Anaiansi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Anaiansi
Autor/aÚrsula Heinze
Ilustrador/aVítor Vaqueiro
Linguagalego
ColecciónA fraga narrativa
Xénero(s)Narrativa, literatura xuvenil
EditorialIr Indo
Páxinas134
ISBN978-84-7680-012-6

Anaiansi é unha novela de Úrsula Heinze publicada en 1987 por Ir Indo, dirixida principalmente aos públicos xuvenís.

Trama[editar | editar a fonte]

Anaiansi é profesora de arte nun instituto. Mantén a esperanza de casar con Primitivo Conde, un home xa casado, ao tempo que mantén unha relación máis ben distante con Arturo Xelmírez. Vive coa súa tía, a súa nai, a súa avoa e con Cristal, a súa irmá, unha adolescente de 16 anos.

A personaxe principal intenta escapar do mundo no que vive (contribúe ao sentimento de opresión a súa tensa situación coa familia) e do fastío que lle produce a súa profesión. O seu amor por Primitivo Conde lévaa a percorrer vilas galegas coma Fisterra ou Cangas coa intención de atopar a felicidade e a liberdade.

Narración[editar | editar a fonte]

A novela está escrita con narradora omnisciente en terceira persoa. Ambiéntase en varios lugares e vilas de Galicia na mesma altura cronolóxica en que a obra se escribe.