Río Texo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Texo
Tejo do Castelo Almourol.JPG
{{{lenda}}}
Nacemento: Fuente de García, Serra de Albarracín, Teruel
Altitude da fonte: 1.600 msnm
Lonxitude: 1.008 Km
Caudal medio: Trillo: 18,76 m³/s
Aranxuez: 33,32 m³/s
Toledo: 43,30 m³/s
Lisboa: 444 m³/s
Conca:
País: España e Portugal
Desemboca: Océano Atlántico

O Texo (Tajo en español; Tejo en portugués) é o maior río da Península Ibérica. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, Teruel, a 1.600 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, en portugués Mar da Palha).

Percorre unha lonxitude de 1.008 Km, deles 910 Km por territorio español e o resto por terras portuguesas. Os seus principais afluentes son: Xarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.

Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranxuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.


[editar] Galeria de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ferramentas persoais