Medina del Campo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medina del Campo é unha vila española de orixe prerromano situada na comunidade Autónoma de Castela e León, na provincia de Valladolid, España.
Sitúase no suroeste da provincia de Valladolid, de cuxa capital dista 46,6 km. Medina del Campo atópase a 727 msnm, a beiras do río Zapardiel. O seu termo municipal esténdese sobre 153 km², onde se destacan outros tres núcleos urbanos: Gomeznarro, Rodilana e unha parte da urbanización das Salinas, que é compartida con outro municipio.
En 2007 Medina del Campo contaba con 21.256 habitantes censados, sendo o terceiro municipio da provincia en poboación, tras Valladolid e Laguna de Duero.