Palacio de Comunicacións de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do Palacio de Comunicaciones de Madrid nunha fotografía do ano 2012.

O Palacio de Comunicaciones (denominado dende 2011 Palacio de Cibeles) é un conxunto integrado por dous edificios de fachada branca situados nun dos centros do Madrid histórico. Eríxense nun lateral da Plaza de Cibeles, ocupando uns 30.000 metros cadrados do que foron os antigos Jardines del Buén Retiro.[1] A elección do sitio gozou de polémica na súa época por privar a Madrid dun lugar de recreo.[2] A primeira pedra colocouse no ano 1907 e inaugurouse oficialmente o 14 de marzo de 1919, comezando o seu funcionamento como moderna central de distribución de correos, telégrafos e teléfonos. Tras algunhas evolucións arquitectónicas do exterior do edificio (como a ampliación en dous andares cara á rúa e pasaxe de Montalbán), xa no ano 2007 comeza a albergar as dependencias municipais do Concello de Madrid, trasladando as súas dependencias dende a Casa de la Villa e Casa de Cisneros (ambas situadas na Plaza de la Villa). Esta reforma de comezos do século XXI no edificio inclúe ademais un área cultural denominada "CentroCentro".

O conxunto é desde o punto de vista da arquitectura española un dos primeiros e máis representativos exemplos de arquitectura modernista, erixidos no centro de Madrid.[3] De fachada con evocaciones neoplaterescas e barroco salmantino.[4] O edificio, mediante concurso municipal, foi deseñado polos novos arquitectos españois Antonio Palacios e Joaquín Otamendi Machimbarrena como sede para a Sociedad de Correos y Telégrafos de España.[5] Autores dos proxectos da ponte de Bilbao, casino de Madrid e ponte de San Sebastián. Este traballo foi o inicio da fulgurante carreira construtiva de ambos os arquitectos. Os motivos decorativos da fachada e do interior son realizados polo escultor romántico Ángel García Díaz (colaborador habitual de A. Palacios).[6] Un dos obxectivos do deseño era a construción dun "edificio para o público".


No centro do escudo de España que preside a fachada, Palacios fixo esculpir o escudo de Galicia. Segundo conta Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz-Andrade, foi este quen suxeriu incluír ese detalle nunha visita que fixo ao taller.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ariza, Carmen (1990). Los jardines del Buen Retiro de Madrid. II.
  2. Pérez Rojas, Francisco Javier. Arquitectura madrileña de la primera mitad del siglo XX : Palacios, Otamendi, Arbós, Anasagasti. ISBN 8450559227.
  3. Illa Ayuso, Belén (2000). Palacio de Comunicacións: intervención nunha das mostras do modernismo madrileño. pp. 34-45. ISSN 11344571.
  4. Pérez Rojas, Francisco Javier (1985). Antonio Palacios y la arquitectura de su época. pp. 3-20.
  5. Bahamonde Magro, Anxo (2000). El Palacio de Comunicaciones: un siglo de historia de Correos y Telégrafos (primeira ed.). Madrid: Correos y Telégrafos. ISBN 84-7782-758-3.
  6. Arévalo Cartagena, Juan Manuel (2004). Un escultor para arquitectos: la obra de Ángel García. pp. 289-306. ISSN 0017-2715.
  7. Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle "plántalle aí o de Galicia". [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Comunicacións de Madrid

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]