Parque Juan Carlos I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°27′36″N 3°36′22″O / 40.460111111111, -3.60605

Parque Juan Carlos I

O Parque Juan Carlos I é un parque público situado ao nordés de Madrid, no barrio de Corralejos, distrito de Barajas. Esténdese por unha área de 160 hectáreas, que o converten no segundo parque máis grande da capital española, por diante do Parque do Retiro (118 ha) e só superado polo parque periurbano da Casa de Campo. Conta cun lago, un auditorio ao aire libre e numerosas esculturas abstractas.

Inaugurouse en 1992. Os autores son os arquitectos José Luis Esteban Penelas e Emilio Esteras Martín.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Revista de Obras Públicas, ed. (2005). "Parque Juan Carlos I" (PDF). pp. 118–119. ISSN 0034-8619. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 03 de febreiro de 2016.