Benavente, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Benavente.
Benavente, Zamora
Situación xeográfica
Localización Municipio Benavente Zamora.png
Estado: España España
Comunidade autónoma: Castela e León Castela e León
Provincia: Zamora
Comarca: Benavente y Los Valles
Xeografía
Altitude: 800 msnm
Superficie: 45,12 km²
Poboación
Poboación total: 19.100 hab. (2010)
Densidade de poboación: 423,32 hab./km²
Xentilicio: benaventano, na
Información
Código postal: 49600
Alcalde: Saturnino Mañanes García (PP)
Sitio na web: www.benavente.es

Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab/km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid, a capital da autonomía.

Índice

[editar] Situación xeográfica

A Torre do Caracol

Benavente está en plena meseta norte e na parte setentrional da provincia, a 744 msnm, nos confíns da comarca da Terra de Campos. Está localizada nunha pequena prominencia dunhas decenas de metros sobre as terras circundantes, dominando a confluencia dos ríos Esla e Órbigo. A súa situación é estratéxica en canto para oeste os camiños conducen cara a comarca da Seabre, e desde aí para Galicia e os Tras-os-Montes portugueses. En dirección norte-sur, aséntase no Vía da Prata, que une Cádiz e Xixón, con ramais cara a León e novamente Galicia. Cara o leste, as rutas conducen a Palencia e Valladolid. Isto fixo de Benavente un nó de comunicacións, e a teor dese papel medrou nas últimas décadas.

[editar] Clima

O clima benaventino é o típico mesetario: mediterráneo continentalizado, con invernos duros, fríos e secos.

[editar] Patrimonio artístico

  • Igrexa de Santa María del Azoque, iniciada no século XII, de estilo románico, mais con reformas posteriores. A portada é neoclásica.
  • Igrexa de San Juan del Mercado, románica, con influencias compostelás.
  • Igrexa de Santo André, de fins do XII, con elementos mudéxares, formou parte dun recinto templario.
  • Hospital da Piedade, iniciado na terceira década do século XVI, en estilo renacentista.
  • Convento do Espírito Santo, do século XIII.
  • Convento de Santa Clara, tamén do XIII.
  • Castelo dos duques de Benavente, con torreón do século XVI, convertido en Parador Nacional.

[editar] Festas

[editar] Benaventanos de sona

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas