Luxemburgo (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luxemburgo (cidade)
Blason ville lu Luxembourg-ville.svg Flag of Luxembourg (city).png
Situación xeográfica
Map Luxembourg.PNG
Estado: Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo
Rexión:
Distrito (gris oscuro): Luxemburgo
Cantón (roxo oscuro): Luxemburgo
Xeografía
Altitude: 230 - 402 msnm
Superficie: 51´46 km²
Poboación
Poboación total: 88.586 hab. (2009)
Densidade de poboación: 1.721 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Paul Helminger
Sitio na web: http://www.vdl.lu/

A cidade de Luxemburgo é a capital do pequeno estado centroeuropeo do Gran Ducado de Luxemburgo. Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, Luxemburgo, e, simple e correntemente, denominada d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor).

En 2009 estaban censados na cidade 88.586 habitantes, dos cales un 62,5 % eran estranxeiros. Coa poboación dos arredores alcanza arredor de 110.000 habitantes.

Xeografía [editar]

A cidade de Luxemburgo asenta na parte sur da meseta de Luxemburgo, unha grande formación de pedra de gra orixinada no Xurásico Inicial, que constitúe o corazón do denominado Gutland, unha área baixa e plana que cobre 2/3 do país.

O centro urbano ocupa un promontorio con cantís que caen sobre os estreitos vales do Alzette e do Pétrusse, ríos que se xuntan no terreo da cidade. As profundas gargantas, de até 70 m de profundidade, cortadas polos ríos, están unidas por numerosas pontes e viadutos, como a ponte de Adolphe, a ponte da Gran Duquesa Charlotte, e a Pasarela (Passerelle). Aínda que Luxemburgo non é grande, con esa topografía complexa, a cidade asenta en varios niveis definidos polos outeiros e as gargantas dos ríos. Ademais extensas áreas conteñen parques, zonas forestais e sitios particulares (algúns catalogados pola UNESCO), ademais dos asentamentos agrícolas que aínda se conservan dentro do recinto urbano.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: