Arganda del Rey
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arganda del Rey é un municipio da Comunidade de Madrid, situado na subcomarca da Alcarria de Alcalá (Comarca de Alcalá), na zona central de España. Conta con 50.309 habitantes (Instituto Nacional de Estatística, 2008). Enlaza coa cidade de Madrid pola liña 9 de metro, pola autovía A-3 e pola autoestrada de peaxe R-3.