Bergen

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).

Bergen está recoñecida como a capital non oficial da rexión coñecida como Noruega occidental, e é coñecida tamén como a porta aos coñecidos fiordos noruegueses e por iso comezou a ser a un dos máis grandes portos cruceirísticos non só de Noruega se non tamén do mundo.

Bergen é a cidade máis chuviosa de Escandinavia con 235 días de precipitación ao ano (2248 mm).

[editar] Historia

A cidade de Bergen foi fundada no s.XI polo rei Olav Kyrre no ano 1070. Celebrou o seu 9º centenario en 1970. Foi a capital de Noruega no s.XIII ata 1299. A finais dese século Bergen converteuse nunha das cidades máis importantes da Liga hanseática. A principal razón da importancia de Bergen foi o comercio do bacallau seco da costa norte de Noruega, comezado sobre o ano 1100.

Os mercaderes haseáticos alemáns viviron no seu propio barrio separado da cidades, onde o baixo alemán era a lingua común, gozando de dereitos exclusivos para o comercio cos mariñeiros do norte que cada verán navegaban ata Bergen. Hoxe, aínda se pode apreciar na zona costeira de Bergen chamada Bryggen, declarada Patrimonio mundial pola UNESCO.

En 1349, a peste negra foi introducida en Noruega pola tripulación dun barco inglés que atracou en Bergen. No s.XV a cidade foi varias veces atacada polos Victual Brothers, en 1429 conseguiron queimar o castelo real e gran parte da cidade. En 1536 o rei conseguiu forzar os mercaderes alemáns a converterse en cidadáns noruegueses ou volver ao seu país, o que conlevou o declive da influencia alemá. En 1665 o porto da cidade foi o lugar da sanguinolenta batalla de Vågen, entre barcos ingleses por un lado e os barcos holandeses, apoiados polos cidadáns, do outro.

Aínda así durante os ss.XV e XVI Bergen reguiu sendo a cidade máis grande dos países nórdicos, e seguiu sendo a cidade máis grande de Noruega ata 1850, cando foi superada por Oslo. Bergen conservou o monopolio do comercio co norte de Noruega ata 1789.

En 1916 partes do centro da cidade foron destruídas por un devastador incendio, o último de dos moitos que sufiu a cidade ao longo da súa dilatada historia. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi ocupada o primeiro día da invasión alemá, o 9 de abril de 1940, despois dunha breve batalla entre os barcos alemáns e a artillería costeira norueguesa.

En 1972 Bergen foi uniuse cos concellos veciños (Arna, Fana, Laksevåg and Åsane), adquirindo así as súas actuais fronteiras.

Flag of the European Union Capitais Europeas da Cultura

1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Ámsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenhague · 1997: Tesalónica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reiquiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Boloña · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Xénova · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Istambul · 2011: Turku · Talín · 2012: Guimaraes

Ferramentas persoais