Lille
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Lille é unha cidade do norte de Francia que debe o seu nome ao feito de que foi fundada sobre unha illa. É a capital da rexión de Norte-Paso de Calais e da prefectura do departamento do Norte (59). Os habitantes de Lille chámanse "lillois".
A cidade denomínase Lille debido á súa situación histórica sobre unha illa no medio do Deûle. Ao igual que en francés antigo (L'isle), a denominación neerlandesa (Rijsel) da cidade indica tamén a súa orixe insular.
Forma unha aglomeración urbana con máis dun millón de habitantes, coas cidades de Roubaix, Tourcoing e Villeneuve d'Ascq, comprendendo o 40% da poboación da aglomeración.
A área urbana de Lille traspasa as fronteiras nacionais, incluíndo cidades belgas como Courtrai, Mouscron e Ménin, formando unha área metropolitana de 1.727.525 habitantes.
|
|||||