Rayo Vallecano de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rayo Vallecano
NomeRayo Vallecano de Madrid, S.A.D.
Alcume(s)Rayistas, franjirojos
Fundación29 de maio de 1924 (99 anos)
EstadioCampo de Fútbol de Vallecas,
Madrid, España
Inauguración1976
Capacidade14.708
PresidenteEspaña Raúl S. Martín Presa
AdestradorEspaña Andoni Iraola
LigaPrimeira División
2021–22Primeira División, 12.º de 20
VestimentaUmbro
PatrocinadorNevir
Na rede
Sitio web oficial
Twitter: RayoVallecano Instagram: rayovallecano Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Rayo Vallecano de Madrid é un club de fútbol español do barrio de Vallecas, na cidade de Madrid. Foi fundado en 1924 e actualmente compite na Primeira división española.

O equipo xogou 18 tempadas en Primeira División, 34 en Segunda, 5 en Segunda B e 11 en Terceira. Na tempada 2000/01 xogou a Copa da UEFA como equipo con menos tarxetas de Europa, sendo a única participación europea do equipo ata o momento.

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de maio de 1924 fundouse a Agrupación Deportiva El Rayo.

Desde 1931 ata 1936 participou no campionato da Federación Obreira de Fútbol. Encadrouse dentro da Federación Castelá de Fútbol ao terminar a Guerra Civil en 1939.

Nunha xunta realizada o 13 de novembro de 1947 acordouse renomear ao club como Agrupación Deportiva Rayo Vallecano. Ademais acordouse utilizar o escudo do concello de Vallecas.

A partir de 1949, por un acordo co Atlético de Madrid, engadiu á súa uniformidade a actual e soada raia vermella cruzada na súa camiseta, a semellanza da do equipo arxentino River Plate con quen ten unha amigable relación.

O equipo estivo ao bordo da desaparición en 1984.

En 1992, ao converterse en sociedade anónima deportiva, o empresario xerezano José María Ruiz-Mateos comprou a maior parte das accións e converteuse en presidente do Club. En 1994 sucedeulle a súa esposa, María Teresa Rivero Sánchez-Romate. O estadio leva agora o nome da súa presidenta.

Na actualidade conta cun grupo ultra de ideoloxía Antifascista chamado Bukaneros; fundado en 1992.

Ademais do equipo de fútbol, o Rayo Vallecano mantén unha Fundación de carácter social, centrada na educación, e no deporte como medio de educación física e moral.

Aínda que o Rayo Vallecano non gañou ningún título, a tempada 2000-01 viuse honrado cunha boa participación na copa da UEFA grazas á clasificación UEFA Fair Play (Xogo Limpo, menor número de cartóns sancionados na tempada 1999-00). Alcanzou os cuartos de final da competición tras derrotar ao Constel·lació Esportiva (0-10, 6-0), Molde FK (0-1, 1-1), Viborg FF (1-0, 2-1), FK Lokomotiv Moskva (0-0, 2-0) e Girondins de Bordeaux (4-1, 1-2). Foi eliminado polo Deportivo Alavés (3-0, 2-1), equipo que finalmente sería subcampión do trofeo ese ano.

Ademais tamén lle honra o ser líder da Primeira División durante varias xornadas seguidas (4).

A tempada 2007-08, tras proclamarse campión do grupo I de Segunda División B e superar a promoción de ascenso, tras derrotar ao Benidorm (1-1 e 1-0) e ao Zamora (0-1 e 1-1), logrou regresar a Segunda.

Na tempada 2008-09, recentemente ascendido de 2ªB, o equipo vallecano acaba a Liga en quinta posición con 70 puntos, e co trofeo Zamora en mans do seu porteiro titular, David Cobeño, como porteiro menos goleado do torneo. Cobeño tamén foi protagonista nun partido de Liga fronte ao Elche CF, no que o porteiro rayista marcou un gol desde a súa propia portería.

Na tempada 2010-11, o club consegue matematicamente o ascenso a Primeira División, acabando en segunda posición. Na tempada 2011-12 consegue salvar a categoría na última xornada.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Entrada ao estadio Teresa Rivero, onde se pode ver o escudo do Rayo Vallecano.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Rayo Vallecano.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 5 de setembro de 2021.
Posto País Xogador
1 POR Francia Luca Zidane
2 DEF Nikola Maraš
4 MED España Mario Suárez
5 DEF España Alejandro Catena
6 MED España Santi Comesaña
7 DIA España Isi Palazón
8 DIA Óscar Trejo
9 MED Francia Randy Nteka
10 MED Portugal Bebé
11 DIA España Andrés Martín
12 MED España Unai López
13 POR Macedonia do Norte Stole Dimitrievski
14 DIA Yacine Qasmi
15 DIA España Sergi Guardiola
Posto País Xogador
16 DIA Radamel Falcao
17 MED España Martín Merquelanz
18 MED España Álvaro García
19 DEF Portugal Kévin Rodrigues
20 DEF Iván Balliu
21 MED Senegal Pathé Ciss
22 MED España José Ángel Pozo
23 MED España Óscar Valentín
24 DEF Esteban Saveljich
25 POR Iván Arboleda
29 DIA España Sergio Moreno
32 DEF España Mario Hernández
33 DEF España Fran García

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Fútbol feminino[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]