Móstoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°19′22″N 3°51′54″W / 40.32278°N 3.86500°W / 40.32278; -3.86500

Móstoles
Móstoles (bandera).svg Escudo de Móstoles.svg
Mostoles Asuncion.JPG
Igrexa da Asunción
Situación xeográfica
Móstoles (Madrid) mapa.svg
País España España
Com. Autónoma Comunidade de Madrid Madrid
Provincia Madrid
Comarca Área metropolitana de Madrid
Xeografía
Altitude 661 msnm
Superficie 45,36 km²
Poboación
Poboación 206.031 hab. (2012)
Densidade 4.542,13 hab./km²
Xentilicio mostolense, mostoleño/a
Información
Código postal 28930–28939
Alcalde Daniel Ortiz Espejo (PP)
Páxina web Páxina oficial

Móstoles é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 206.031 habitantes (INE 2012). É o segundo concello da Comunidade con maior número de habitantes despois da capital e o terceiro da zona central de España (Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha) despois de Madrid e Valladolid. Recentemente adoptou a Lei de grandes cidades. Nel se encontra o campus tecnolóxico, a sede central da Universidade Rei Xoán Carlos e a sede central das BESCAM (Brigadas Especiais da Comunidade de Madrid). É ademais unha das cidades máis limpas de España, premiada coa "vasoira de prata".

Bandeira e escudo[editar | editar a fonte]

A bandeira inclúe as seguintes cores: dende unha perspectiva actual, aparece o vermello, que simboliza a pertenza á Comunidade de Madrid; o azul Prusia, símbolo de identidade dos mostoleños e de pertenza á Unión Europea; e o amarelo-gualda (ouro), que expresa a prosperidade, como anhelo dos veciños procedentes de diversas rexións españolas que estableceron a súa residencia na cidade na década dos setenta do pasado século.

Extensión e poboación[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica de Móstoles (1900-2005)
  • 216.463 habitantes (INE 2006). Superando a capitais de provincia como Tarragona ou San Sebastián.
  • O termo municipal ten unha extensión de 45 km².
  • Densidade de poboación: 4.665,6 hab/km²
  • A maior parte da poboación agrúpase en torno ó casco urbano de Móstoles.
  • Xentilicio: mostoleños, mostolenses ou mostoleros.
Poboación
Distrito Habitantes
Centro 52.000
Norte-Universidade 60.000
Sur-Leste 54.000
Oeste 40.000
Coimbra-Guadarrama 10.000
TOTAL 216.000

Distritos[editar | editar a fonte]

  • Centro: abrangue o centro da cidade, basicamente o casco urbano. Ten unha poboación duns 52.000 habitantes.
  • Norte-Universidade: na zona norte do concello. Inclúe barrios como Los Rosales, Estoril II, Iviasa, Princesa e Parque Vosa. A poboación é de 60.000 habitantes.
  • Sur-Este: comprende barrios como Villafontana, Estoril I, Cerro Prieto, Pinar de Móstoles, La Loma, etc. cunha poboación duns 54.000 habitantes.
  • Oeste: os principais barrios son os do Souto, Azorín, San Fernando, Hospital e Pinares llanos. Conta con 40.000 habitantes aproximadamente.
  • Coimbra-Guadarrama: abrangue a zona de Parque Coimbra e Guadarrama. É o distrito menos poboado, con 10.000 habitantes, pero é o que maior crecemento ten.

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase a 18 quilómetros ó sueste de Madrid, forma parte do área metropolitana da capital. É a capital da Zona Sur da comarca Área Metropolitana de Madrid, a cal se divide en 5 zonas. A zona Sur da comarca comprende á parte da Móstoles como capital a: Álcorcón, Aranjuez, Ciempozuelos, Fuenlabrada, Xetafe, Humanes de Madrid, Leganés, Parla, Pinto, San Martiño de la Vega e Valdemoro. Tamén é capital do Sur de Madrid, que comprende a zona Sur do Área Metropolitana e as comarcas Conca do Alberche, Conca do Teixo e Sur.(esta última capitalidade non oficial disputada con Xetafe).

As súas coordenadas xeográficas son 40º 20' latitude norte, 3º 52' lonxitude oeste.

Limita ó norte e oeste co de Villaviciosa de Odón, ó nordeste co de Alcorcón, ó leste co de Fuenlabrada, ó sur cos de Arroyomolinos e Moraleja de Enmedio e ó sueste co de Navalcarnero.

Distancias[editar | editar a fonte]

Transportes[editar | editar a fonte]

En Coche[editar | editar a fonte]

  • Autovía de Estremadura A-5 (Madrid-Badaxoz-Lisboa)
  • Autoestrada M-50
  • Autoestrada de peaxe R-5
  • Autovía M-506 a Pinto
  • Estrada M-501 a Alcorcón
  • Estrada M-856 a Villaviciosa

En Metro[editar | editar a fonte]

Metro (liña 12 ou Metrosur), con cinco estacións:

  • Universidade Rei Xoán Carlos
  • Móstoles Central
  • Pradillo
  • Hospital de Móstoles
  • Manuela Malasaña

En Tren[editar | editar a fonte]

Tren de proximidades C-5 (Móstoles-Atocha-Fuenlabrada/Humanes), con dúas estacións:

  • Móstoles (Móstoles Central para o metrosur)
  • Móstoles El Soto

En autobús[editar | editar a fonte]

Ofrécense liñas urbanas, interurbanas, nocturnas e de longo percorrido a localidades de Toledo: Talavera de la Reina, Mérida, Cáceres, Badaxoz; Barcelona e Zaragoza.

En avión[editar | editar a fonte]

Está situado a uns 32-35 quilómetros do aeroporto internacional de Madrid-Barajas.

Poboacións Irmandadas[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

A localidade goza dun clima mediterráneo, sendo as súas temperaturas medias máximas 38º en verán e 14º en inverno, e as súas mínimas 15º en verán e 2º en inverno. A precipitación anual media é de aproximadamente 420 milímetros, as épocas máis chuviñosas son a primavera e o outono.

Infraestrutura[editar | editar a fonte]

  • Universidade Rei Xoán Carlos: en Móstoles se encontra a sede central desta universidade, a Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET) cos os departamentos de informática, estatística e telemática: tecnoloxía química ambiental e dos materiais; ciencias experimentais e de enxeñería.
  • Universidade Nacional de Educación a Distancia
  • Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol.
  • Hospital Xeral Universitario: pertencente ó Servizo Madrileño da Saúde.
  • Centro Base de minusválidos: xestionado pola Comunidade de Madrid
  • Sede central das BESCAM: policía autonómica da Comunidade de Madrid (CAM).
  • Xulgados municipais
  • Parque de bombeiros.
  • Xefatura Provincial de Tráfico (JPT): centro de exames de Móstoles.
  • Escola Oficial de Idiomas (EOI)
  • Centros de xuventude
  • Centros comerciais
  • Teatro: conta co segundo escenario máis grande de España despois do Teatro Real de Madrid.
  • Estadio El Soto: alberga o equipo de fútbol Club Deportivo Móstoles. Foi fundado en 1955 e ten unha capacidade para 14.000 asistentes.
  • Estadio Andrés Torrejón: alberga o equipo de fútbol PSG Móstoles Fútbol Sala. Foi fundado en 1989.
  • Praza de touros
  • Biblioteca municipal
  • Conservatorio Rodolfo Halffter
  • Centros culturais
  • Polideportivos
  • Cemiterio Vello e Novo

Lugares de lecer e de interese[editar | editar a fonte]

Edificios relixiosos[editar | editar a fonte]

  • Igrexa da nosa Señora da Asunción: É o edificio máis antigo de Móstoles. Consérvanse un ábsida semicircular de estilo mudéxar e unha torre do mesmo estilo.
  • Ermida da nosa Señora dos Santos: consta dunha soa nave e ten un fermoso retablo do século XVIII (restaurado en 2005) a cuxos lados están as imaxes modernas do sagrado corazón de Xesús e María. Contén tamén espellos do século XVII, cornucopias, cadros de marcos tallados e un gran decorado. A Virxe dos Santos (patrona de Móstoles) está situada nun camarín. Existe tamén unha figura de barro que representa a San Xoán e o Neno Xesús, da escultora Luísa Roldan (A Roldana)

Edificios civís[editar | editar a fonte]

  • Casa-Museo de Andrés Torrejón: é a casa onde viviu e morreu o famoso alcalde de Móstoles, é unha pequena casa de época decorada con elementos do século XIX ó estilo antigo.
  • Casa de Posas: albergará o Museo da Cidade e a sede Móstoles 1808-2008 con motivo do bicentenario do levantamento contra os franceses.
  • La Casona: terá proximamente o Centro de Arte Contemporánea máis importante da Comunidade de Madrid.
  • Teatro del Bosque: de recente construción, posúe un estilo moderno deseñado por Javier Mariscal, con grandes estruturas metálicas onde medran arbustos e montañas de céspede no exterior. Conta co segundo escenario máis grande de España. Á parte de representacións teatrais tamén se celebra o Festival Internacional de Cine de Comeda e entréganse os premios Cidade de Móstoles.
  • Casa do concello

Monumentos e esculturas[editar | editar a fonte]

  • Praza do Pradillo: se atopan as principais e máis importantes esculturas, entre elas destacan:
  • A Fonte dos peixes: é considerado o quilómetro 0 da cidade. A fonte, con dous peixes de bronce, de cuxa boca mana o auga, foi inaugurada na primavera de 1852.
  • Monumento a Andrés Torrejón: Foi inaugurado en 1908 polo rei Afonso XIII, con motivo de se cumpri-lo primeiro centenario do levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid e o bando dos alcaldes de Móstoles. O monumento ten unha base de granito sobre a que repousa un anaco de montaña de rocha de Segovia. Isto representa os Pireneos. Por encima do peñón traspón unha aguia imperial, a aguia francesa con grandes alas, querendo cubri-la nosa nación, ó mesmo tempo que cunha das súas poutas pretende arrancar a coroa real do escudo de España. Ó pé do canón aparece, pequena pero airosa, a estatua do alcalde de Móstoles. Ó lado, un xinete ó galope. É o postillón que leva apresurado o célebre parte da independencia ou bando, cuxo texto figura nunha placa de bronce.
  • Homenaje ós escritores máis importantes: na parte superior do pórtico situado na Praza do Pradillo hai diversos retratos dos escritores máis importantes.
  • Fonte e escultura ó titiritero: áchase na Praza da Cultura.
  • Glorieta do 2 de Maio: rende homenaxe á muller traballadora
  • Porta de Madrid: posúe un estilo moderno e áchase no barrio de 'Los Rosales'.
  • Glorieta heroes da liberdade: fai homenaxe a tódalas vítimas do terrorismo xunto á placa que se encontra no 'Parque Galicia'.
  • Xardín dos planetas: un parque onde se poden atopar diversas esculturas que representan ós planetas.

Parques e zonas verdes[editar | editar a fonte]

  • Parque Natural del Soto: o máis grande de Móstoles. Ademais é coñecido internacionalmente porque nel se realizou durante varios anos ata o 2004 o Festival de Madrid de Música Alternativa, máis coñecido como FESTIMAD.
  • Parque Liana: é o segundo máis grande, e xunto co anterior, son considerados os pulmóns da cidade.
  • Parque Prado Ovejero
  • Parque Galicia
  • Parque La Mancha
  • Parque Andalucía
  • Parque lineal Arroyo del Soto
  • Vía verde do río Guadarrama:é a plataforma dunha antiga liña ferroviaria que conectaba a capital con Almorox; actualmente as vía non se conservan, pero si unha preciosa ponte de ferro que cruza o río Guadarrama.

Prazas e Avenidas[editar | editar a fonte]

  • Praza do Pradillo: é a principal e a máis coñecida de Móstoles. Se encontra en no centro urbano. (Ver 'monumentos e esculturas').
  • Praza de España: nela se encontra a Casa do concello. Está adornada con bonsais xigantes traídos dende Xapón.
  • Praza da Cultura: outra das prazas que se atopan no casco urbano. Aquí se encontra o Centro da Cultura e a escultura do titiritero.
  • Avenida de Portugal: é a principal arteria da cidade.
  • Avenida da Constitución: comunica a Avda. Portugal coa Pza. Pradillo. As principais tendas se atopan nesta avenida.
  • Avenida do Dúas de Maio: xunto coa anterior, encóntrase no centro e é unha das principais para ir de compras.

Lecer e lugares comerciais[editar | editar a fonte]

As zonas onde hai máis ambiente nocturno están situadas en Princesa, zona do Hospital e en menor medida a zona denominada Estoril.

Limítrofe a Móstoles áchase o centro comercial e o maior parque de neve artificial de Europa Madrid Xanadú, aínda que pertence á localidade de Arroyomolinos.

O Centro Comercial Aberto Las Avenidas é un conxunto de rúas comerciais que se encontra no centro histórico.

A nivel deportivo podemos atopar os campos de fútbol Iker Casillas, os polideportivos de Andrés Torrejón, Los Rosales ou o de Villafontana e a piscina cuberta 'Las Cumbres onde se encontra un centro de spa. Móstoles ten un equipo de fútbol sala, PSG FS Móstoles, un equipo feminino de fútbol sala e un o equipo de atletismo..

Festas[editar | editar a fonte]

A festa principal é o 12 de setembro, día da Vrxe dos santos, patroa de Móstoles. As festas do 2 de maio celébranse como conmemoración do Dous de maio de 1808 (comezo da Guerra da Independencia tralo Bando dos alcaldes de Móstoles). Sendo asumida e festexada por toda a Comunidade de Madrid dende o ano 1985. A festa do 15 de Maio e a festa da auga ten a súa orixe na que se celebraba o 28 de xuño con motivo da traída do auga a Móstoles pola Canle de Isabel II, en 1980. Posteriormente se trasladou ó 15 de maio, a facendo coincidir coa festa de San Isidro en Madrid.

Tamén existen festas por barrios ou distritos.

Tradicións[editar | editar a fonte]

  • Representación tradicional conmemorativa dos feitos de maio de 1808. Cada 2 de maio represéntase en Mostoles os feitos que acaecieron en Madrid e en Mostoles en torno a aquel dúas de maio de 1808. A cargo de mais de 300 veciños membros de asociacións e penas, ataviados con traxes de época e dirixidos por Miguel Neto, represéntase na praza de touros o acaecido na vila de Madrid aquel aciago día, asi como os dias previos e posterior ó mesmo en Mostoles.
  • Durante as festas do nadal, é costume facer unha representación dun Belén vivente na Pza. Ernesto Peces.

Mostoleños ilustres[editar | editar a fonte]

  • Iker Casillas: portero do real Madrid e da selección española de fútbol.
  • Rafael Martínez: medallista olímpico de ximnasia deportiva.
  • Las Supremas de Móstoles: grupo musical.
  • Alipio Gutiérrez: presentador de Telemadrid.
  • Rubén de la Red: centrocampista do Real Madrid Castilla.
  • David Cobeño: porteiro do Sevilla FC.
  • César Navas: defensa do Málaga CF.
  • Andrés Miso: xogador de baloncesto do Club Baloncesto Estudiantes.
  • Paco Sedano e Borja Branco: xogadores do PSG FS Móstoles e da selección española de fútbol sala.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Móstoles foi a primeira vila española que proclamou a guerra contra Francia en 1808.
  • O 20 de outubro de 2004 un pequeno tornado arrasou un polígono industrial causando danos estruturais.
  • O 1 de decembro de 2005 na praza de touros desta localidade rexistrouse un accidente de helicóptero, afortunadamente sen danos persoais. No helicóptero atopábanse o presidente de Partido Popular (PP) Mariano Rajoy, a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre e o alcalde, Esteban Parro. Curiosamente, o mesmo día se estaban realizando as fotografías aéreas que Google emprega no seu servizo Google Maps, polo que pode se observa-lo helicóptero na praza de touros antes de despegar.

Economía[editar | editar a fonte]

Universidade Rei Xoán Carlos

É unha cidade que durante as tres últimas décadas foi cidade dormitorio de Madrid pero que actualmente se converteu en centro neurálxico económico e demográfico do sur de Madrid. Móstoles conta con varios polígonos industriais: Arroyomolinos, La Fuensanta, Regordoño, Los Rosales, Las Nieves e Expansión. Tamén con zonas industriais dispersas: Las Pajarillas, Las Monjas e Móstoles Industrial. Actualmente en construción o polígono industrial de La Fuensanta II.

En case tódolos casos está formado por medianas e pequenas empresas e a actividade económica predominante é a electro-sidero-metalúrxica, pero tamén é importante a industria téxtil. Conta cunha delegación municipal de promoción económica e emprego, cuxo obxectivo é facilita-lo asentamento de industrias no concello.

Na actualidade están en construción dous rañaceos que se situarán no PAU-4 (Móstoles Sur ou Manuela Malasaña), estes terán entre 40 e 50 plantas e albergará oficinas, pretende incrementa-la superficie dispoñible no concello, ademais de se erixir como símbolos do novo Móstoles e a coroa metropolitana sur. Algo moi positivo para o concello é a recente posta en funcionamento da Universidade Rei Xoán Carlos, así como a implantación do Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol no futuro Móstoles Tecnolóxico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]