Ministerios de España
Un ministerio é un departamento de xestión do goberno dun estado. Está a cargo dun ministro que se ocupa dun ámbito político de actuación baixo a coordinación do presidente do goberno ou primeiro ministro. Nalgúns países como os Estados Unidos de América ou México, os ministros son coñecidos como secretarios ou secretarios de Estado.
En España, como en outros países, por cada nova lexislatura os ministerios adoitan cambiar de funcións e de nome. Estes cambios son máis notables se se produce un cambio de partido político, xa que hai ministerios que separan as súas funcións en dous ou máis ministerios novos, e varios ministerios agrúpanse nun só.
Lista de ministerios da X lexislatura española [editar]
En España, os ministerios do goberno saído das urnas o 20 de novembro de 2011 (X lexislatura española) son:
- Ministerio da Presidencia de España
- Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España
- Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España
- Ministerio de Cultura de España
- Ministerio de Defensa de España
- Ministerio de Economía e Competitividade de España
- Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
- Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España
- Ministerio de Fomento de España
- Ministerio de Igualdade de España
- Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo de España
- Ministerio de Medio Ambiente de España
- Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España
- Ministerio de Xustiza de España
- Ministerio do Interior de España
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- A Moncloa (en galego)