Copenhaguen - København
Coordenadas: 55°40′34″N 12°34′06″E / 55.67611°N 12.56833°E
| Copenhaguen - København | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Hovedstaden |
| Concello: | Copenhaguen |
| Xeografía | |
| Altitude: | de 1 a 50 m (altitude máxima 90 msnm) msnm |
| Superficie: | 454 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 549.050 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 6.200 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Frank Jensen (S)) |
| Sitio na web: | www.kk.dk Páxina Oficial |
Copenhague é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund. As cidades suecas de Malmö e Landskrona están da outra beira do estreito.
Índice |
[editar] Poboación
A poboación dinamarquesa da rexión metropolitana de Copenhague é de 1.800.000 habitantes, dos que un terzo habita no concello de Frederiksberg e outro tanto no Condado de Copenhague, repartíndose o resto nos outros concellos da rexión. A rexión de Øresund, que comprende a parte oriental de Sjælland e a occidental de Escania (en Suecia), ten unha poboación de 2.800.000 persoas.
[editar] Ciencias
A escola de Copenhague designa unha das correntes filosóficas sobre a interpretación da mecánica cuántica.
[editar] Atractivos da cidade
- Palacio de Amalienborg.
- Bakken.
- Christiania.
- Christiansborg.
- Copenhagen Zoo.
- Museo de Belas Artes dinamarqués.
- Dyrehaven.
- Palacio de Frederiksberg en Hillerød.
- Fonte Gefion.
- Kongens Have.
- Kronborg.
- A sereíña.
- Museo de arte moderna Louisiana.
- Museo Nacional Danés.
- Ny Carlsberg Glyptotek.
- Nyhavn.
- Palacio Rosenborg.
- Strøget.
- xardíns Tívoli.
[editar] Persoeiros asociados a Copenhague
- Hans Christian Andersen.
- Niels Bohr.
- Tycho Brahe.
- Nicolai Grundtvig.
- Ludvig Holberg.
- Søren Kierkegaard.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||