Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid | ||
|---|---|---|
Fachada principal. |
||
| Tipo | Catedral | |
| Advocación | Virxe da Almudena | |
| Localización | Madrid | |
| Culto | Igrexa Católica | |
| Diocese | Madrid | |
| Construción | 1879-1993 | |
| Estilo arquitectónico | Neoclásico, Neogótico, Neorrománico. | |
A Catedral de Santa María a Real da Almudena é a sede episcopal da arquidiocese de Madrid, en España. Trátase dun templo que acada os 102 metros de lonxitude e os 73 metros de altura, que foi construído entre 1879 e 1993, ano no que foi consagrada polo papa Xoán Paulo II na súa cuarta viaxe a España (o 15 de xuño), e que presenta unha mestura de estilos neoclásico, neogótico e neorrománico.
Esta ubicada no centro histórico da cidade. A fachada principal atópase fronte ó Palacio Real.
Galería [editar]
Imaxe nocturna da Catedral da Almudena a carón do Palació Real.