Aranda de Duero
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aranda de Duero é unha cidade da provincia de Burgos, pertencente á comarca da Ribera del Duero en Castela e León, España. Atópase situada ao sur da provincia. Conta cunha poboación de 31.940 habitantes (INE 2007), sendo a terceira cidade máis poboada da provincia tras Burgos e Miranda de Ebro.
No plano económico é especialmente coñecida pola calidade dos seus viños D.O. Ribera del Duero. Nun radio duns 95 km atópanse as cidades de Burgos, Palencia e Valladolid. En Aranda de Duero celébrase anualmente o festival de música Sonorama.