Museo Arqueolóxico Nacional de España
| Museo Arqueológico Nacional | |
|---|---|
Museo Arqueológico Nacional |
|
| País | España |
| Cidade | Madrid |
O Museo Arqueológico Nacional (nome oficial) está situado na rúa Serrano, no chamado Palacio de Bibliotecas e Museos, que comparte coa Biblioteca Nacional, e á beira da Praza de Colón en Madrid, (España).
Índice |
Historia [editar]
O Museo fundouse en 1867 por Real Decreto de Isabel II. A súa creación estivo motivada pola necesidade de dispor dun museo onde, do mesmo xeito que nos restantes países europeos, puidesen conservarse, clasificar e expor os materiais arqueolóxicos, etnográficos, de artes decorativas e numismáticas que reuniran os monarcas españois na Real Biblioteca, no Real Gabinete de Historia Natural e noutras institucións.
Directores [editar]
- Juan de Dios de la Rada y Delgado (1894–1900), primeiro director.
- José Amador de los Ríos, segundo director.
- Martín Almagro Basch.
- Eduardo Ripoll.
- José María Luzón Nogué (aprox. 1990–1994)
- María del Carmen Pérez Díe (1994–1998)
- Martín Almagro-Gorbea (1998)
- Marina Chinchilla (1999)
- Rubí Sanz Gamo, actual directora desde decembro de 2004.
Desde 1999 o director do museo é designado polo ministerio a cargo de asuntos culturais (no 2007, é o Ministerio de Cultura), a proposta do Director Xeral de Belas Artes e Bens Culturais.
O edificio [editar]
A primeira sé do Museo foi provisoria: un antigo palacete da rúa de Embaixadores chamado o Casino da Raíña, que pertencera a Isabel de Bragança, esposa de Fernando VII.
En 1895, os seus fondos foron trasladados definitivamente ao Palacio de Biblioteca e Museos, ocupando as plantas que dan á rúa de Serrano e parte das laterais (o resto do edificio ocúpao a Biblioteca Nacional).
O edificio ocupaba os terreos dunha antiga leira coñecida como a horta de San Filipe Neri. Empezouse a construír en 1866 sobre os planos de Francisco Jareño e Alarcón, pero as obras non concluíron ata 1892, baixo a dirección de Antonio Ruiz de Salces. O edificio, de estilo neoclásico, é de planta rectangular, con catro grandes patios interiores. A fachada que dá á rúa de Serrano presenta unha portada con columnas dóricas na entrada e unha columnata xónica da balconada no piso superior. No xardín de acceso atópase a reprodución da cova de Altamira.
Fondos [editar]
O Museo Arqueolóxico Nacional contaba no ano 2003 con 34 salas que abarcaban 22 períodos da cultura e historia de España. Nel pódense atopar obras tan importantes como:
- A diadema de Ribadeo, un fragmento, o outro atópase no Museo do Louvre.
- A Dama de Elx
- A Dama de Baza
- A Dama de Galera
- A Dama de Ibiza
- O Tesouro de Guarrazar
- O ábaco neperiano
- Monumento funerario de Pozo Moro
- Mosaicos romanos
- Sepulcro de Dona Constanza de Castela.
Ademais, conta o museo cunha reprodución do teito dos polícromos da cova de Altamira no xardín exterior, cuxo orixinal atópase en Santillana del Mar (Cantabria).
Fontes [editar]
- O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.