Saraxevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°52′N 18°25′E / 43.867°N 18.417°E / 43.867; 18.417

Saraxevo
Sarajevo (en bosníaco)
Сарајево (en serbio)
Flag of Sarajevo.svg Coat of arms of Sarajevo.svg
Sarajevo.jpg
Situación xeográfica
Saraxevo en Bosnia e Hercegovina
Saraxevo
Saraxevo
País Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Cantón Cantón de Saraxevo
Xeografía
Altitude 500 msnm
Superficie 141,5 km²
Poboación
Poboación 305.242 hab. (2009)
Densidade 2.157,2 hab/km²
Información
Código postal 71000
Alcalde Ivo Komšić (SDP)
Páxina web http://www.sarajevo.ba/

Saraxevo[1][2][3] (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. Ten unha poboación estimada de 290.000 persoas (401.687 coa área metropolitana) o 77,4 % bosníacos, o 12 % serbios e o 7,5 % croatas

Historia[editar | editar a fonte]

Saraxevo fundárona os otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697 nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da Primeira Guerra Mundial, logo da guerra Saraxevo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala Segunda Guerra Mundial, Saraxevo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraxevo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1892. ISBN 9788482893600.
  2. Criterios para o uso da lingua da UDC
  3. Materiais lingüísticos da UVIGO

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]