Bucarest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°25′57″N 26°06′14″E / 44.43250°N 26.10389°E / 44.43250; 26.10389

Bucarest
București (en romanés)
Bucharest-Flag.png Bucharest-Coat-of-Arms.png
Bucharest collage.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Bucarest en Romanía
Bucarest
Bucarest
País Flag of Romania.svg Romanía
Condado Ningún
Xeografía
Altitude 55,8–91,5 msnm
Superficie 285 km²
Poboación
Poboación 1.883.425 hab. (2013)
Densidade 6.260 hab/km²
Información
Código postal 0xxxxx
Alcalde Sorin Oprescu (Independente)
Páxina web Páxina oficial de Bucarest

Bucarest[1] (en romanésBucurești[bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmboviţa.

Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1.944.367 habitantes[2] , 2.3 millóns na área metropolitana.

Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mistura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceauşescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu a vivir un renacemento da súa cultura e economía.


Entorno xeográfico[editar | editar a fonte]

Lago Cismigiu

A cidade de Bucarest esténdese ó longo do sueste do país, entre as cidades de Ploieşti e Giurgiu e a marxe do río Dâmboviţa, que se converte, en Argeş, nun dos afluentes do río Danubio. No perímetro urbano da cidade pódense atopar moitos lagos, como o lago Floreasca, o lago Tei, o lago Colentina, e no centro da cidade o lago Cişmigiu. Este lago atópase nos xardíns Cişmigiu, inaugurados no ano 1847 e deseñados polo arquitecto alemán Carl F. W. Meyer. A parte de Cişmigiu, existen dous parques máis, o Parque Herăstrău (onde se atopa o Muzeul Satului) e os xardíns Botánicos (os maiores de toda Romanía, contando con máis de 10.000 especies de plantas e flores exóticas).

Economía[editar | editar a fonte]

A pesares de que só conta cun 10% da poboación romanesa, Bucarest produce o 25% do PIB do país, sendo a zona máis desenvolvida e industrializada de Romanía. Ó igual que o resto do país, esta cidade experimentou un importante desenvolvemento económico na última década. Bucarest recibe axudas económicas provenientes da Unión Europea (UE).

Bucarest conta tamén coa maior rede de transportes de Romanía e unha das maiores no centro e leste de Europa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Centro urbano de Bucarest

A poboación de Bucarest medrou considerablemente durante os dous últimos séculos, ó igual que a importancia de Bucarest como centro urbano.

Crecemento da poboación dende 1800:

Comunidades minoritarias[editar | editar a fonte]

Comunidade xitana[editar | editar a fonte]

A comunidade xitana (comunitatea romă) é unha das máis numerosas, contando no censo de 2002 con 27.322 persoas, o 1'4% da poboación.

Comunidade xudía[editar | editar a fonte]

O "templo coral", a máis vella sinagoga de Bucarest

A comunidade xudía foi a máis numerosa na cidade ata o estourido da Segunda Guerra Mundial. En 1930 vivían na cidade 69.885 xudeus, que representaban o 10'93% da poboación da capital. As masacres perpetradas polos Lexionarios e pola Garda de Ferro durante o conflito, xunto coas posteriores emigracións a Israel fixeron que a comunidade case desaparecese da cidade.

No censo do 2002 a comunidade xudía de Bucarest era de 2.481 persoas.

Comunidade húngara[editar | editar a fonte]

No censo de 1930, vivían na cidade 24.052 húngaros, representando o 3,76% da poboación municipal.

No ano 2002 o seu número baixara a 5.834, representando o 0,3% da poboación total. Na cidade de Bucarest funciona o Liceo Teórico Ady Endre vinculado á lingua húngara. A Casa Petofi é o centro cultural da comunidade, onde funciona unha biblioteca cunha importante fonte de volumes escritos na lingua húngara. Na cidade publícase diariamente o xornal da comunidade húngara, Új Magyar Szó, e a publicación mensual da comunidade: Bukaresti Kozlony.

Equipos deportivos[editar | editar a fonte]

Imaxe do Estadio Nacional, Bucarest

Fútbol[editar | editar a fonte]

Basquet[editar | editar a fonte]

Rugby[editar | editar a fonte]

  • Bucuresti.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para tátaro.
  2. Censo no Instituto de Estatística de Romanía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bucarest

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]