Alberto Ruiz-Gallardón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Ruiz-Gallardón
Ruiz-Gallardón y Soria, septiembre 2012.JPG
Alberto Ruiz-Gallardón
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 11 de maio de 1958 (56 anos)
Lugar: Madrid, España Flag of Spain.svg
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Partido Popular
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente da Comunidade de Madrid 15 de xuño de 1995- 26 de outubro de 2003
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogado
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1958, é un fiscal e político español, actual ministro de Xustiza.

Inicios da traxectoria política[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén político José María Ruiz-Gallardón, estudou o bacharelato nun colexio dos xesuítas e licenciouse en Dereito pola universidade San Pablo CEU. Obtivo o segundo posto nas oposicións á fiscalía en 1979 e serviu como fiscal durante un breve período de tempo na Audiencia Provincial de Málaga, posto do que actualmente se atopa en situación de excedencia.

En 1983 foi elixido como concelleiro de Madrid. A súa traxectoria na oposición municipal caracterizouse pola súa actitude conservadora, que lle levou a denunciar a política cultural impulsada polo alcalde Enrique Tierno Galván, especialmente coa revista Madriz con motivo dunha historieta sobre o anterior Xefe do Estado[1].

En 1986 pasou a formar parte da executiva de Alianza Popular no seu sétimo congreso como Secretario Xeral en substitución de Jorge Verstrynge. En xuño 1987 foi elixido deputado da Asemblea de Madrid. Un mes máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, cargo que ocupou ata 1995. En 1989 encabezou unha moción de censura contra o presidente socialista da Comunidade Joaquín Leguina, sen éxito. En abril de 1990, dirixiu a investigación dentro do partido das implicacións do Caso Naseiro[2].

Presidente da Comunidade de Madrid[editar | editar a fonte]

Foi investido como presidente da Comunidade de Madrid en 1995, tras gañar o seu partido as eleccións con maioría absoluta, e deixou o seu escano no Senado. En 1999 revalidou o cargo, novamente con maioría absoluta do seu partido. A súa política á fronte da Comunidade caracterizouse polo diálogo cos sindicatos e patronal, de onde resultou a implantación das 35 horas na administración rexional. Ademais xestionou os traspasos de competencias desde a administración central en materia de sanidade e educación.

Alcalde de Madrid[editar | editar a fonte]

En 2003, muda de escenario político a petición de José María Aznar e preséntase ás eleccións á alcadía de Madrid coa esposa de Aznar Ana Botella como número dous e converténdose en alcalde ao obter a maioría absoluta fronte á socialista Trinidad Jiménez e á candidata de Izquierda Unida Inés Sabanés.

En 2004, foi o único membro do Partido Popular que interveu publicamente no Congreso facendo autocrítica dalgúns dos fallos cometidos polo seu partido no goberno da nación, sen mencionalos expresamente. Posteriormente, intentou sen éxito lanzar a candidatura do vicealcalde de Madrid Manuel Cobo á presidencia do Partido Popular de Madrid fronte a Esperanza Aguirre. Manuel Cobo foi un estreito colaborador seu desde os anos en que era presidente da Comunidade de Madrid. O enfrontamento entre o seu sector e o de Esperanza Aguirre, naquela altura xa presidenta da Comunidade, sería constante entre 2004 e 2007.

Destaca do seu labor á fronte da alcaldía o proxecto Madrid Calle 30 consistente na remodelación da autoestrada M-30, que circunvala a cidade; incluíndo o seu soterramento no tramo no que o seu trazado coincide coa canle do río Manzanares. A obra durou 22 meses e viuse afectada polas polémicas das molestias que causaban as obras e polo arrincado de árbores. Outra polémica na que se envolveu Ruiz-Gallardón foi a instalación de parquímetros en Madrid. Promoveu a candidatura olímpica de Madrid para organizar os Xogos Olímpicos de 2016 (a candidatura para 2012, lanzada por José María Álvarez del Manzano, perdera fronte a Londres). Mantivo xestos que o aproximaron dunha posición centrista, como oficiar un matrimonio homosexual ou como escribir un artigo laudatorio na morte de Jesús de Polanco, presidente do grupo PRISA, que lle provocaron a inimizade dos sectores máis conservadores do Partido Popular.

Nas eleccións municipais de 2007, Ruiz-Gallardón revalidaría a maioría absoluta na alcaldía fronte ao candidato do PSOE, Miguel Sebastián e o representante de Izquierda Unida Ángel Pérez.

Gallardón pediulle publicamente a Mariano Rajoy a súa inclusión nas listas electorais nos comicios xerais de 2008, nas listas de Madrid. Ocupar un escano de deputado non xeraría incompatibilidade legal, pero reforzaría a súa posición dentro do Partido Popular. O sector de Aguirre opúxose duramente, e finalmente non foi incluído nas listas, co que anunciou que deixaría a política en marzo de 2008[3].


Predecesor:
Joaquín Leguina
Escudo de la Comunidad de Madrid.svg
Presidente da Comunidade de Madrid

1995 - 2003
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
José María Álvarez del Manzano
Alcalde de Madrid
2003 - 2011
Sucesor:
Ana Botella
Predecesor:
Francisco Caamaño
Escudo de España.svg
Ministro de Xustiza de España

2011 -
Sucesor:
no cargo

Persoal[editar | editar a fonte]

Alberto Ruiz-Gallardón está casado con María del Mar Utrera (filla do ex ministro franquista José María Utrera) e ten catro fillos (Alberto, José, Ignacio e Rodrigo). É católico practicante[4] e membro da Fundación Internacional Raoul Wallenberg, unha organización non gobernamental que promove a paz e o entendemento entre culturas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Felipe Hernández Cava. Apuntes para a historia dun cómic subvencionado. Neuróptica. Zaragoza, 1988. páxina 56
  2. O "caso Naseiro", ABC, 21.5.1990,
  3. Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08
  4. http://www.publispain.com/revista/biografia-de-alberto-ruiz-gallardon.htm Biografía de Alberto Ruiz Gallardón


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Ruiz-Gallardón