Asunción
| Asunción | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| ': | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 43 msnm |
| Superficie: | 117 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 542.023 hab. (2009)[1] |
| Densidade de poboación: | 4411 hab/km² |
| Xentilicio: | asunceno, -a |
| Información | |
| Código postal: | 1001 - 1925 |
| Alcalde: | Arnaldo Samaniego (ANR) |
| Sitio na web: | Páxina oficial |
Asunción, é a capital do Paraguai, centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. As súas coordenadas son :25°17′S 57°38′W / 25.283°S 57.633°W.
A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción,que inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, comprende unha cifra estimada próxima a 1.700.000 habitantes.
Asunción é unha das máis antigas cidades de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731, unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Triple Alianza (1865-1870), Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.
Índice |
Xeografía [editar]
Asunción está asentada na beira esquerda do río Paraguai, na denominada baía de Asunción. Polo noroeste limita con o concello de Mariano Roque Alonso, ao leste con Luque e Fernando de la Mora e ao sur con Lambaré e Ñemby.
O terreo é ondulado. A maior altura atínxese no Cerro Lambaré no barrio de Santa Ana nas lindes con a veciña localidade de Lambaré. O Cerro Lambaré foi incluído no territorio de Asunción en 1965. Hai outras alturas no casco urbano, denominadas lomas ou colinas das que destacan as sete seguintes:
- Loma Cabará, no que se localiza o núcleo fundacional da cidade.
- Loma San Gerónimo.
- Loma Clavel, sede da Infantería de Mariña paraguaia.
- Loma Cachinga.
- Loma del Mangrullo, actual parque Carlos Antonio López.
- Loma de la Encarnación.
- Loma de las piedras de Santa Catalina, hoxe denominada Escalinata Antequera.
O río Paraguai recibe varios regatos que atravesan Asunción, e que evacúan con rapidez. Os principais ramais deses regatos denomínanse Mburicaó, Cará Cará, Jaén, Mburicá, Salamanca, Zanja Morotí, San Vicente e Leandro.
Os excedentes de augas forman lagoas, que constitúen augas estancadas, causa de certo risco para a saúde dos habitantes, ao converterse en criadeiros de insectos, como o dengue (Aedes Aegypti) e o mosquito anófele.
Clima [editar]
O clima de Asunción é de tipo subtropical, con moi pequenas variacións das temperaturas ao longo do ano. A temperatura media anual é de 24,3 °C, e as precipitacións medias anuais atinxen os 1.420 mm. Outubro é o mes máis chuvioso e setembro o máis seco.
Vida urbana [editar]
O corazón da cidade, relativamente cercano ao río, é a "Plaza de los Héroes" xunto con a rúa "Calle Independencia", que trazada de norte a sur corta as vías que se cruzan en sentido leste-oeste. As rúas do centro son todas de sentido único circulatorio.
De leste a oeste transcorren as rúas "Calle Palma/Mariscal Estigarribia", "Estrella/25 de Mayo" e Oliva/Cerro Corá. Desde hai cen anos están instalados aquí os mellores negocios, tendas, bancos e oficinas de troco de moeda. A primeira delas, a "Calle Palma", é, nos sábados, unha rúa de vivaz paseo e na que se celebran concertos gratuítos.
Edificios interesantes [editar]
- Panteón de los Héroes e Oratorio de la Virgen de la Asunción (rúa Palma / rúa Chile): construído en 1863 e rematado en 1936, trazado polo arquitecto italiano Ravizza.
- Estación Central do Ferrocarril (Eligio Ayala / Mexico), datada en 1861.
- Catedral Metropolitana (Independencia Nacional / Coronel Bogado), comezada no século XVII, aínda que a maior parte daedificación é do XIX.
- Palacio de Gobierno (rúa El Paraguayo Independiente, entre Ayolas e O'Leary).
- Cabildo (Avenida República / Alberdi), foi concebido como casa do concello; actualmente acolle o Museo da Cidade.
- Casa de la Independencia (14 de Mayo / Presidente Franco): un dos edificios máis antigos de Asunción; aquí comezou o movemento de independencia do Paraguai contra España, o día 14 de maio de 1811.
- Casa Viola e Casa Castelví (Ayolas / Paraguayo Independiente): construídas a finais do século XVIII son os edificios máis antigos da cidade en pé. Hoxe a Casa Viola acolle o centro cultural "Manzana de la Rivera", no que se celebran conferencias, representación teatrais e concertos. Tamén a biblioteca municipal está situada aquí.
- Iglesia de la Encarnación (entre as rúas Alberdi e 14 de Mayo): en 1863 sufriu un incendio e foi reconstruída.
- Iglesia de la Trinidad (Santísimo Sacramento / Santísima Trinidad).
Fillos ilustres da cidade [editar]
- Augusto Roa Bastos, escritor.
- José Gaspar Rodríguez de Francia, ditador do Paraguai (1814–1840).
- Raúl Cubas Grau, presidente de Paraguai.
- Luis Ángel González Macchi, presidente do Paraguai.
- Hernando Arias de Saavedra, funcionario e político (1564-1634).