Colmenar Viejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Vila.

Colmenar Viejo é un municipio situado na Cuenca Alta do Manzanares, dentro da provincia de Madrid, en España. En xaneiro de 2008, Colmenar Viejo contaba cunha poboación de 42.649 habitantes empadroados.[1]

[editar] Hisotoria e características

O centro urbano está situado a uns 31 km da Porta do Sol de Madrid, accedendo pola autovía M-607. Dispón dunha estación pertencente á liña C-4 de Proximidades Madrid e situada na zona B3 segundo o Consorcio Rexional de Transportes de Madrid.

A cara sur do Cerro de San Pedro, da Sierra de Guadarrama, está no termo municipal de Colmenar Viejo. Por este termo pasa o río Manzanares, no cal atópanse os antigos muíños abandonados, que están moi deteriorados. Nalgún destes muíños atopáronse restos arqueolóxicos do século XVII.[2]

Colmenar Viejo tamén conta con dúas bases militares: as Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra ou F.A.M.E.T. e a Base Loxística San Pedro, que antes se coñecía como o «O Cir», xa que era o Centro de Instrución de Recrutas Nº1.

Ata 1991, Tres Cantos pertencía ao termo municipal de Colmenar Viejo.

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas