Glasgow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glasgow
Glasgow Coat of Arms.png
Situación xeográfica
Glasgow Montage.jpg
Glasgow UK location map.svg
Estado: Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación constituínte: Flag of Scotland.svg Escocia
Concello: Glasgow
Xeografía
Altitude: 66 msnm
Superficie: 175,5 km²
Poboación
Poboación total: 592.820 hab. (2010)</ br> 2.550.000 na área metropolitana
Densidade de poboación: 3.298,0 hab./km²
Xentilicio:
Información
Código postal: G
Alcalde: Robert Winter
Sitio na web: www.glasgow.gov.uk Páxina Oficial

Glasgow (Glaschu en gaélico escocés; ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Índice

[editar] Xeografía

Glasgow está situada nas ribeiras do río Clyde, no centro-oeste de Escocia.

[editar] Clima

Malia estar a unha latitude semellante á de Moscova, o clima de Glasgow é máis suave do que cabería agardar, grazas á influencia que sobre el exerce a cálida Corrente do Golfo. Correspóndelle, pois, un clima de tipo oceánico, clasificado Cfb segundo a clasificación climática de Köppen. As medias do periodo comprendido entre os anos 1971 e 2000 representánse na seguinte táboa:

1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec
Temperatura
máxima media (°C)
6,4 7,0 9,1 12,1 15,6 17,8 19,6 19,1 16,1 12,6 9,0 7,0
Temperatura
máxima mínima (°C)
1,6 1,7 2,9 4,4 7,0 9,7 11,8 11,5 9,4 6,7 3,6 2,2
Precipitacións (l/m2) 142 99 110 60 63 63 68 84 116 132 131 138

[editar] Historia

Artigo principal: Historia urbana de Glasgow.
Rúa Buchanan.

A cidade medrou a partir dun arcebispado medieval e do posterior establecemento da Universidade de Glasgow no século XV, chegando a ser o maior centro da Ilustración escocesa no século XVIII. A partir deste século constituíuse coma un dos maiores centros de comercio trasatlántico coas colonias británicas americanas. Coa chegada da Revolución Industrial a cidade e a súa área de influencia convertéronse nun dos principais núcleos mundiais de industria pesada, especialmente construción naval. Na época vitoriana e na do rei Eduardo VII era coñecida como a segunda cidade do Imperio Británico. A finais do século XIX e comezos do século XX a cidade creceu enormemente chegando ó millón de habitantes e situándose como a cuarta cidade europea tras Londres, París e Berlín. Na década dos 60 do século XX a recolocación dos seus habitantes en novas cidades e suburbios periféricos reduciron a poboación aos 688.420 habitantes actuais no seu centro e 1.749.154 na área metropolitana.

Na actualidade, a cidade é un dos 16 maiores centros financeiros de Europa e o fogar da maioría das grandes compañías de Escocia. Despois de Edimburgo, Glasgow é o segundo maior destino turístico de Escocia.

[editar] Lugares de interese

Catedral de Glasgow

[editar] Cidades irmandadas

Nas últimas décadas a cidade de Glasgow cambiou radicalmente a súa faciana nas beiras do río Clyde

Glasgow está irmandada coas seguintes cidades:

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas