Miranda de Ebro
| Miranda de Ebro | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Castela e León |
| Provincia: | Burgos |
| Comarca: | Ebro |
| Xeografía | |
| Altitude: | 471 msnm |
| Superficie: | 101,39 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 38.417 hab. (2007) |
| Densidade de poboación: | - |
| Xentilicio: | mirandés |
| Información | |
| Código postal: | - |
| Alcalde: | Fernando Campo Crespo (PSOE) |
| Sitio na web: | www.mirandadeebro.es |
Miranda de Ebro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). É a capital da comarca do Ebro. Sitúase no nordeste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 39.589 habitantes (INE 2008).
É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital, goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, especialmente ferroviario. Nun radio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.
Índice |
Xeografía[editar]
Miranda de Ebro encóntrase sita na submeseta castelá norte, a 471 m de altitude sobre o nivel do mar, e con as coordenadas seguintes: latitude: 42º 41' 6" N, lonxitude: 2º 55' 60" W. A chaira onde se asenta a cidade está cercada por unha serie de alturas que pertencen aos Montes Obarenes, con saída no Oeste a través do Paso de Pancorbo; o paso de Conchas de Haro ao Sueste en dirección á Rioxa; e o desfiladeiro de La Puebla de Arganzón no Nordeste en dirección ao País Vasco.
Economía[editar]
Miranda destaca polo seu sector secundario. A revolución industrial comezou a súa expansión con a chegada do ferrocarril en 1862. Durante a primeira metade do século XX asentáronse na cidade unha industria azucreira (1925) e anos máis tarde FEFASA (1948), dedicada a produción de fibra artificial, e posteriormente a papeleira ENCE. A mediados do século proliferaron as industrias químicas como Montefibre, ELF-Atochen, Rests, etc.
En 1981 creouse o parque industrial. Na zona de influencia mirandesa instaláronse compañías agro-alimentarias, aeronáuticas, metalúrxicas, etc.. Tamén industrias da enerxía como a central nuclear de Santa Maria de Garoña.
Lugares de interese[editar]
Edificacións civís[editar]
- Ponte Carlos III: Construída en 1777 baixo a dirección de Francisco Alejo de Aranguren. Dous leóns gardan a ponte desde 1786, obra do escultor alavés Juan Antonio de Moraza; un suxeita o escudo real e outro o da cidade.
- Pazo do Concello: O edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra neoclásica de Francisco Alejo de Aranguren, sob revisión de Ventura Rodríguez.
- Casas Nobres: Varios pazos urbanos salientan no casco vello de Miranda. Destacan a Casa de las Cadenas, construída no século XVI. Nela hospedáranse Napoleón e Fernando VII, que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio saliente é a Casa dos Urbina, tamén do século XVI, con destaque para os seus cubos defensivos. Albergou a Filipe IV, de paso para Francia, e Margarida de Savoia, vicerraíña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
- Estación de Ferrocarril: Construída no 1862 polo arquitecto inglés Charles Vignoles, sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
- Teatro Apolo: Singular edificio construído en 1920, polo arquitecto rioxano Fermín Álamo. Destaca a decoración historicista como mostran os bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.
- Ruínas do castelo: Tan só se conservan algunhas murallas. Foi construído no século XIV polo conde Don Tello, manténdose en uso ata as Guerras Carlistas. A comezos do século XX foi derrocado.
- A Picota: Esculpido en 1569 polo mestre local maese Miguel de Aguirre, trátase do "rollo" ou "pelouriño" da antiga vila, símbolo do seu poder xudiciario.
Edificacións relixiosas[editar]
- Igrexa do Espírito Santo: Antes coñecido como de "San Nicolás". É en orixe un templo de natureza románica, xa mencionado no Foral de Miranda de 1099. A portada e a ábsida son do século XIII e a súa pequena nave gótica do século XVI. Durante a guerra civil sufríu importantes danos, pasando a denominarse do Espírito Santo logo da súa restauración.
- Igrexa de Santa María: Construída no XV, con estilo entre renacentista e gótico tardío. No seu interior descansa o corpo momificado do Chantre.
- Igrexa dos Sagrados Corazóns: Sita no antigo Convento de San Francisco, o templo foi construido no século XVI. Destaca a súa espectacular espadaina de estilo barroco, erguida en 1693.
Deporte[editar]
O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro. Foi fundado o 3 de maio de 1927 e na actualidade compite no primeiro grupo da Segunda División B. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.000 espectadores.
Fillos ilustres[editar]
- Íñigo López de Mendoza y Zúñiga, cardeal (1498-1537)
- Pedro López de Gámiz, escultor (1528-1588)
- Pedro Rosales Encio, bispo de Lugo (1581-1641)
- Diego de Marquina, escultor (1542-1604)
- Antonio de Velandia, militar da Orde de Santiago (1605-1643)
- Íñigo de Velandia, virrei de Navarra (1609-1684)
- Francisco Cantera Burgos, humanista, hebraísta e historiador (1901-1978)
- Arturo Imedio, xogador de baloncesto (1930-1990)
- Ray Pololo, especialista de cine (1933-2004)
- Andrés Lewin-Richter, doutor enxeñeiro industrial (1937-)
- Fernando "Chino" Sánchez, boxeador (1948-)
- Rodolfo Sánchez, boxeador (1951-)
- Pedro García Cuartango, periodista (1955-)
- Ernesto Sáenz de Buruaga, periodista (1956-)
- Calixto Bieito, director e compositor teatral (1963-)
- María Lasarte, soprano
Véxase tamén[editar]
- Concello de Miranda de Ebro
- Web oficial de Cultura, Deportes, Turismo e Xuventude
- Cámara de Comercio e Industria
- Banda Municipal de Música de Miranda de Ebro
- Plan MIDAR - Cidade Solar
- Instituto Municipal de Historia
- Patronato de Turismo de Burgos