Proximidades Renfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do interior dos novos trens Civia
Trens de Proximidades estacionados en Blanes (Xirona)

Proximidades Renfe é a denominación comercial do servizo de treitos curtos de Renfe Operadora, empresa de servizos ferroviarios española. En Barcelona e Valencia este servizo recibe a denominación de Rodalies Renfe e Rodalia Renfe respectivamente, en Biscaia e Guipúscoa Renfe Aldirikoak, e no resto do territorio español, Renfe Cercanías, sendo este último o nome oficial. Ningunha liña de Proximidades Renfe está presente en Galicia, aínda que hai unha en proxecto entre A Coruña e Ferrol.

As liñas de Proximidades Renfe operan nas principais cidades de España e son un dos medios de transporte fundamentais para comunicar as grandes cidades coas súas correspondentes áreas metropolitanas ou con concellos situados a non máis de 60 km. Normalmente o seu ámbito restrínxese á provincia, aínda que en ocasións exceden os límites da provincia. Cabe citar 5 casos onde non se cumpre esta premisa:

É explotada en forma de metro interurbano, pero en algunhas cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla, existen e están proxectadas liñas integramente urbanas, como a liña C-4 de Proximidades Sevilla.

Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Catalunya xestiona o servizo de Proximidades Renfe en Cataluña.[1]

Índice

Redes [editar]

Núcleos de Proximidades Renfe

Na actualidade existen os seguintes núcleos de Proximidades:

Artigo principal: Proximidades Asturias.
Artigo principal: Proximidades Barcelona.
Artigo principal: Proximidades Renfe Bilbao.
Artigo principal: Proximidades Cádiz.
Artigo principal: Proximidades Madrid.
Artigo principal: Proximidades Málaga.
Artigo principal: Proximidades Murcia/Alacant.
Artigo principal: Proximidades Santander.
Artigo principal: Proximidades Renfe San Sebastián.
Artigo principal: Proximidades Sevilla.
Artigo principal: Proximidades Valencia.
Artigo principal: Proximidades Zaragoza.

Material móbil [editar]

Nos servizos de Proximidades Renfe empréganse as seguintes series:

Serie Núcleo(s) onde circula Imaxe
440R Asturias
Santander
JL-RENFE 440-241.jpg
442 Madrid Cercanias-madrid-c9-line-train-cotos.jpg
446 Bilbao
Madrid
Málaga
San Sebastián
Santander
RN446-033.JPG
447 Barcelona
Madrid
Murcia/Alacant
Valencia
Ut 447 UM Silla.jpg
450 Barcelona
Madrid
Ut 450 STVC.jpg
451 Barcelona
592 Murcia/Alacant
Sevilla
Valencia
59225M RibaTuria.jpg
Civia Asturias
Barcelona
Cádiz
Madrid
Málaga
Santander
Sevilla
Valencia
Zaragoza
RN463003El.JPG

En construción [editar]

Tras a aprobación do Plan de Transporte de Viaxeiros 2008-2012 por parte da Generalitat de Catalunya, crearanse as redes seguintes[2]:

Proxectos [editar]

  • Proximidades Valladolid: 2 liñas aproveitando a infraestructura existente, rehabilitando parte da liña de ferrocarril Valladolid-Ariza.
  • A Coruña-Ferrol: está en proxecto un servizo de proximidades directo, sen paradas intermedias.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]