Saltar ao contido

Universidade de Colonia

 Universidade de Colonia
Imaxe do emblema
Logotipo
Imaxe
(2020)
 Parte de
DH.NRW (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Universität zu Köln (de) Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Implicados
Cadro de persoal4.804 (decembro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Estudantes52204 (2021) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Ten en propiedade
Arachne (en) Traducir
Vita Mani (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1388 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1798clausura
1919restauración Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Substitúe
Recoñecemento
Monumento do patrimonio arquitectónico en Renania do Norte-Westfalia
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF158300692 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000459052315 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2152796A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0br2s Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310313930 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Twitter: UniCologne Instagram: uni_koeln Bluesky: unicologne.bsky.social LinkedIn: university-of-cologne BNE: XX141003 Dialnet: 3678511 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Universidade de Colonia é unha universidade alemá en Colonia coa gama clásica das materias dunha universidade completa.

A "Antiga Universidade de Colonia" (Universidade Vella), fundada en 1388 co nome latino Universitas Studii Coloniensis, foi unha das universidades máis antigas de Europa. Porén, foi pechada en 1798 durante o período francés e só foi refundada en 1919 como a "Nova Universidade de Colonia".[1]

Despois da primeira guerra mundial e da perda da Kaiser-Wilhelms-Universität zu Straßburg (actual Universidade de Estrasburgo), a de Colonia debeu continuar coa tradición e "fortalecer a posición alemá no Rin".[1]

Con máis de 51 500 estudantes no semestre de inverno 2019-2020,[2] é a universidade de Alemaña con máis alumnos. De 2012 a 2019 ocupou o status de "excelencia" como parte da terceira iniciativa de excelencia para o financiamento universitario.[3]

A Universidade conta con 8 182 empregados (profesorado e persoal de administración e servizos).[cando?]

1388–1798

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Colonia estableceuse en 1388, sendo a cuarta universidade do Sacro Imperio Romano Xermánico, despois da Universidade Carolina (1348), a Universidade de Viena (1365) e a Universidade de Heidelberg (1386).

O seu estatuto asinouno o papa Urbano VI, e a universidade comezou o seu labor educativo o 6 de xaneiro de 1389.

O 28 de abril de 1798 a universidade foi pechada polos franceses, que invadiran Colonia en 1794, e a converteron na Escola Central do Departamento do Roer, e a chamaron Université de Cologne.[4]

O peche de Universidade de Colonia debeuse a que os seus profesores, desexosos de preservar a independencia da universidade, negáronse a xurar obediencia á República Francesa.

Porén, o último reitor, Ferdinand Franz Wallraf, escondeuse e preservou o Gran Selo da Universidade, que segue a usarse no século XXI.

1919–actualidade

[editar | editar a fonte]

En 1919 o daquela goberno prusiano respaldou a decisión do concello da Cidade de Colonia de restablecer a universidade. O 19 de maio de 1919, o entón alcalde Konrad Adenauer asinou o estatuto da Universidade Moderna.[4]

Nese momento a universidade estaba composta pola Facultade de Comercio, Economía e Ciencias Sociais (sucesora dos Institutos de Comercio e de Administración Comunal e Social) e a Facultade de Medicina (sucesora da Academia de Medicina). En 1920 engadíronse a Facultade de Dereito e a de Artes, das que máis tarde se segregaría a Escola de Matemáticas e Ciencias Naturais en 1955 para crear facultades propias. En 1980, os dous departamentos de Colonia da Escola de Educación de Renania adheríronse á universidade como as Facultades de Educación e de Educación Especial.

A Universidade destaca nos ámbitos da economía, do dereito e do comercio.

  1. 1 2 Erich Meuthen (1998): Kleine Kölner Universitätsgeschichte. Colonia: Univ. Presse und Informationsstelle, p. 31.
  2. Bildung und Kultur. Studierende an Hochschulen.
  3. Bonn darf sich «Exzellenzuni» nennen: Köln verliert Titel.
  4. 1 2 Cristina Fraenkel-Haeberle (2014): Die Universität im Mehrebenensystem. Tübingen: Mohr Siebeck. ISBN 3-1615-2578-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]