Estadio Vicente Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°24′06″N 3°43′14″O / 40.401667, -3.720556

Vicente Calderón
Datos
LocalizaciónMadrid, España
Construción
Inauguración2 de outubro de 1966
ArquitectoJavier Barroso
Miguel Ángel García Lomas
Custo451 000 000 ptas (remodelación)
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 70
Capacidade54.851
PropietarioAtlético de Madrid
LocalíaAtlético de Madrid (1966-2017)
Eventos

O Estadio Vicente Calderón é un recinto deportivo, propiedade do Atlético de Madrid, situado no distrito de Arganzuela da cidade de Madrid, á beira do río Manzanares.

Inaugurado o 2 de outubro de 1966, foi o estadio do Atlético durante 51 anos, ata a tempada 2016/17, trala que cambiou a súa sede ao Estadio Wanda Metropolitano. O último partido de competición oficial que disputou neste estadio foi o Atlético–Athletic (3–1), correspondente á 38ª xornada de Liga, o 21 de maio de 2017. Finalmente, albergou a final da Copa do Rei, disputada o 27 de maio do mesmo ano.

Historia[editar | editar a fonte]

O 17 de marzo de 1961, Javier Barroso comprou os terreos para a construción dun novo estadio, en substitución do Estadio Metropolitano de Madrid, que empezou a ceder en capacidade. Así, no mesmo ano, iniciáronse as obras do novo recinto.

Para o financiamento do novo estadio o Atlético de Madrid tivo que realizar en 1958 unha emisión de débeda en forma de obrigacións hipotecarias que foron subscritas na súa gran maioría polos propios socios do club que, deste xeito, contribuíron cos seus aforros á construción do seu estadio.

O día 2 de outubro de 1966, inaugurouse oficialmente o Estadio Manzanares, con capacidade para 62.000 espectadores, nun partido contra o Valencia Club de Fútbol, que terminou en empate 1 a 1. Así se inaugurou o primeiro estadio de Europa que contaba con asentos para todo o aforamento. Co tempo foise reducindo a cantidade de público e polo tanto, tamén a cantidade de asentos, segundo foise remodelando o estadio.

O 16 de abril de 1967 disputouse o primeiro Derbi madrileño ante o Real Madrid, no reinaugurado estadio. O encontro finalizou cun empate 2-2.

Nunha Xunta Xeral do Atlético de Madrid, celebrada o 14 de xullo de 1971, acordouse o cambio de nome ao recinto deportivo, sendo elixido como novo nome Estadio Vicente Calderón, en honra ao entón presidente do club, Vicente Calderón.

Vista frontal do estadio.

Terminadas as obras de remodelación, o Estadio Vicente Calderón é reinaugurado o 23 de maio de 1972, ante a presenza do entón xefe de Estado, Francisco Franco; o Príncipe de Asturias, Juan Carlos I; e o Presidente das Cortes Xerais, Alejandro Rodríguez de Valcárcel. Con motivo da reinauguración, disputouse un partido, onde se enfrontaron as seleccións de España e Uruguai, encontro que concluíu cun triunfo español por 2-0. Os goles foron anotados por Óscar Valdez e José Eulogio Gárate.

Obras da autovía M-30, nas proximidades do estadio.

Nunha Xunta Xeral Extraordinaria do Atlético de Madrid, celebrada o 4 de xuño de 1980, aprobouse un orzamento de 451 000 000 ptas para a remodelación do recinto deportivo, con miras á Copa do Mundo de Fútbol de 1982. De devandita cantidade, 190 000 000 ptas corresponden a fondos do Atlético de Madrid, mentres que o resto corresponden a fondos subvencionados polo Comité Organizador da Copa Mundial da FIFA. Para a remodelación, as obras quedan a cargo do arquitecto Juan José Barroso.

O recinto que actualmente conta con capacidade para 54.851 espectadores, recibiu por parte da UEFA a cualificación de Estadio 5 estrelas durante o ano 2003.

O Estadio Vicente Calderón caracterízase ademais polo paso da autovía M-30 por baixo das bancadas no sentido que vai desde o Nó Sur a Ponte Segovia.

O Estadio Vicente Calderón foi escenario de multitude de eventos musicais, o máis multitudinario foi polo concerto polo 40 aniversario da cadea Los 40 Principales, o día 17 de xuño do 2006, no chamado Os nº 1 de 40 en concerto, que durou máis de sete horas e polo que pasaron máis de 40 artistas distintos. Tamén acolleu o concerto do grupo mexicano RBD.

Peche por sanción[editar | editar a fonte]

O 14 de outubro de 2008 a UEFA decide sancionar ao Atlético de Madrid coa clausura do estadio por dous partidos como consecuencia dos incidentes ocorridos nas bancadas durante o partido da fase de grupos da Liga de Campións o día 1 de outubro entre o Atlético de Madrid e o Olympique de Marsella.[1]

Cambio de sede[editar | editar a fonte]

Demolición do estadio (xullo de 2019)

O Club Atlético de Madrid, a cervexeira Mahou e o Concello de Madrid asinaron o 30 de xullo de 2007 un acordo[2] polo cal se recalifican os terreos da zona que actualmente ocupan o estadio Vicente Calderón e a cervexeira Mahou, trasladándose dentro de tres anos o equipo de fútbol a xogar os seus partidos ao Estadio Olímpico de Madrid, máis coñecido como Estadio de la Peineta. Este estadio terá capacidade para 73.000 espectadores e estará cuberto. Despois do ano 2016 o estadio pasará a propiedade do Atlético de Madrid. O estadio Vicente Calderón será demolido para construír un parque no seu lugar, que se chamará Parque Atlético de Madrid. O acordo para derruír o estadio non tivo boa acollida entre un sector da afección do Atlético de Madrid que se manifestou contraria ao traslado de sede ao consideralo un mal acordo que contribúe a descapitalizar o club.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]