Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2012
Madrid 2012 foi unha das cinco candidaturas olímpicas clasificadas para os Xogos Olímpicos de 2012. Madrid e Nova York foron as dúas únicas cidades candidatas que nunca antes celebraran os Xogos. A véspera do día da votación, celebrada o 5 de xuño de 2005 no centro de Madrid, incluíu no seu programa o paseo da bandeira máis longa do mundo polas rúas de Madrid así como unha actuación da cantante Shakira. A celebración concluíu cun espectáculo de fogos artificiais. O lema oficial da candidatura era Preparados para ti.
A candidatura de Madrid foi eliminada na terceira rolda das votacións para seleccionar a cidade anfitrioa na 117ª sesión do COI, o 6 de xuño de 2005 en Singapur.
O xoves 6 de xullo de 2006, o alcalde de Madrid Alberto Ruiz-Gallardón anunciou a candidatura da cidade de Madrid para os Xogos Olímpicos de 2016.[1]
Índice |
Informe de avaliación do COI [editar]
A candidatura obtivo a segunda nota máis alta (un 8,3) no informe do COI, só por detrás de París, clasificándose primeira en seis categorías. A súa avaliación foi favorable na súa maioría:
- Apoio gobernamental: 5,3
- Infraestruturas: 8,5
- Instalacións: 8,7
- Vila Olímpica: 8,7
- Medio Ambiente: 12,7
- Aloxamento: 8,4
- Transporte: 9,0
- Seguridade: 7,4
- Experiencia deportiva: 7,4
- Financiamento: 4,0
- Proxecto Global e Legado: 9,0
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Madrid Olímpico, web non oficial da candidatura (en castelán)
- Vídeo da presentación da candidatura en Singapur (en castelán)