Liubliana - Ljubljana
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
| Información | |||
| País | |||
| Rexión | Alta Carniola | ||
| Superficie | 275 km2 | ||
| Poboación | 265.881 (2005) | ||
| Densidade | 966,84 h/km² | ||
| www.ljubljana.si Páxina oficial | |||
Liubliana (en esloveno: Ljubljana, literalmente: A cidade que se ama, en alemán: Laibach, en italiano: Lubiana) é a capital de Eslovenia, situada entre os ríos Ljubljanica e Sava. A súa poboación é de 310.000 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
Aínda que xa os romanos a chamaron Emona (Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia) e que fora erixida no s. XV a.C., o seu nome actual non é mencionado por primeira vez ata 1144 (baixo o nome alemán de Laibach) e en 1146 (co nome de Luwigana).
Despois de ter sido recoñecida como cidade en 1220, Liubliana pasou a formar parte do imperio dos Habsburgo en 1335. Converteuse no centro dunha diocese en 1461 e desenvolveu unha cultura eslovena durante a Idade Media. Os Habsburgo de Austria gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás guerras napoleónicas. Entre 1809 e 1813 Liubliana foi a capital das provincias ilirias pertencentes ao Primeiro Imperio francés. En 1821 a cidade acolle o congreso de Laibach.
Coa coalición de croatas e serbios en 1918, Liubliana converteuse no centro da Dravska banovina (o dominio do ban do Drava e, despois da Segunda Guerra Mundial, a capital da república iugoslava de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en 1991.
Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de 1511 foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de 1895, que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico.
A arquitectura da cidade é pois unha mistura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da Segunda Guerra Mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno Jože Plečnik.
En 1693, unha sociedade científica chamada Academia operosorum labacensis estableceuse en Liubliana e en 1701 unha sociedade filharmónica (Academia philharmonicorum). Finalmente, en 1919 Liubliana foi dotada dunha universidade e en 1937, a academia nacional das ciencias e das artes foi fundada.
Transportes [editar]
- A flota de autobuses é moderna. Os buses son coñecidos como troles, desde o tempo en que Liubliana tiña un servizo de trolebús. En 2005, a tarificación non permitía coller dous buses ou más co mesmo billete.
- Non ten metro
- A rede de taxis é parecida á de calquera cidade europea
Cidades irmás [editar]
- Atenas, Grecia, dende 2000
- Belgrado, Serbia, dende 2003
- Bratislava, Eslovaquia, dende 1967
- Bruxelas, Bélxica, dende 2004
- Chemnitz, Alemaña, dende 1966
- Chengdu, China, dende 1981
- Cleveland, Ohio, Estados Unidos de América
- Leverkusen, Alemaña, dende 1979
- Moscova, Rusia, dende 2000
- Parma, Italia, dende 1964
- Pesaro, Italia, dende 1964
- Ploče, Croacia, dende 1982
- Rijeka, Croacia, dende 1979
- Saraievo, Bosnia - Hercegovina, dende 2002
- Sousse, Tunisia, dende 1969
- Tbilisi, Xeorxia, dende 1977
- Viena, Austria, dende 1999
- Wiesbaden, Alemaña, dende 1977
- Zagreb, Croacia, dende 2001
- Pueblo, Colorado, Estados Unidos de América, dende 1991
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial da cidade (en inglés)
- Ljubljana-Life: Guía de viaxe de Ljubljana (en inglés)
|
|
|||||
