Leeuwarden
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Leeuwarden Ljouwert |
|||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Situación xeográfica | |||||
| País: | |||||
| Provincia: | |||||
| Xeografía | |||||
| Supericie • Terra • Auga |
84,10 km² 79,16 km² 4,94 km² |
||||
| Poboación | |||||
| Poboación: | 93.601 (2008) | ||||
| Densidade: | 1.182 hab/km2 | ||||
| Información | |||||
| Código postal: | 8900 - 9089 | ||||
| Alcalde: | Ferd Crone (PvdA) | ||||
| Sitio na web: | www.leeuwarden.nl | ||||
Ljouwert (en lingua neerlandesa: Leeuwarden) é a capital da provincia neerlandesa de Frisia. Leeuwarden está situada no norte do país.
A 1 de xaneiro de 2004, a cidade contaba cunha poboación de 83.320 habitantes, e o concello 93.850 habitantes.
Índice |
Breve historia [editar]
Leeuwardent obtivo o título de cidade en 1435, aínda que as súas orixes remontan polo menos ao ano 1000. En 1650 contaba cuns 16.000 moradores.
Lugares de interese [editar]
Os monumentos salientábeis de Leeuwarden son :
- a Chancelaría (Kanselarij);
- de Waag, o vello centro comercial;
- a Oldehove, unha torre aínda máis inclinada ca de Pisa;
- a igrexa de San Bonifacio (Sint Bonifatiuskerk), un dos edificios neogóticos mellores dos Paísses Baixos, que data de 1884.
Entre os museos da cidade cómpre indicar:
- o Museo Frisón (Het Fries Museum);
- o Museo Natural de Frisia (Natuurmuseum Fryslân);
- O Museo Literario Frison (Frysk Letterkundich Museum).
Mercados [editar]
En Leeuwarden celébrase o maior mercado de équidos dos Países Baixos. No día da Ascensión acolle o maior mercado de flores do país.
Personalidades nadas en Leeuwarden [editar]
Entre outros cómpre citar:
- Maurits Cornelis Escher (1898-1972), artista.
- Wybrand de Geest (1592-1661), pintor.
- Mata Hari (Margaretha Geertruida Zelle) (1876-1917), danzarina e espía.
- Saskia van Uylenburgh (1612-1642), compañeira de Rembrandt