San Xosé, Costa Rica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 9°56′N 84°5′W / 9.933°N 84.083°W / 9.933; -84.083

San Xosé, Costa Rica
San José (en castelán)
Bandera de San José (Costa Rica).svg Blason de San José (Costa Rica).svg
SanJoséOverview.png
Situación xeográfica
San Xosé en Costa Rica
San Xosé
San Xosé
País Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
Provincia Provincia de San Xosé
Cantón Cantón de San Xosé
Xeografía
Altitude 1.170 msnm
Superficie 44,62 km2 km²
Poboación
Poboación 288.054 hab. (2011)
Densidade 6.455,71/km2
Información
Código postal 10101
Alcalde Sandra García Pérez
Páxina web Páxina oficial de San Xosé

San Xosé (en castelán San José) é a capital e a cidade principal de Costa Rica. É tamén a capital da provincia homónima. Está situada no centro do país, nun planalto montañoso a 1.161 m sobre o nivel do mar, o que tempera o clima tropical do territorio.

Consonte o censo do ano 2006, o municipio (cantón) de San Xosé tiña 339.588 habitantes, cosa que indica o seu rápido medramento os últimos anos, xa que en 1950 apenas alcanzaba os 87.000. Mais a área metropolitana sobrepasa os 2.500.000 de habitantes.

En 1843 estabeleceuse a Universidade de Costa Rica, hoxe denominada "Universidade de Santo Tomás". San Xosé é tamén a sede do Tribunal Interamericano de Dereitos Humanos. As conexións aéreas co resto do mundo realízanse através deo Aeroporto Internacional Juan Santamaría, localizado a 23 km ao oeste do centro urbano, perto da localidade de Alajuela.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade fica no centro do país, na meseta do Valle Central, a 1.161 m de altitude media. Dista 130 quilómetros de Puerto Limón, na costa do Mar Caribe e 115 km de Puntarenas, no litoral do Océano Pacífico.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1737, San Xosé era un pequeno poboado de escasa importancia arredor de 1824, ano no que o primeiro xefe de estado de Costa Rica, o liberal Juan Mora Fernández, decidíu delocar para aquí o goberno, que antes residía en Cartago, a antiga capital colonial, para convertela nunha cidade de novo cuño. Era una época de grande euforia na recentemente independizada Federación de Centroamérica, da que Costa Rica era un dos estados integrantes. A nova capital medrou con rapidez, estendéndose polo val. A causa da súa orixe serodia no século XVIII, en San Xosé non fican apenas vestixios de arquitectura colonial, tan habitual noutras capitais de Latinoamérica. No 9 de agosto de 1884, San Xosé tornouse na primeira cidade da América Latina que foi iluminada por enerxía eléctrica.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Como sitios destacados da cidade han de se cita os edificios do Banco Central de Costa Rica e do Banco Nacional (este último moito máis alto que as edificacións dos arredoress, algo que conforma o perfil peculiar da urbe), o parque metropolitano de La Sabana ou a Avenida Central (rúa peonal que é unha das principais áreas comerciais da cidade). O Parque Morazán e a Praza da Cultura son visitados por miles de traballadores e turistas cada dia. Outros edificios salientes do centro urbano son o Teatro Nacional de Costa Rica e o Teatro Melico Salazar, centros da vida cultural, e a Catedral. Na parte sur, debemos lembrar a Clínica Bíblica (un hospital privado) e a estación do Ferrocarril del Pacífico.

Glorieta do Parque Morazán

A cidade posúe varios museos, como o Museo do Ouro, con mostras das antigas civilizacións precolombinas; o Museo de Arte e Deseño Contemporáneo, o Museo de Xade, o Museo Nacional, dedicado á historia do país, o Museo de Arte Costarriqueño, etc.

San Xosé ten unha animada vida nocturna en zonas como El Pueblo, a Calle de la Amargura de San Pedro, Heredia, Escazú e Santa Ana.

Nas aforas da cidade está situado o Xardín Botánico Lankester, de 11 hectáreas, no que sobresae a colección de orquídeas.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Entre outras: