Ponferrada
| Ponferrada | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | ponferradino/a |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de León |
| Comarca | Bierzo |
| Poboación | 69.292 hab. (2008) |
| Área | 283,17 km² |
| Densidade | 244,7 hab./km² |
| Capital do concello | Ponferrada |
| Política (2003) | |
| Alcalde | Carlos López Riesco (PP) |
| Concelleiros | PP: PSOE: Outros: |
| Uso do galego[2] () | |
| Galegofalantes | % |
| Páxina web oficial | |
| http://www.ponferrada.org | |
Ponferrada(do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é unha cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 66.824 habitantes, é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.
Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.
A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.
Índice |
Demografía [editar]
Evolución da poboación do municipio de Ponferrada desde 1900 ata 2010:
| 1900 | 1920 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 |
|---|---|---|---|---|---|
| 7.188 | 9.829 | 13.008 | 23.773 | 37.053 | 45.257 |
| 1981 | 1990 | 2000 | 2008 | 2009 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|
| 52.499 | 60.401 | 62.642 | 67.969 | 69.187 | 69.057 |
Obsérvase o espectacular despegamento poboacional entre 1940 e 1970, período no que Ponferrada triplica a súa poboación, principalmente debido ao crecemento industrial do municipio e converterse no centro administrativo da comarca, que vivía un auxe mineiro sen precedentes. Isto deu lugar a numerosos problemas na súa ordenación urbana debido ao crecemento desproporcionado e moitas veces caótico das distintas barriadas da cidade, problema arrastrado ata ben entrada a década de 1990.
Economía [editar]
No seu municipio prodúcense viños de gran calidade (Denominación de Orixe O Bierzo), exportados a diversos sitios como Alemaña ou Estados Unidos. No municipio ten a súa sede a Cooperativa Vitivinícola Cepas do Bierzo a de maior produción en tonelaxe de uvas do Bierzo; froitas, hortalizas e castañas entre outros. A gandería, aínda que sufriu un retroceso no municipio debido ao crecemento da cidade, segue tendo unha certa importancia tanto a nivel de explotacións familiares nos pobos do municipio, como na cría de distintas especies para sacrificio.
Conta coa maior planta de produción de pas (LM Glasfiber) e fustes (Grupo Comonor) para aeroxeradores eléctricos de Europa que emprega a uns 1.500 traballadores encadrándose xa que logo dentro da gran industria. Unha empresa de siderurxia, Aceros Roldan S.A., unha planta de transformación do vidro, Vitro Cristalglass, a Mineiro Siderúrxica de Ponferrada ou Endesa son outras das empresas presentes no concello.
Lugares de interese [editar]
- Castelo de Ponferrada
- Basílica de La Encina
- Igrexa de Santiago de Peñalba
- Mosteiro de San Pedro de Montes
- Igrexa de Santo Tomás de las Ollas
- Igrexa de Santa María de Vizbayo
- El Morredero
- Torre do Reloxo
- Casa Consistorial
- Museo do Bierzo
- Museo do Ferrocarril
- Museo da Radio
Transporte [editar]
A cidade atópase plenamente integrada na rede de alta capacidade mediante a autovía A-6, que é a principal entrada a Galicia. Ademais dela, a cidade comunica con Monforte e Ourense mediante a N-120 e con Villablino a través da CL-631.
Tamén ten servizo ferroviario, coa súa estación xestionada por Adif, que mantén liñas con varias cidades como Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona.
O Aeroporto de León, que entrou en servizo no ano 1999, é o aeroporto máis próximo, atopándose a 102 quilómetros de Ponferrada.
Lugares do concello de Ponferrada [editar]
Está integrado por, ademais da cidade de Ponferrada, Entidades Locais menores constituídas en Xuntas Veciñais, e Entidades Singulares.
| Entidades locais menores |
|---|
| Bouzas · Columbrianos · Fontesnovas · Montes de Valdueza · Otero · Peñalba de Santiago · Rimor · San Andrés de Montejos · San Clemente de Valdueza · San Cristóbal de Valdueza · San Esteban de Valdueza · San Lorenzo · San Pedro de Devesas (Dehesas) · Santo Tomás de las Ollas · Toural de Meraio (Toral de Merayo) · Valdefrancos · Villanueva de Valdueza |
| Entidades singulares |
| Bárcena del Bierzo · Campo · Carracedo de Compludo · Compludo · Compostilla · Cuatrovientos · Espinoso · Flores del Sil · Lombillo de los Barrios · Manzanedo de Valdueza · La Placa · Ponferrada · Salas de los Barrios · Valdecañada · Villar de los Barrios |
| Lugares abandonados ou semiabandonados |
| Agadán · Ferradillo · Palacios de Compludo · San Adrián de Valdueza · San Cosme · Santa Lucía de Valdueza |
Ponferradinos de sona [editar]
- Pascual Fernández Baeza, poeta, maxistrado e senador (1798-1860).
- Ángel Pestaña, político anarcosindicalista español (1886-1937).
- Demetrio Zorita Alonso, militar e aviador (1917-1956).
- Valentín García Yebra, filólogo, tradutor e membro da RAE, nado en Lombillo de Los Barrios (n. 1917).
- Luis del Olmo, periodista (n. 1937).
- Amancio Prada, músico e compositor, nado en Dehesas (n. 1949).
- Amparo Carballo Blanco, escritora e editora (n. 1955).
- Manuel Aller, xogador de baloncesto (n. 1963).
- Santiago Macías Pérez, periodista e escritor (n. 1972).
- Noemi Féliz García , deportista na disciplina de natación (n. 1978).
- Lidia Valentín Pérez, deportista que compite en halterofilia (n. 1985).
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Concellos galegofalantes | provincia de León : O Bierzo | |
|---|---|
|
Barxas | Borrés | Cacabelos | Candín | Carucedo | Carracedelo | Corullón | Oencia | Ponte de Domingos Flórez | Sobrado | Toural dos Vados | Trabadelo | Valboa | A Veiga de Valcarce | Vilafranca do Bierzo |
|
| Concellos parcialmente galegofalantes Arganza | Benuza | Camponaraia | Fabeiro | Peranzais | Ponferrada | Priaranza | A Veiga de Espiñareda |
|
|||||||||||||||||||