Parla
Coordenadas: 40°14′14″N 3°46′27″W / 40.23722°N 3.77417°W
| Parla | |
|---|---|
| Vista da localidade e da liña de tranvía. | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Com. Autónoma: | Madrid |
| Provincia: | Madrid |
| Comarca: | Área metropolitana de Madrid |
| Xeografía | |
| Altitude: | 648,5 msnm |
| Superficie: | 24,43 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 124.208 hab. (2012) |
| Densidade de poboación: | 5.084,24 hab./km² |
| Xentilicio: | parleño/a |
| Información | |
| Código postal: | 28980–28984 |
| Alcalde: | José María Fraile Campos (PSOE) |
| Sitio na web: | www.parla.es |
Parla é un concello español da Comunidade de Madrid. Ten unha poboación de 124.208 habitantes (INE 2012) e dista 20 km da capital, Madrid. A extensión de Parla, na actualidade, é duns 24,43 km².
O termo municipal de Parla limita ao norte co municipio de Fuenlabrada, ao sur cos municipios de Torrejón de Velasco e de Torrejón de la Calzada, ao leste co municipio de Pinto e ao oeste cos municipios de Griñón e de Humanes de Madrid.
O municipio atópase a unha altitude media de 648,5 metros sobre o nivel do mar.
A principios do século XX, Parla tiña unha poboación de 1.237 habitantes. Esta poboación creceu ao longo do século XX ata os máis de 110.000 habitantes que ten na actualidade (Nov.2007).