contrario ao que se quere conseguir. Porén, Maurizio e Xacobe tamén se alían, e conseguen que o poder dunha badalada de ano novo desfaga o enfeitizo.