Raúl González Blanco
Raúl coa camiseta do Al Sadd en 2012 |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Raúl González Blanco | ||
| Nacemento | 27 de xuño de 1977 (35 anos) | ||
| Lugar | Madrid, España | ||
| Altura | 1,80 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Al Sadd | ||
| Número | 7 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1987–1990 | San Cristóbal de los Ángeles | ||
| 1990–1992 | Atlético de Madrid | ||
| 1992–1994 | Real Madrid | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1994 | Real Madrid C | 7 | (13) |
| 1994 | Real Madrid B | 1 | (0) |
| 1994–2010 | Real Madrid | 550 | (228) |
| 2010–2012 | Schalke 04 | 66 | (28) |
| 2012– | Al Sadd | 12 | (5) |
| Selección nacional | |||
| 1994 | España sub-18 | 2 | (4) |
| 1995 | España sub-20 | 5 | (3) |
| 1995–1996 | España sub-21 | 9 | (8) |
| 1996 | España sub-23 | 4 | (2) |
| 1996–2006 | España | 102 | (44) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 23 de decembro de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Raúl González Blanco, nado o 27 de xuño de 1977 en Madrid, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Al Sadd. Trátase dun dos futbolistas máis renomeados no panorama internacional[1] e un dos máis importantes de tódolos tempos.[2]
É o máximo goleador en activo da Primera división española,[3] do mesmo xeito que un dos máis prolíficos da historia do fútbol español,[4] e das competicións oficiais de clubs da UEFA.[5]
Iniciou a súa carreira nas divisións inferiores do Atlético de Madrid, pero tras a disolución das súas filiais foi contratado polo Real Madrid CF, equipo co cal debutou no fútbol profesional en 1994. Co cadro branco gañou seis campionatos de liga, catro Supercopas de España, tres Copas de Europa, unha Supercopa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Posúe a marca de máis partidos disputados[6] e máis goles anotados co cadro madridista.[7] Coa Selección de fútbol de España, da cal é o máximo artilleiro con 44 goles,[8] participou en tres edicións de Copa do Mundo e dous Eurocopas. Foi o seu capitán desde 2003 ata 2006.
Índice |
Palmarés [editar]
Club [editar]
- Real Madrid
- Liga de España: 1994–95, 1996–97, 2000–01, 2002–03, 2006–07, 2007–08
- Supercopa de España: 1997, 2001, 2003, 2008
- UEFA Champions League: 1997–98, 1999–00, 2001–02
- Copa Intercontinental: 1998, 2002
- Schalke 04
- Copa de Alemaña: 2010–11
- Supercopa de Alemaña: 2011
Distincións individuais [editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Premio Don Balón ó mellor xogador xove da Liga. | 1995 |
| Nomeado ó Balón de ouro con 18 anos. | 1996 |
| Mellor xogador español. | 1997 |
| Incluído non mellor 11 mundial pola UEFA | 1997 |
| Nomeado mellor xogador da Copa Intercontinental. | 1998 |
| Trofeo Pichichi ao máximo goleador da liga española. | 1999 |
| Bota de Bronce | 1999 |
| Mellor Goleador Mundial do ano. | 1999 |
| Mellor xogador español. | 1999 |
| Incluído no mellor 11 mundial pola UEFA | 1999 |
| Máximo goleador da Liga de Campións da UEFA 1999-00. | 2000 |
| Dianteiro do Ano da UEFA 1999-00 | 2000 |
| Mellor deportista español. | 2000 |
| Mellor xogador español. | 2000 |
| Máximo goleador da Liga de Campións da UEFA 2000-01. | 2001 |
| Dianteiro do Ano da UEFA 2000-01 | 2001 |
| Bota de Bronce | 2001 |
| Trofeo Pichichi ao máximo goleador da liga española. | 2001 |
| Xogador Mundial da FIFA, galardón de bronce. | 2001 |
| Balón de Prata ao segundo mellor xogador do ano en Europa. | 2001 |
| Mellor xogador español. | 2001 |
| Incluído no mellor 11 mundial pola UEFA. | 2001 |
| Dianteiro do Ano da UEFA 2001-02 | 2002 |
| Máximo goleador da Copa do Rei. | 2002 |
| Mellor xogador español. | 2002 |
| Máximo goleador da Historia da Selección española | 2003 - |
| Incluído na lista FIFA 100 dos mellores xogadores vivos do século XX. | 2004 |
| Máximo goleador da Copa do Rei. | 2004 |
| Máximo goleador da Historia da Copa de Europa | 2004 - |
| Medalla de Ouro da Real Orde ao Mérito Deportivo que premia unha excelsa carreira deportiva. | 2006 |
| Deportista español do ano na gala de As | 2007 |
| Trofeo Alfredo Di Stéfano | 2008 |
| Máximo goleador da Historia das competicións europeas | 2008 - |
| Marca Lenda | 2009 |
| Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid | 2009 |
Notas [editar]
- ↑ Raúl Gonzalez, BBC Sports, 25 de maio de 2004
- ↑ Mellor goleador histórico de Europa
- ↑ Spain - All-Time Topscorers, Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation, 2007
- ↑ Raúl é o sexto máximo goleador en Liga, 3 de novembro de 2008
- ↑ Raúl iguala a Inzaghi como máximo goleador en competicións europeas, Marca, 25 de novembro de 2008
- ↑ Raúl convértese no xogador que máis partidos oficiais disputou co Real Madrid, Marca, 17 de outubro de 2009
- ↑ Raúl, máximo goleador histórico do Real Madrid
- ↑ Raúl, máximo goleador na historia da selección, El Mundo, 12 de febreiro de 2003
Ligazóns externas [editar]
- Ficha coa Selección Española
- Raúl González Blanco no Sitio web oficial do Real Madrid
- Raúl González Blanco en Football Data Base (en inglés)
- Raúl González Blanco Partidos e goles de Raúl nas copas europeas (en inglés)