Tegucigalpa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 14°05′00″N 87°13′00″W / 14.0833°N 87.2167°W
| Tegucigalpa | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Departamento: | Francisco Morazán |
| Municipio: | Distrito Central |
| Xeografía | |
| Altitude: | 990 msnm |
| Superficie: | 751´1 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.200.000 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Ricardo Álvarez (ata 2014) |
| Sitio na web: | Páxina oficial |
Tegucigalpa é a capital de Honduras, localízase ó pé do cerro El Picacho nun estreito val formado polo río Grande ou Choluteca, a uns 990 metros sobre o nivel do mar. A súa poboación na área metropolitana en 2006 era de 1.682.725 persoas.
Tegucigalpa foi fundada por un grupo de españois co nome de Real Villa de San Miguel de Tegucigalpa de Heredia o 29 de setembro de 1578 sobre un antigo poboado indíxena existente. Nesa época a área de Tegucigalpa era un centro de actividade mineira onde se extraía especialmente prata e ouro. O nome de Tegucigalpa provén de Teguz-galpa que significa "Cerros de prata".