Zagreb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°49′0″N 15°59′0″E / 45.81667°N 15.98333°E / 45.81667; 15.98333

Zagreb
Flag of Zagreb.svg Coat of arms of Zagreb.svg
Zelena potkova istok.jpg
Vista aérea da cidade
Situación xeográfica
Zagreb en Croacia
Zagreb
Zagreb
País Croacia Croacia
Condado Cidade de Zagreb
Xeografía
Altitude 158 msnm
Superficie 641 km²
Poboación
Poboación 790.017 hab. (2011)
Densidade 1.200 hab/km²
Información
Código postal HR-10000, HR-10020, HR-10040, HR-10090, HR-10110
Alcalde Milan Bandić
Páxina web Páxina oficial de Zagreb

Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)

Historia[editar | editar a fonte]

Praza de Ban Jelačić
Catedral católica de San Marcos.

Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislau, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento.

A cidade desenvolveuse en torno á zona norte da catedral católica, e a partir da fortaleza de Gradec no monte veciño. Actualmente Gracec é o barrio de Gornji Grad, onde se pode atopar un dos mellores núcleos conservados urbanos de Croacia. A diocese e a fortaleza foron atacados polos mongois no ano 1242. Como sinal de gratitude por ofrecerlle refuxio fronte os invasores, o rei Bela IV de Hungría e Croacia outorgoulle a Gradec a Bula Dourada, que outorgaba ós cidadáns da vila autogoberno e autonomía, así como seu propio sistema xurídico. De acordo coa lenda, Bela deixou ós habitantes de Gradec un canón para que o disparasen cada día e que non se enferruxase. Dende o 1 de xaneiro de 1877 o canón e disparado desde a torre Lotrscak en Gric para marcar as doce do mediodía.

A praza do Gornji Grad está dominada pola igrexa gótica de San Marcos. Foi construída a finais do século XIV e concluíse a comezos do século XV. O campanil barroco foi engadido posteriormente.

A diocese de Zagreb e a vila de Gradec a miúdo disputaron polo uso e posesión de terras e muíños. Algunhas veces tamén se enfrontaron por razóns políticas. O término de Zagreb foi utilizado polos barrios da diocese dende o século XVI, cando a cidade se converteu no centro político de Croacia e da Eslavonia, unión que se reforzaría décadas máis tarde. En 1850 Gradec e Zagreb uníronse baixo o seu primeiro alcalde, Janko Kamauf.

O ferrocarril foi introducido en Zagreb en 1860. Os barrios da clase obreira situábanse entre a vía do tren e o río Sava, mentres que a construción de barrios residenciais en torno ó sur de Medvednica foron rematados entre as dúas guerras mundiais.

A zona entre a vía do tren e o río Sava foi urbanizada despois da Segunda Guerra Mundial. A mediados da década de 1950 a construción de novas residencias no sur do río Sava comezou, dando lugar á Nova Zagreb. A cidade tamén se expandiu cara o oeste e cara o leste, incorporando as comunidades de Dubrava, Podsused, Jarun e Blato, entre outras.

A estación ferroviaria de mercadorías e o aeroporto internacional Pleso, foron construidos na marxe sur do río Sava. A zona industrial máis grande da cidade atópase precisamente no sureste, entre o Sava e a rexión de Prigorje.

Durante a época na que Croacia estivo dentro do Imperio Austrohúngaro, a cidade tamén se chamaba Agram, a súa denominación xermánica.

Clima[editar | editar a fonte]

Zagreb posúe un clima continental. Na cidade os veráns son quentes e húmidos e os invernos son fríos. A temperatura media no inverno é de 1 °C e no verán é de 20 °C. O mes de maio é un dos máis quentes, con temperaturas por riba dos 30 °C. As nevadas son comúns nos meses de inverno, dende decembro a marzo, a choiva e a saraiba son común no outono (dende outubro a decembro).[1]

Táboa climática
  Xan Feb Mar Abr Maio Xuño Xullo Agost Sep Oct Nov Dec
Choivas (mm) 52 48 56 68 83 95 79 79 79 93 86 67
Temp Min.(°C) -3 -3 1 5 9 13 14 14 11 6 2 -1
Temp Max. (°C) 3 5 11 15 20 23 25 25 22 15 8 3

Demografía[editar | editar a fonte]

Zagreb é a maior cidade de Croacia, sendo a única cidade do país cunha área metropolitana de máis dun millón de habitantes. A área metropolitana da cidade ten unha poboación de 1.088.841 habitantes, e inclúe algunhas pequenas cidades como Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. O censo oficial da cidade sen a súa área metropolitana é de 779.145 habitantes. Segundo os datos do departamento de policía da cidade, o cal baséase no número de persoas que fixeron a petición para poder votar na cidade, esta ten unha poboación de 973.667 habitantes. O maior grupo étnico da cidade son os croatas constituíndo o 91,94% da poboación (censo do 2001). O mesmo censo tamén recolle outras minorías como os serbios (18.811) que constitúen o 2,41% da poboación, os bosníacos que con 6.204 cidadáns fan o 0,8 % da poboación, 4.030 musulmáns de calquera país da ex-Iugoslavia (0,52%), 3.389 albaneses (0,43%), 3.225 eslovenos (0.41%), 1.946 xitanos (0,25%), 1.131 montenegrinos (0,17%), 1.315 macedonios (0,17%), entre outras minorías.[2]

Economía[editar | editar a fonte]

Algúns dos maiores potenciais para o desenvolvemento de Zagreb son a calidade da súa terra, a súa situación de transito favorable e infraestrutura totalmente municipal, a súa man de obra cualificada e expertas nos eidos da ciencia, da educación, da saúde, dos negocios, da banca e doutras institucións, tamén inflúe a súa tradición nalgúns servizos, e o tamaño e a calidade da economía da cidade.

As pólas máis importantes da industria de Zagreb son: a produción de dispositivos e aparellos eléctricos, a súa produción química, farmacéutica, téxtil, a elaboración de comida e bebida, e a produción e elaboración do tabaco. Zagreb é un importante centro internacional de industria/comercio e negocios, así como un lugar de paso de transportes entre a europa do leste e a Europa central.

A cidade de Zagreb ten o produto interior bruto per capita máis elevado de Croacia, con $15850 no 2006 (a media europea era do $28114. Sen embargo, os ingresos medios e os prezos aínda son máis baixos que no resto de Europa.

No 2005 a taxa media de desemprego en Zagreb roldaba o 8%, a metade da media nacional. Zagreb, é unha cidade relativamente grande situada na ruta máis rápida que conecta a Europa central coa Europa do sueste, posúe un gran potencial para as inversións e o desenvolvemento.

Administración metropolitana[editar | editar a fonte]

De acordo coa constitución de Croacia, a cidade de Zagreb, como capital do país, posúe un status especial. Tendo un goberno propio e autónomo. Os seus corpos administrativos da cidade son a Asemblea da Cidade como corpo representativo, e o alcalde e gobernador da cidade como corpo executivo.

Os membros da asemblea son elixidos nas eleccións, e son eles os que elixen ó alcalde e ós membros do goberno da cidade. O goberno da cidade está formado por 11 membros propostos polo alcalde á Asemblea.

O goberno local da cidade está organizado por 17 distritos.

Distritos da cidade[editar | editar a fonte]

Os principais distritos ("gradske četvrti" en croata) son:[3]

No. Distrito Área (km²) Poboación (2001) Densidade de poboación
1. Donji Grad 3 45.108 14.956,2
2. Gornji Grad - Medveščak 10 36.384 3.593,5
3. Trnje 7 45.267 6.146,2
4. Maksimir 14 49.750 3.467,1
5. Peščenica - Žitnjak 35 58.283 1.651,3
6. Novi Zagreb - Istok 17 65.301 3.947,1
7. Novi Zagreb - Zapad 63 48.981 782,5
8. Trešnjevka - Sjever 6 55.358 9.498,6
9. Trešnjevka - Jug 10 67.162 6.828,1
10. Črnomerec 24 38.762 1.593,4
11. Gornja Dubrava 40 61.388 1.524,1
12. Donja Dubrava 11 35.944 3.321,1
13. Stenjevec 12 41.257 3.387,3
14. Podsused - Vrapče 36 42.360 1.175,1
15. Podsljeme 60 17.744 295,2
16. Sesvete 165 59.212 358,3
17. Brezovica 127 10.884 85,4


Zagreb

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

A cidade de Zagreb está irmandada coas seguintes cidades:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]