Mejorada del Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Justo

Mejorada del Campo é un municipio do centro de España, na Comunidade de Madrid, a uns 21 km ó leste de Madrid. Segundo datos do INE, o municipio conta cunha poboación de 22.488 habitantes (2009).

Características[editar | editar a fonte]

O pequeno termo municipal, de 17,21 km², limita con San Fernando de Henares, Velilla de San Antonio, Rivas-Vaciamadrid e Loeches. Os ríos Jarama e Henares conflúen no seu termo municipal, dando relevancia aos cultivos de horta, sendo famosos na zona os tomates pola súa calidade. Pero gran parte do concello é de secaño e algúns dos cultivos tradicionais foron o cereal e os oliveirais.

As orixes da localidade remóntanse ó paleolítico, aínda que Mejorada del Campo fundouse no século XII, como unha das aldeas de Alcalá de Henares. No século XIII pasou a chamarse Mejorada del Rey, e séculos máis tarde recuperou o topónimo tradicional.

Entre os monumentos máis importantes do municipio cabe destacar a Catedral de Justo, a Capela de San Fausto e a Igrexa do Rosario.

O 27 de novembro de 1983 houbo un accidente aéreo no que morreron 181 persoas. Un Boeing 747 caeu preto do casco urbano e só sobreviviron 11 dos ocupantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mejorada del Campo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]