Pazo de Cristal do Retiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Cristal.

O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Bo Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.

Índice

[editar] Estrutura e contexto

Vista nocturna.

A súa estrutura é de meral, e está totalmente recuberto por pranchas de cristal, de onde vén o seu nome. Á súa beira atópase unha lagoa artificial, cunhas curiosa árbore no seu interior, o Alcipreste dos pantanos (Taxodium distichum), que ten coma principal característica que parte do seu tronco e das súas raíces están mergulladas na auga.

[editar] Reaccións na época

Ademais da súa función na Exposición, o Pazo era, en parte, un intento de demostrar ao resto de Europa a grandeza de España. Construído por Ricardo Velázquez Bosco, en colaboración con Alberto de Palacio, inspirándose no Crystal Palace, de Paxton. A gran impresión que debeu de causar na súa época queda reflectida nesta descrición, aparecida en O Globo, en 1887.

Detalle das vidrieiras.
... É o Pazo de Cristal como unha catedral de vidro, de clásicas proporcións, sobre un outeiro de céspede. As súas paredes e muros son inmensas e transparentes vidrieiras sostidas por xónicas columnas de ferro, dispostas en tres naves sobre unha traza de forma de trevo e coroadas por unha inmensa cúpula, cuxa altura acada 22,60 metros, que cobre un magno pío destinado ás plantas acuáticas. Arredor, e nas naves laterais, de 14,61 m de elevación, van cobixarse as flexibles gramíneas e elevadas [palma]]s características da flora tropical de Filipinas. A súa maxestosa portada, de gusto clásico e estilo grego, cae sobre unha terraza circundada por elegante balaústre, e mira ao lago, que se estende aos seus pés como un espello onde van mirarse os esveltos troncos, as verdes frondes e as pintadas corolas que garda o Pazo.

[editar] Usos

Actualmente, trala reparación de 1975, o Pazo ten o aspecto orixinal. Pero a súa función non volverá ser a mesma, pois só no 1992 inauguráronse en Madrid tres invernadoiros. Na actualidade realízanse exposicións temporais de arte contemporánea, formando parte das sedes expositivas do Museo Raíña Sofía.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas