José María Álvarez del Manzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O alcalde de Madrid, José María Álvarez del Manzano, na inauguración de Mundo Internet 2001

José María Álvarez del Manzano y López del Hierro, nado en Sevilla o 17 de outubro de 1937, é un político español, que foi alcalde de Madrid antes que Gallardón polo mesmo partido, o Partido Popular, durante doce anos.

Residente en Madrid desde que tiña tres anos, licenciado en dereito pola Universidade Complutense, funcionario do estado desde 1963, traballou nas delegacións de facenda de Ciudad Real, Badaxoz, Toledo, Santander, Biscaia e Álava. Concelleiro de Madrid desde 1974, foi o seu alcalde de 1991 a 2003 polo Partido Popular. Tamén foi secretario xeral técnico do Ministerio de Facenda en 1976 e subsecretario do Ministerio de Agricultura en 1977. Desde 2003 preside a Xunta Rectora do IFEMA (Instituto de Feiras e Exposicións de Madrid).

Está casado con María Eulalia Miró Ramírez e ten catro fillos: José, María, Marta e Mónica.


Predecesor:
Agustín Rodríguez Sahagún
Alcalde de Madrid
1991 - 2003
Sucesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas