Guimarães

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°27′N 8°18′W / 41.450°N 8.300°W / 41.450; -8.300

Guimarães
Pt-gmr1.png GMR.png
Composite de imagens do Centro Histórico de Guimarães.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Guimarães en Portugal
Guimarães
Guimarães
País Portugal
Rexión Norte
Subrexión Ave
Distrito Braga
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 241,3 km²
Poboación
Poboación 162.592 hab. (2009)
Densidade 673,81 hab/km²
Xentilicio Vimaranense
Información
Código postal 4800 Guimarães
Alcalde António Magalhães Silva (PS)
Páxina web www.cm-guimaraes.pt
Castelo de Guimarães

Guimarães é unha cidade portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km².[1] É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.

É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis

Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.

A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.

Historia[editar | editar a fonte]

Praza da Oliveira, no Centro histórico, co Padrão do Salado.

A cidade foi fundada, sobre un asentamento anterior, polo magnate galego Vimara Peres, de onde tomou o seu nome (Vimaranis, logo Guimaranis), e moi logo foi centrado aquí o primeiro Condado de Portugal, en 1086. Como primeira capital lusa, é denominada "O Berce de Portugal". En 1095 Henrique de Borgoña, que casara coa princesa Teresa, filla do rei Afonso VI, estabeleceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal. O 25 de xullo de 1109, Afonso Henríques, fillo de Henrique de Borgoña, naceu nesta cidade; anos máis tarde proclamaría a independencia de Portugal do reino de León, logo da Batalla de San Mamede (24 de xuño de 1128), e proclamándose logo rei de Portugal (1139). A conmemoración daquela batalla, cada 24 de xuño, é festa local en Guimarães.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio limita ao norte con Póvoa de Lanhoso, ao leste con Fafe, ao sur con Felgueiras, Vizela e Santo Tirso, ao oeste con Vila Nova de Famalicão e ao noroeste con Braga.

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

O concello está delimitado cara ao norte polos montes da Falperra e Sameiro e ao sur polo monte da Penha. A montaña da Penha, con 613 metros, é o punto máis elevado do concello. Forma parte da bacía hidrográfica do río Ave, que ten como afluentes o río Vizela, rio Torto, rio Febras, e dentro da cidade, o rio Selho, río de Couros e a ribeira de Santa Lúzia.

Os solos teñen excelente aptitude agrícola, sendo separados por algunhas zonas forestais, principalmente nas cotas máis altas.

Clima[editar | editar a fonte]

Debido ás condicionantes físicas e por se encontrar afastado do litoral, os invernos son fríos e chuviosos e o verán quente, sendo a temperatura media anual de 14 ºC.

Economía[editar | editar a fonte]

Ten unha intensa actividade económica, especialmente nas seguintes actividades: fiado e tecelado de algodón e liño, coitelaría, curtumes, quinquillaría e artesanado (ourivaría, cerámicas e bordados).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Sociedade Martins Sarmento, sede do Museo Arqueolóxico.

Primeira capital do Condado Portucalense e do país, é unha das máis importantes memorias vivas, da afirmación e independencia de Portugal. Este feito, xunto coa clasificación do Centro Histórico de Guimarães como Patrimonio Cultural da Humanidade en 2001, desempeña un papel fundamental na diferenciación de Guimarães como atracción turística no contexto dos circuítos de turismo cultural no Noroeste Peninsular.

Arquitectura relixiosa[editar | editar a fonte]

A Igrexa de San Domingos, de estilo gótico, foi mandada construír pola orde dominica.

  • Igrexa e Convento das Dominicas.

O Convento de San Francisco construído no inicio do século XV, foi alterado no século XVII. Apenas o portal e a cabeceira conservan o seu carácter gótico primitivo. Na capela maior ten aínda interesantes retablos de talla dourada e azulexos historiados do inicio do século XVIII, con escenas da vida de Santo Antonio.

Na descida da Penha, inserida nun percurso de montaña, encóntrase o Mosteiro de Santa Mariña da Costa, convertida en Pousada, por proxecto de Fernando Távora.

Arquitectura civil[editar | editar a fonte]

Vista do Toural.

A cidade de Guimarães presenta unha rica variedade na súa arquitectura civil, sobresaíndo o Pazo dos Duques de Bragança, construído no século XV por Afonso, 1.º duque de Bragança, e que debido ao seu posterior abandono sería reconstruído na década de 1930.

A Rúa de Santa María, de orixe medieval, era zona privilexiada da elite vimaranense, ligando antigamente a zona do Castelo á Colexiata de Guimarães na praza da Oliveira, mais actualmente comeza no Largo do Carmo, onde despuntan a casa onde morreu Francisco Martins Sarmento, a Igrexa do Carmo e o seu chafariz central.

Descendo esa rúa chégase á zona central da zona histórica, onde se encontran a Praza de Santiago, ladeada de casas antigas, de sacadas rematadas pelo tradicional alpendre, gardando un cuño medieval acentuado e a Praza da Oliveira, onde se pode admirar a Igrexa de Nosa Señora da Oliveira e o Padrão do Salado. Estas dúas prazas son coñecidas localmente por seren o centro da movida vimaranense, debido á concentración de bares que se estende polas prazas e rúas periféricas. Como elemento de ligazón, existen os Antigos Pazos do Concello, onde se localiza o actual Museo de Arte Primitiva Moderna.

A Casa da Rúa Nova, situada na actual rúa de Egas Moniz, alberga actualmente o Gabinete Técnico Local. Na Casa dos Lobos Machado, sitúase a Associação Comercial e Industrial de Guimarães.

O Largo do Toural (coñecido como a "sala de visitas" da cidade e así chamado por ter sido inicialmente construído como unha feira de venda de gado), é actualmente o conxunto das prazas da Oliveira e de Santiago, considerado popularmente como o centro da cidade. É ladeado de casas antigas con tellados de augas furtadas, xanelas enormes que ocupan toda a fachada e belas reixas de ferro forxado.

A Rúa D. João I, antiga Rúa dos Gatos, foi unha das primeiras rúas a existir fóra do perímetro amurallado e servía de ligazón á antiga estrada cara a Porto.

Praza de Santiago.

O Palacio Vila Flor, situado até principios do século XX nos arrabaldes da cidade, foi onde primeiramente se situou a Universidade do Minho e onde actualmente se sitúa o Centro Cultural Vila Flor.

O Parque da Cidade, é o maior espazo verde da cidade.

Fóra da área urbana pódese encontrar o Campo da Ataca, onde se tería iniciado a Batalla de São Mamede. Sobranceiro á cidade, o monte da Penha é um prácido sítio de onde se pode desfroitar dunha panorámica do concello e concellos envolventes. Merece aí destaque a igrexa proxectada por José Marques da Silva ou a estatua de Pio IX, situada no punto máis alto do concello. Gravado nunha rocha, obsérvase um baixo-relevo dos aviadores Gago Coutinho e Sacadura Cabral. Débese aínda referir o busto sobre pedestal de José de Pina e a imaxe de San Cristovo, encuadrada no alto dun rochedo.

Arquitectura militar[editar | editar a fonte]

O Castelo de Guimarães foi mandado construír no século X pola Condesa Mumadona para defender a poboación dos ataques dos musulmanos, tendo aínda sido construídas posteriormente as Murallas de Guimarães.

Museos, espazos culturais e galerías de arte[editar | editar a fonte]

A Sociedade Martins Sarmento é das máis antigas institucións vimaranenses e nacionais, dedicada ao estudo e preservación de vestixios arqueolóxicos. Ten sobre a súa alzada dous museos:

O Museo Arqueolóxico da Sociedade Martins Sarmento situado na súa sede, é coñecido polas coleccións pre e protohistóricas, albergando tamén coleccións de numismática, medallística e epigrafía latina.

O Museo da Cultura Castrexa, situado na freguesía de São Salvador de Briteiros, preto da Citania de Briteiros, dedícase á cultura castrexa.

Na cidade o Museo Alberto Sampaio, dependente do Instituto Portugués de Museos, sitúase nas antigas instalacións do Cabido da Colexiata da Oliveira posuíndo un rico acervo, constituído principalmente por pezas dos séculos XIV, XV, e XVI e onde sobresae a lauda de Xoán I.

Nos antigos pazos municipais, o Museo de Arte Primitiva Moderna versa sobre a pintura xeralmente coñecida como Naïf.

O Museo da Vila de São Torcato é dedicado á vivencia da rexión e o seu mosteiro e máis a súa relación con San Torcato.

O Museo da Agricultura de Fermentões expón coleccións dedicadas ás tradicionais prácticas agrícolas da rexión.

O Museo Parroquial de San Sebastián, inaugurado a 24 de marzo de 1984, ten o seu acervo constituído na súa grande maioría por pezas de arte sacra.

A Biblioteca Raul Brandão, ten a súa sede na cidade e dispón de bibliotecas anexas nas vilas de Pevidém e Caldas das Taipas, bibliotecas escolares, centros de día e cafés.

No ámbito da Capital Europea da Cultura, será construído un Centro de Arte Contemporánea.

O Laboratorio das Artes foi fundado por estudantes da ESAP.

Predecesor:
Finlandia Turku
Estonia Talín
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Flag of Slovenia.svg Maribor

2012
Sucesor:
Francia Marsella
Eslovaquia Košice

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Caracterização Sócio-Económica dos Concelhos - Concelho de Guimarães, Direcção Geral do Ordenamento do Território e Desenvolvimento Urbano, consultado o 21 de novembro de 2006 (en portugués).