Navalmoral de la Mata
Navalmoral de la Mata é unha localidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Segundo o INE, en 2007 tiña 16.931 habitantes.
Índice |
Situación [editar]
Atópase ao nordés da provincia, a 120 km da cidade de Cáceres e a tan só 180 km ao oeste da capital de España, Madrid. É a cabeceira de comarca do Campo Arañuelo.
Demografía [editar]
Ao longo do século XX o número de habitantes foi aumentando, fóra dos anos 20. Neste táboa recóllese a evolución demográfica do século XX tomando como referencia os datos que aparecen na páxina web de Navalmoral de la Mata.[1]
| Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata no século XX | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | ||||||||||
| 4.504 | 5.414 | 4.811 | 5.550 | 6.831 | 7.273 | 9.073 | 9.706 | 12.922 | 15.211 | ||||||||||
Na última década, a poboación sufriu lixeiras diminucións entre 1998 e 2001 das que se recuperou posteriormente, tal e como nos mostran os datos do Instituto Nacional de Estatística español.
| Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata entre 1996 e 2006 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | ||||||||||
| 15.819 | 14.874 | 14.934 | 14.838 | 14.993 | 15.233 | 16.382 | 16.856 | 17.145 | 17.099 | ||||||||||
Respecto da poboación estranxeira, esta representa un 6% do total de habitantes que residen no pobo. Dos 875 estranxeiros, máis da metade proceden de Marrocos(73%), seguidos de colombianos, portugueses, arxentinos, dominicanos e así ata un total de 25 nacionalidades distintas conviven xunto coa poboación española. A continuación, preséntanse os países de procedencia dos inmigrantes que viven en Navamoral de Mátaa, así como o número de persoas pertencentes a cada país.
| País | Nº persoas |
|---|---|
| Marrocos | 645 |
| Colombia | 49 |
| Portugal | 31 |
| Arxentina | 28 |
| República Dominicana | 19 |
| Francia | 14 |
| Senegal | 14 |
| Estados Unidos | 13 |
| China | 40 |
| Ecuador | 9 |
| Brasil | 7 |
| Alxeria | 6 |
| Chile | 5 |
| Suíza | 5 |
| Italia | 4 |
| Venezuela | 3 |
| Alemaña | 2 |
| Cuba | 2 |
| Ucraína | 2 |
| Andorra | 1 |
| Bahréin | 1 |
| Corea do Norte | 1 |
| Filipinas | 1 |
| Países Baixos | 1 |
| Polonia | 1 |
| Total | 904 |