Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
Restos dun dos trens, xunto á estación de Atocha.
LugarMadrid, España
Coordenadas40°24′24″N 3°41′22″O / 40.406666666667, -3.6894444444444Coordenadas: 40°24′24″N 3°41′22″O / 40.406666666667, -3.6894444444444
Branco(s)Civís
Data11 de marzo de 2004
07:36-07:40 horas (UTC+1:00)
Tipo de ataqueXihadista
Arma(s)Mochilas bomba con dinamita tipo Goma-2 ECO
Mortos193
Feridos2057[1]
Perpetrador(es)Célula terrorista de Al Qaida[2]
editar datos en Wikidata ]
Homenaxe ás vítimas do 11-M na Estación de Atocha, Madrid.

Os Atentados do 11-M ou Atentados do 11M, coñecidos tamén como 11M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede ferroviaria de Madrid. Foron levados a cabo por unha célula xihadista,[3][4] segundo a investigación policial e as sentenza da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo.[5] Faleceron 193 persoas e arredor de dúas mil resultaron feridas.[1][6]

Entre as 07:36 e as 07:40 (CET) do 11 de marzo de 2004, en hora punta, producíronse dez explosións case simultáneas en catro trens de Madrid. Máis tarde, logo dun intento de desactivación, a policía detonou de forma controlada dous artefactos que non chegaron a estoupar. Despois disto, desactivaron un terceiro que permitiría, debido ó seu contido, comezar a investigación que conduciría á identificación dos autores.

Os atentados producíronse tres días antes das eleccións xerais de 2004. Os dous principais partidos políticos españois daquela, o PP e o PSOE, acusáronse mutuamente de agochar ou distorsionar información relativa ós atentados por razóns electorais.

Foi o segundo maior atentado cometido en Europa, por detrás do atentado de Lockerbie de 1988. Este non foi o primeiro atentado xihadista en España. En 1985 produciuse o atentado do restaurante El Descanso, que causou 18 mortes.

Feitos[editar | editar a fonte]

Mapa dos atentados

As explosións producíronse na mañá do xoves 11 de marzo, entre as 7:39 e as 7:42, tres días antes das eleccións lexislativas. Un total de 10 mochilas-bomba estouraron en catro trens de proximidade nas estacións de Atocha, El Pozo del Tío Raimundo, Santa Eugenia e nun tren que ía entrar na estación de Atocha. A policía atopou outras tres bombas que non chegaron a estoupar e que, segundo o Ministro de Interior, Ángel Acebes, estaban pensadas para estoupar á chegada do auxilio.

As fontes oficiais identificaron, nun primeiro momento, a ETA como a organización autora do masacre. As forzas próximas á banda terrorista e a propia ETA negaron a súa autoría nun comunicado o día seguinte. Xurdiu a hipótese dunha organización terrorista islamista radical. Esta hipótese viuse reforzada ao anunciar o Ministro de Interior o descubrimento dunha furgoneta con detonadores e unha cinta de vídeo con textos do Corán. Aínda así, mantívose oficialmente a tese dun atentado de ETA, o que supuxo fortes críticas ao goberno nalgúns medios de comunicación e polas forzas políticas da oposición.

O 13 de marzo, a policía detivo sete sospeitosos relacionados coa venda dun teléfono móbil e unha tarxeta de prepago que se atopara na furgoneta en que se atoparan os detonadores. Nos días seguintes foron arrestados novos sospeitosos, moitos ligados a grupos islamistas radicais. O 3 de abril, cando a policía pretendía arrestar varios sospeitosos nun piso de Leganés, estes inmoláronse facendo estoupar explosivos, cos que mataron tamén un axente dos Grupos de Operacións Especiais.

O xuíz encargado do caso, Juan del Olmo, acusou o 19 de marzo a varios marroquís de complicidade nos atentados. As investigacións policiais dirixíronse cara as organizacións terroristas islámicas, en especial cara a células vinculadas a Al Qaida. A organización fundamentalista reivindicara os atentados a noite do día 11.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Documentos, El Mundo, 11 de abril de 2006. (en castelán)
  2. El País Arquivado 14 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. El Mundo (ed.). "Spanish Indictment on the investigation of 11 March" (en castelán). España. Consultado o 16 de febreiro de 2010. 
  4. O'Neill, Sean (15 de febreiro de 2007). The Times, ed. "Spain furious as US blocks access to Madrid bombing 'chief'". Londres, Reino Unido. Consultado o 16 de febreiro de 2010. The al-Qaeda leader who created, trained and directed the terrorist cell that carried out the Madrid train bombings has been held in a CIA "ghost prison" for more than a year. 
  5. Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional 2007, pp. 172 e 173.
  6. ZoomNews (in spanish). The 192nd victim (Laura Vega) died in 2014, after a decade in coma in a hospital of Madrid. She was the last hospitalized injured person.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]