Lista das óperas máis importantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un teatro de ópera.

O renacemento da presencia da ópera no mundo da música, decote grazas ás gravacións, supuxo un considerable incremento do repertorio. Antes, os teatros ofrecían sempre os mesmos títulos, limitando a cincuenta ou como moito a cen as obras que ofrecían regularmente. Sen embargo, actualmente non para de medrar o número de óperas redescubertas que se foron incorporando aos circuítos operísticos.

Esta lista de óperas máis importantes segue o criterio dos expertos que se mostran no apartado de bibliografía consultada e pretende mostrar todas aquelas óperas que se interpretan con frecuencia, tiveron un éxito considerable na súa estrea, ou ben pasaron á historia por algún motivo que as fixo notables. As óperas da lista cobren tódolos xéneros importantes, e inclúen tódalas óperas interpretadas regularmente, a partir do século XVII as obras de Monteverdi, Cavalli, e Purcell, ata finais do século XX as óperas de Messiaen, Berio, Glass, Adams, Birtwistle, e Weir. As notas que acompañan ofrecen unha breve explicación de por que cada ópera se considerou importante. As óperas da lista aparecen por orde cronolóxica segundo o ano da súa primeira representación, ou no caso de que se estrearan moito despois da morte do compositor, a data aproximada da composición.

Índice

1600 – 1699[editar]

Claudio Monteverdi aguantando a máscara da traxedia en 1640.
Data Título Autor Comentario
1600 Euridice Jacopo Peri É a primeira ópera conservada dentro das escritas no chamado stile rappresentativo, no que, contra a praxis da época, cantábase nunha soa voz e cun breve acompañamento orquestral[1].
1607 L'Orfeo Claudio Monteverdi Considerada por moitos como a primeira ópera[2]. Monteverdi tiña a consciencia de que se atopaba ante un novo xénero musical e que, polo tanto, non podía rexerse polas normas de espectáculos anteriores, incluídos os de Peri[3]
1639 Le nozze di Teti e di Peleo Francesco Cavalli É a primeira ópera de Cavalli e é considera a primeira ópera veneciana da cal se conservou a música.
1640 Il ritorno d'Ulisse in patria Claudio Monteverdi A primeira ópera de Monteverdi para Venecia, baseada na Odisea de Homero, exhibe o dominio do compositor no retrato de individuos xenuínos en oposición a estereotipados.[4] É a penúltima ópera do compositor e, aínda que hai notables diferenzas respecto das anteriores, non hai dúbidas da súa autoría.[5]
1642 L'incoronazione di Poppea Claudio Monteverdi A derradeira ópera de Monteverdi, composta para a audiencia veneciana, aínda se adoita interpretar na actualidade. O seu contexto veneciano axuda a explicar a ausencia completa do ton moralizante de cotío asociado á ópera desa época.[4]
1644 L'Ormindo Francesco Cavalli Unha das primeiras óperas de Cavalli en ser representadas no século XX. A ambigüidade dalgúns personaxes, favorecida pola aparición dos castrati, só se entende tendo en conta que era da época previtoriana.[6]
1649 Il Giasone Francesco Cavalli Como tódalas óperas venecianas deste período, as escenas alusivas ao drama clásico son acompañadas por escenas cómicas con longos recitativos a cargo de nodrizas, criados e outros personaxes de tipo humorístico.[7]
1649 L'Orontea Antonio Cesti O que a fai especialmente notable é o seu Prólogo, no que o Amor e a Filosofía discuten de xeito agudo e divertido. Foi a primeira ópera italiana representada na corte austríaca.[8]
1651 La Calisto Francesco Cavalli A novena das once óperas que Cavalli escribiu con Faustini é notable pola súa sátira das divindades da mitoloxía clásica.[9]
1662 Ercole amante Francesco Cavalli Escollida para a voda de Luís XIV co fin de divulgar a ópera italiana en París.[10]
1674 Alceste Jean-Baptiste Lully Con esta ópera ábrese unha ampla tradición operística francesa considerablemente distinta da italiana pola súa inferioridade vocal.[11]
1676 Acis et Galatée Jean-Baptiste Lully Esta ópera chea de escenas fortes: de solos e fragmentos vocais corais ata a súa marabillosa música orquestral. De xeito inusual en Lully, os amantes morren traxicamente.[12]
1683 Dido and Aeneas Henry Purcell De cotío considerada a primeira ópera en lingua inglesa. Foi estreada na corte de Carlos II en 1683.[13]
1692 The Fairy-Queen Henry Purcell Considerada máis como unha semiópera que como unha ópera xenuína. É considerada con frecuencia como a mellor obra dramática de Purcell.[13]
1693 Médée Marc-Antoine Charpentier Charpentier escandalizou aos conservadores introducindo un número para solista e coro concibido ao xeito italiano e cantado nesta lingua.[14]

1700 – 1749[editar]

Data Título Autor Comentario
1708 Il più bel nome Antonio Caldara Foi a primeira representación operística na Península Ibérica.
1710 Agrippina Georg Friedrich Händel É a derradeira ópera que Händel compuxo en Italia, sendo un gran éxito[15], que lle proporcionou unha gran reputación[16].
1711 Rinaldo Georg Friedrich Händel A primeira ópera de Händel para o escenario de Londres era tamén a primeira ópera completamente italiana interpretada nesa cidade[16]. Os papeis masculinos que han de ser interpretados por voces femininas ou contratenores, con supresións e trocos posteriores á escena, son as dificultades para representar esta ópera actualmente. Moi notable é a aria Lascia ch'io pianga[17].
1718 Il trionfo dell'onore Alessandro Scarlatti Primeira ópera buffa napolitana da época do nacemento do xénero que chegou completa ata os nosos días[18].
1724 Giulio Cesare Georg Friedrich Händel É considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vocais, de gran profundidade. Foi a ópera máis difundida do compositor alemán no século XX[19].
1724 Tamerlano Georg Friedrich Händel Contén unha brillante escena da morte de Bajazeto, que ten a particularidade de ter sido escrita para tenor -papel nada frecuente nas súas óperas-, é considerada un dos mellores momentos da obra de Händel[20].
1725 Rodelinda Georg Friedrich Händel Tivo gran éxito no seu tempo e contén o papel de tenor máis complexo da súa produción[21].
1725 Pimpinone Georg Philipp Telemann Adoitábase cantar cos diálogos en alemán e as arias e duetos en italiano. Non se volveu representar ata os anos '60, cando comezou realmente a circular por Europa[22].
1727 Orlando Furioso Antonio Vivaldi A versión orixinal duraba seis horas. Actualmente interprétase cunha drástica redución[23].
1732 Lo frate 'nnamorato Giovanni Battista Pergolesi Excelente mostra do tipo de ópera buffa (comedias recargadas con multitude de personaxes) que naceu en Nápoles a principios do século XVIII[24].
1733 La serva padrona Giovanni Battista Pergolesi Converteuse nun modelo para moitas das óperas buffas que a seguiron, incluíndo as de Mozart[25].
1733 Hippolyte et Aricie Jean-Philippe Rameau A primeira ópera de Rameau provocou gran controversia no momento da súa estrea[26].
1735 Ariodante Georg Friedrich Händel Xunto con Alcina goza dunha gran reputación da crítica[16]. Aínda así, no seu tempo non acabou de gustar, a pesar do importante esforzo na orquestración e que ofrecía formas de danza coñecidas por agradar ao público londinense[27].
1735 Alcina Georg Friedrich Händel Con Ariodante forman parte da primeira tempada do Covent Garden[16].
1735 Les Indes galantes Jean-Philippe Rameau Nesta ópera Rameau engade profundidade emocional e potencia á forma tradicionalmente máis lixeira da ópera-ballet iniciada por Lully[26].
1737 Castor et Pollux Jean-Philippe Rameau Inicialmente só tivo un éxito moderado, mais cando se volveu interpretar en 1754 foi considerada como o mellor logro de Rameau[26].
1738 Serse Georg Friedrich Händel É unha desviación do modelo habitual de ópera seriosa, xa que contén algúns elementos da ópera buffa, moi estraño en Händel. Inclúe a aria Ombra mai fu, quizais a máis coñecida do autor[28].
1743 La Mérope Domènec Terradelles A ópera máis coñecida de Terradelles sobre todo despois da recuperación que levou a cabo Robert Gerhard en 1936. A música é brillante, variada e dunha extrema elegancia na escritura vocal, orientada xa cara ao estilo galante[29].
1744 Semele Georg Friedrich Händel Orixinalmente realizada como un masque, nome dado ás óperas autóctonas compostas en Inglaterra, as cualidades dramáticas de Semele levárona aos escenarios de ópera en tempos modernos[30].
1745 Platée Jean-Philippe Rameau A ópera cómica máis famosa de Rameau. Orixinalmente unha diversión de corte, a reestrea en 1754 foi extremadamente popular entre as audiencias francesas[26].

1750 – 1799[editar]

Data Título Autor Comentario
1752 Le devin du village Jean-Jacques Rousseau Representada no castelo de Fontainebleau, tivo un éxito immenso e representouse con frecuencia durante máis de sesenta anos[31].
1754 Il filosofo di campagna Baldassare Galuppi Ópera con libreto de Carlo Goldoni que tivo moito éxito no seu tempo[32].
1760 La buona figliuola Niccolò Piccinni Esta obra de Piccinni foi inicialmente moi popular en toda Europa. En 1790 producíronse máis de 70 producións da mesma representadas en tódalas cidades europeas importantes[33].
1761 Il café di campagna Baldassare Galuppi Ópera de ambiente rural que presenta unha imaxe pintoresca da xente do campo ambiciosa de prosperar economicamente[34].
1762 Orfeo ed Euridice Christoph Willibald Gluck A ópera máis popular de Gluck. O primeiro traballo no que o compositor tentaba reformar os excesos da ópera seria italiana[35]. É a ópera máis antiga representada asíduamente. A parte da súa música exquisida, tamén contribuíron os poucos medios que se recurren para a súa representación[36].
1762 Artaxerxes Thomas Arne En inglés e baseada nun texto de Metastasio, é a obra mestra de Arne. A orquestración é máis que notable e crea o ambiente axeitado nas escenas máis importantes[37].
1767 Il Bellerofonte Josef Mysliveček Foi un grande éxito cando se estreou en Nápoles. Mysliveček foi o primeiro compositor checo en converterse nun compositor de ópera de renome internacional.
1767 Alceste Christoph Willibald Gluck A segunda ópera de "reforma" de Gluck, actualmente represéntase na revisión francesa de 1776[38].
1768 Bastien und Bastienne Wolfgang Amadeus Mozart Singspiel nun acto baseado nunha parodia da novela de Rousseau Le devin du village[39]. Foi a primeira ópera estreada de Mozart[40].
1777 Lo speziale Joseph Haydn Mahler reestreouna en 1899 baseada nunha reconstrución de Robert Hirschfeld, logo dun século sen ningunha ópera de Haydn en escena[41].
1770 Mitridate, re di Ponto Wolfgang Amadeus Mozart Composta cando Mozart tiña 14 anos e escrita para un esixente cásting de cantantes nunha produción de 6 horas[39]. Un argumento falto de interese que só serve para deleitarse coas complicadas arias de gran elegancia vocal[42].
1772 Lucio Silla Wolfgang Amadeus Mozart Esta ópera da adolescencia de Mozart non se reestreou ata 1929, logo da súa execución inicial de 25 actuacións[39].
1774 Iphigénie en Aulide Christoph Willibald Gluck Primeira ópera que Gluck compuxo para París, chegando ao cumio da súa obra reformadora[43].
1775 La finta giardiniera Wolfgang Amadeus Mozart Esta obra é recoñecida xeralmente como a primeira ópera buffa importante de Mozart[39]. Foi o primeiro encargo que recibiu de München. A ópera comeza a reflectir a personalidade de Mozart como creador dun teatro musical especialmente refinado[44].
1775 Il re pastore Wolfgang Amadeus Mozart A última ópera da adolescencia de Mozart, cun libreto de Pietro Metastasio[39].
1777 Il mondo della luna Joseph Haydn Esta ópera era a última das tres que Haydn musicalizou de libretos de Carlo Goldoni[45].
1777 Armide Christoph Willibald Gluck Gluck empregou un libreto orixinalmente entregado a Lully para esta ópera francesa[46].
1779 Iphigénie en Tauride Christoph Willibald Gluck O derradeiro traballo de Gluck e a súa obra mestra[47]. É a ópera de Gluck máis orientada cara á reforma, por ser a máis austera, a que conta con máis arias curtas e a máis vencellada ao movemento neoclásico[48].
1781 Idomeneo, re di Creta Wolfgang Amadeus Mozart Normalmente coñecida como a primeira ópera madura de Mozart, Idomeneo foi composta logo dunha longa pausa no que respecta á produción operística[49]. Mozart comeza a darle importancia ao coro e a recurtar os recitativos[50].
1781 La serva padrona Giovanni Paisiello Por falta de tempo, fixo a súa versión da obra de Pergolesi. A obra percorreu tódolos teatros de Europa con moito éxito[51].
1782 Die Entführung aus dem Serail Wolfgang Amadeus Mozart É considera a primeira das obres mestras cómicas de Mozart. Actualmente represéntase con frecuencia[52].
1782 Il barbiere di Siviglia Giovanni Paisiello A ópera cómica máis famosa de Paisiello, posteriormente eclipsada pola obra homónima de Rossini[53].
1784 Armida Joseph Haydn Foi unha das súas óperas máis divulgadas no seu tempo. Logo prácticamente desapareceu[54].
1784 Richard Coeur de Lyon André Ernest Modeste Grétry Considerada a súa obra mestra. Comezan a notarse as influencias proto-románticas polo que pode considerarse unha das primeiras óperas de rescate[55].
1786 Le nozze di Figaro Wolfgang Amadeus Mozart A primeira da serie famosa de óperas de Mozart con libreto de Lorenzo Da Ponte, actualmente é a ópera máis popular de Mozart[39]. O autor converteu a historia de Beaumarchais nunha ópera buffa italiana sen ningunha relación musical con España[56].
1786 Una cosa rara Vicent Martín i Soler O éxito da obra supuxo un fito na vida musical vienesa[57], ata o punto de que o mesmo Mozart incluíu unha mención en Don Giovanni.
1786 Nina Giovanni Paisiello A importancia histórica desta ópera recae en ser a primeira en introducir unha escena de loucura que se foi impoñendo no Romanticismo[58].
1786 Doktor und Apotheker Karl Ditters von Dittersdorf Tivo moito éxito nos países de fala alemá, mais, ao non entrar no circuito da lingua italiana, foise apagando[59].
1787 Don Giovanni Giuseppe Gazzaniga Versión que Da Ponte compuxo unificando anacos dunha obra allea e que ampliou para Mozart. A versión de Gazzaniga insiste moito máis nos aspectos buffos da comedia[60].
1787 Don Giovanni Wolfgang Amadeus Mozart A segunda con Da Ponte, Don Giovanni supuxo dende aquela un crebacabezas para escritores e filósofos sobre a súa composición[39]. Foi a única ópera de Mozart que se representou con certa regularidade no século XIX[61].
1788 La molinara Giovanni Paisiello É unha ópera buffa simpática e con grandes momentos musicais que lle proporcionaron unha certa permanencia no tempo[62].
1790 Così fan tutte Wolfgang Amadeus Mozart A terceira e derradeira con Da Ponte, foi pouco representada durante o século XIX, xa que se consideraba que a trama era inmoral[63]. Con meno presuposto, con menos personaxes e esixencias escénicas, é nesta ópera onde o espírito mozartiano está máis concentrado[64].
1791 La clemenza di Tito Wolfgang Amadeus Mozart Foi moi popular en Alemaña ata 1810. Logo caeu no esquecemento e non foi rescatada ata mediados do século XX. A pesar do seu argumento imposible, está considerada unha das sete grandes óperas de Mozart[65].
1791 Die Zauberflöte Wolfgang Amadeus Mozart Chegouse a describir como a apoteose do Singspiel. Foi denigrada durante o século XX pola súa confusión e falta de definición[52]. Non se converteu nunha ópera de culto ata a segunda metade do século XX[66].
1792 Il matrimonio segreto Domenico Cimarosa Normalmente considerada a mellor ópera de Cimarosa[67]. Leopoldo II presenciou a estrea de tres horas e gustoulle tanto que a fixo repetir logo da cea dese mesmo día[68].
1794 Le astuzie femminili Domenico Cimarosa Tivo un éxito inmediato e circulou por toda Europa. Logo pasou a interpretarse de xeito intermitente. Unha curiosidade é o baile ruso da derradeira escena, debida á estancia de Cimarosa nese país[69].
1797 Lodoïska Luigi Cherubini Foi recibida con entusiasmo ao longo de 200 representacións. Foi unha das primeiras en buscar argumentos de actualidade política ou social[70].
1797 Médée Luigi Cherubini A única ópera francesa do período da Revolución que se realiza regularmente na actualidade. É un escaparate para sopranos famosas como Maria Callas[71].
1798 Le cantatrici villane Valentino Fioravanti Parodia teatral que foi o seu maior éxito e que circulou por toda Europa ata mediados do século seguinte. Díse que era a ópera favorita de Napoleón[72].
1799 Falstaff Antonio Salieri ópera buffa ao estilo italiano que é a primeira ópera baseada nunha obra de Shakespeare[73].

1800 – 1824[editar]

Data Título Autor Comentario
1805 Fidelio Ludwig van Beethoven A única ópera de Beethoven está inspirada nas súas paixóns pola liberdade política[74].
1807 La vestale Gaspare Spontini A ópera de Spontini sobre un Vestal exerceu unha gran influencia en Berlioz e é precursora da grand opéra francesa[75].
1810 La cambiale di matrimonio Gioacchino Rossini Sorprende a madurez de Rossini con tan só 18 anos nesta farsa nun acto dunha notable complexidade orquestral e que foi a súa primeira ópera representada[76].
1812 La scala di seta Gioacchino Rossini Farsa con influencias de Cimarosa[77]. A obertura foi unha das máis populares como peza de concerto[78].
1813 Il signor Bruschino Gioacchino Rossini De todas as farsas xuvenís de Rossini, esta é a máis enrevesada, trepidante e divertida[79].
1813 Tancredi Gioacchino Rossini A primeira ópera seria de Rossini, a pesar de cambios obrigados, indisposicións e outros factores que afectaron á estrea, Tancredi levou a fama do autor ata as nubes[80].
1813 L'italiana in Algeri Gioacchino Rossini Foi a súa primeira obra mestra no xénero buffo[77].
1814 Il turco in Italia Gioacchino Rossini Esta ópera destaca da produción de Rossini polos seus conxuntos frecuentes e a ausencia de arias[77]. O éxito moderno chegoulle a partir de que Maria Callas interpretase este papel buffo en 1950, única vez que o faría a excepción do Barbiere[81].
1815 Elisabetta, regina d'Inghilterra Gioacchino Rossini Primeira ópera en Nápoles do que xa era o compositor máis famoso do mundo. Foi moi apreciada durante unhas décadas e logo quedou esquecida ata o renacemento rossiniano dos anos 50. Foi notable por dúas innovacións: a coloratura estaba escrita na súa totalidade, sen deixala ao criterio e posibilidades da cantante, e había un recitativo strumentato totalmente escrito na partitura, en lugar do recitativo secco[82].
1816 Il barbiere di Siviglia Gioacchino Rossini É a ópera buffa máis popular de Rossini[77] e a máis representada, cunha sucesión magnífica de arias, duetos e coros. Nacida en plena época belcantista, sobreviviu a tódolos movementos posteriores. Rossini escribiu esta ópera nun tempo récord, xa que o contrato co teatro asinouse menos de dous meses antes da estrea[83].
1816 Faust Ludwig Spohr Spohr foi o primeiro compositor europeo en tomar o tema de Fausto como base dunha ópera romántica. Logo da estrea seguiu acurtándoa ata 1852, sendo esta a versión máis difundida[84].
1816 Otello Gioacchino Rossini É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare[85].
1817 La Cenerentola Gioacchino Rossini A pesar de que a compuxo nun período de tres semanas, considérase que contén parte da súa escritura máis fina para arias e conxuntos[86].
1817 La gazza ladra Gioacchino Rossini A ópera é coñecida especialmente pola súa obertura, na que destaca o uso de caixas.
1818 Mosè in Egitto Gioacchino Rossini Esta obra foi concibida orixinalmente como un drama sacro axeitado para ser representado durante a coresma[77].
1819 La donna del lago Gioacchino Rossini Ópera exótica grazas á situación dos seus personaxes no entorno dun lago das montañas de Escocia, disposición escénica que tiña que agradar aos románticos[87].
1820 Maometto II Gioacchino Rossini Rossini introduciu algúns trocos e a obra foi estreada seis anos despois co nome de La siège de Corinthe[88].
1821 Der Freischütz Carl Maria von Weber A obra mestra de Weber e a primeira gran ópera romántica alemá[89], especialmente pola súa identificación nacional e a súa carga emocional. O argumento foi tomado dunha lenda popular alemá e moitas das melodías foron extraídas do folclore deste país[90].
1823 Semiramide Gioacchino Rossini Esta é a última ópera que Rossini compuxo en Italia.[77]

1825 – 1849[editar]

Data Título Autor Comentario
1825 La dame blanche François-Adrien Boieldieu A ópera cómica de máis éxito de Boieldieu, foi un dos moitos traballos do século XIX inspirados nas novelas de Walter Scott[91].
1825 Il viaggio a Reims Gioacchino Rossini Unha estrea de circunstancias que pasou ao esquecemento para espertar nas últimas décadas do século XX, como a meirande parte das obras de Rossini[92].
1826 Oberon Carl Maria von Weber Baseada na comedia O soño dunha noite de verán de William Shakespeare. Weber, enfermo dunha grave infección, aceptou este encargo do Covent Garden para asegurar a subsistencia da súa familia. O compositor morreu dous meses despois da estrea. É unha das pezas clave da ópera romántica alemá e precursora dos dramas wagnerianos. Represéntase moi pouco debido á súa dificultade escénica[93].
1827 Il pirata Vincenzo Bellini A súa segunda produción profesional e a ópera máis larga de Bellini. Foi a primeira que lle asegurou un lugar definitivo na vida operística italiana ao conseguir unha independencia estilística respecto a Rossini como ningún outro compositor o conseguira[94].
1828 Le comte Ory Gioacchino Rossini Deliciosa ópera buffa italiana con reminiscencias francesas. É unha farsa na que Rossini demostra estar en plena forma cunha inventiva fresca e brillante. Sen embargo, logo unicamente escribiría unha ópera máis[95].
1828 La muette de Portici Daniel Auber Scribe, Delavigne e Auber tratan nesta ópera a liberdade dos pobos, argumente de moda en París onde se estaba a xestar a Revolución de Xullo[96]. A súa estrea en Bruxelas provocou unha revolta que é considerada o disparo de saída da independencia de Bélxica.
1829 Guillaume Tell Gioacchino Rossini Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller. A última ópera de Rossini antes da súa prematura xubilación é un conto sobre a liberdade situado nos Alpes suízos. Axudou a establecer o xénero francés da grand opéra[97].
1830 Anna Bolena Gaetano Donizetti Foi o primeiro éxito de Donizetti na escena internacional e axudoulle en gran medida a establecer a súa reputación.[98]
1830 Fra Diavolo Daniel Auber Unha das máis populares opéras comiques do século XIX[99] baseada nun divertido e complicado libreto de Eugène Scribe.
1830 I Capuleti e i Montecchi Vincenzo Bellini Versión de Bellini de Romeo e Xulieta de Shakespeare. Só tivo un mes e medio para a súa composición, polo que tivo que empregar o recurso de desguazar a súa ópera anterior Zaira[100].
1831 La sonnambula Vincenzo Bellini Situada nunha Suíza idealizada, o texto de Scribe adaptado por Felice Romani serviulle a Bellini para facer esta ópera semiseria[101].
1831 Norma Vincenzo Bellini A ópera máis coñecida de Bellini, paradigma das óperas románticas. A aria Casta diva do acto I é probablemente a máis famosa das de soprano. O acto final desta obra é notable pola orixinalidade da súa orquestración[102].
1831 Robert le diable Giacomo Meyerbeer A primeira grand opéra de Meyerbeer provocou un gran impacto co seu ballet de monxas mortas[103].
1832 L'elisir d'amore Gaetano Donizetti Esta obra foi a ópera máis frecuentemente interpretada en Italia entre 1838 e 1848[98] e en ningún momento desapareceu do repertorio. Contén a célebre aria de tenor Una furtiva laccrima. A principios do século XX foi adoptada por Enrico Caruso como título de éxito seguro e con pouco esforzo, motivo polo cal a obra duplicou o seu prestixio[104].
1833 Beatrice di Tenda Vincenzo Bellini Traxedia notable polo uso extensivo do coro[105] que nunca tivo a aceptación do resto das súas pezas de madurez. Foi a derradeira do autor con Felice Romani como libretista[106].
1833 Lucrezia Borgia Gaetano Donizetti Unha das máis populares do repertorio de Donizetti[107], que tomaba o relevo Romani. Se non tivo o éxito de Lucia di Lammermoor é polo número inusual de cantantes que precisa[108].
1834 Maria Stuarda Gaetano Donizetti Foi un fracaso durante o século XIX, mais dende o seu rexurdimento en 1958 se ten representado con frecuencia[109].
1835 I puritani Vincenzo Bellini Drama situado na Guerra Civil Inglesa, é unha das súas mellores pezas[110]. Bellini e o seu novo libretista Carlo Pepoli escolleron unha historia tipicamente romántica ambientada en Escocia. As cualidades da melodía e a orquestración gustaron a toda Europa, incluíndo a Wagner[111].
1835 La Juive Jacques Fromental Halévy Esta grand opéra rivalizou coas de Meyerbeer en popularidade. A aria de tenor Rachel, quand du Seigneur é particularmente famosa[112].
1835 Lucia di Lammermoor Gaetano Donizetti A ópera seria máis famosa de Donizetti, notable pola escena da loucura de Lucia[113]. Donizetti, para darlle un relevo, insólito ata aquela, á figura do tenor, escribiu unha escena final con recitativo, aria e cabaletta[114].
1836 Unha vida polo tsar Mikhaïl Glinka Glinka comezaba a establecer a tradición da ópera rusa con esta obra histórica[115]. Froito dos coñecementos adquiridos nas súas viaxes por Italia engadindo o contido nacional ruso[116].
1836 Le postillon de Lonjumeau Adolphe Adam Como crítico musical, Adams criticou a Verdi porque destruía as voces, mentres el ofrecía aos seus intérpretes arriscados malabarismos vocais. Curiosamente ficou no repertorio dos teatros alemáns[117].
1836 Les Huguenots Giacomo Meyerbeer Quizais a máis famosa de tódalas grands opéras francesas, amplamente considerada como a obra mestra de Meyerbeer[118]. Gozou dunah inmensa popularidade na súa época e foi representada centenares de veces nos mellores teatros de Europa[119].
1837 Il giuramento Saverio Mercadante Esta ópera e Il bravo son os títulos que sobreviviron da extensa creación de Mercadante, mais Il giuramento é a que se achega máis ao nivel de Bellini e Donizetti.
1837 Le domino noir Daniel Auber Baseada nun libreto de Scribe, circulou por toda Europa ata principios do século XX. Nos primeiros setenta anos despois da estrea conseguiu a cifra impresionante de máis de 1.200 representacións na Opéra-Comique[120].
1837 Roberto Devereux Gaetano Donizetti Donizetti escribiuna como distracción da dor que sentía pola morte da súa muller[121]. Prácticamente olvidada, mantívose con forza dende a Donizetti Renaissance nas ultimas décadas do século XX. Seguindo a moda dos inicios do Romanticismo, está ambientada en Gran Bretaña[122].
1837 Zar und Zimmermann Albert Lortzing Ópera coa que se consagrou Lortzing. Pouco divulgada no resto de Europa, é moi popular en Alemaña[123].
1838 Maria de Rudenz Gaetano Donizetti Aínda que fracasou no seu debut, tivo unha carreira brillante en Europa e América. Como a meirande parte das obras de Donizetti quedou olvidada a partir de 1870 para renacer con forza na segunda metade do século XX[124].
1838 Poliuto Gaetano Donizetti Estreada dous anos máis tarde en París, con ballet como non podía ser doutro xeito, e baixo o título de Les Martyrs, as dúas versións foron interpretadas paralelamente durante un tempo, mais volveuse á versión orixinal, que foi estreada en 1838 en Nápoles[125].
1838 Benvenuto Cellini Hector Berlioz A primeira ópera de Berlioz está chea de virtuosismos moi difíciles de interpretar[126]. Mal considerada no seu tempo, excepto contadas excepcións, non comezou a circular ata a recuperación do Covent Garden en 1966[127]. Aínda que a súa obertura non deixou de interpretarse como peza de concerto.
1840 La favorite Gaetano Donizetti Longa e complexa historia que foi un dos primeiros títulos nos que os tenores tiñan que demostrar que eran capaces de cantar o #4. Tamén é notable a súa obertura[128].
1840 Saffo Giovanni Pacini A calidade da inventiva de Pacini faise notar de xeito moi especial nesta ópera. Conseguiu un grande éxito na súa estrea en Nápoles e logo en todo o mundo[129].
1840 La Fille du régiment Gaetano Donizetti Ao instalarse en París, o característico mimetismo de Donizetti permitiulle adaptar as súas ideas italianas ao xénero cómico francés. O éxito foi inmenso e derivou en patriotismo ata o punto de representarse nos teatros o 14 de xullo durante todo o século XIX[130]. A pesar de ser unha ópera "de soprano", a célebre aria de tenor Ah, mes amis con nove dós#4, considerada o "Everest" do repertorio, mantivérona na fama.
1842 Der Wildschütz Albert Lortzing A obra mestra cómica de Lortzing pretendía demostrar que unha ópera alemá podía rivalizar coa opera buffa italiana e a opéra comique francesa[131].
1842 Nabucco Giuseppe Verdi Verdi describiu esta ópera como o verdadeiro comezo da súa carreira artística[132]. Recibiu este encargo logo de diversos fracasos e da morte sucesiva dos seus dous fillos e a súa dona. Con esta ópera e o seu coro Va pensiero, Verdi converteuse nun símbolo do Risorgimiento italiano[133].
1842 Linda di Chamounix Gaetano Donizetti Xunto con La sonnambula, é a única ópera semiseria que sobreviviu, co típico final feliz grazas a un feito inesperado[134]. Foi a primeira das óperas compostas por Donizetti para a corte vienesa.
1842 Rienzi Richard Wagner A contribución de Wagner á grand opéra[135]. A excepción da obertura e da conmovedora aria de tenor do último acto, tipicamente wagneriana, todo o demais foi pensar nun produto para a escena parisina en cinco actos, ballet, números solistas destacados, marcha, etc[136].
1842 Ruslan e Lyudmila Mikhaïl Glinka Esta versión episódica dun conto de fadas de Alexander Pushkin tivo unha grande influencia nos compositores rusos posteriores[137].
1843 Der fliegende Holländer Richard Wagner Wagner consideraba esta ópera romántica alemá como o verdadeiro comezo da súa carreira[138]. Wagner achegouse ao mundo operístico de Weber, que lle daría a pauta para orientar as súas novas producións[139]. Foi denominada con frecuencia O barco pantasma.
1843 Don Pasquale Gaetano Donizetti A obra mestra cómica de Donizetti é unha das últimas grandes opere buffe[140]. Escribiuna como unha peza de época, para contentar un público distante ás novas tendencias. É das poucas óperas de Donizetti que sempre se representaron[141].
1843 I Lombardi alla prima crociata Giuseppe Verdi Tratando de repetir o éxito de Nabucco, agora sitúa aos lombardos na primeira cruzada. É destacable o frescor da inventiva verdiana que se acentúa no notable movemento de concerto de violín e orquestra que precedeu á conversión de 'Oronte[142].
1843 Maria di Rohan Gaetano Donizetti Donizetti mostra nesta ópera unha forza dramática que sen dúbida o levaría máis aló do belcantismo se non fose porque, desgraciadamente, unha enfermidade lle atacou o sistema nervioso[143].
1844 Ernani Giuseppe Verdi O mellor traballo das primeiras obras de Verdi[144]. Obtivo un éxito que se prolongaría oitenta anos, seguido por un esquecemento e unha reaparición na década de 1970[145].
1845 Tannhäuser Richard Wagner A obra máis "medieval" de Wagner describe o conflito entre o amor pagán e a virtude cristiá[146]. Terceira ópera escrita dende Dresden. Wagner non renunciara a triunfar en París e por esta razón a peza ten unha grandeza escénica considerable. A pesar diso, a representación parisina -a pesar da versión ad hoc que fixo o compositor- foi un fracaso[147].
1846 Attila Giuseppe Verdi Verdi padeceu problemas de saúde cando estaba a escribir esta ópera, que obtivo só un éxito moderado na estrea[148]. Derradeira obra en colaboración co libretista Solera co obxectivo de despertar o sentido patriótico do público[149].
1846 La damnation de Faust Hector Berlioz A súa concepción do xénero pouco ortodoxa levou a Berlioz a realizar esta lenda dramática primeiro só en forma de concerto[150].
1847 Macbeth Giuseppe Verdi O primeiro Shakespeare de Verdi[148]. Como tantos outros compositores románticos, Verdi admiraba a Shakespeare e chegou a compoñer tres óperas baseadas nas súas obras teatrais[151].
1847 Martha Friedrich von Flotow Mestura de bo gusto francés, linguaxe italianizante e melodismo xermánico, coa incorporación mesmo dalgunhas pezas de folklore internacional. No seu tempo gozou de miles de representacións[152], mais actualmente só se interpreta en recitais a aria de tenor Ach, so fromm (M'apparì, en versión italiana).
1849 Die lustigen Weiber von Windsor Otto Nicolai A única ópera alemá de Nicolai foi o seu éxito máis duradeiro[153]. Baseada na comedia homónima de Shakespeare, con reminiscencias de Singspiel e temas populares, tivo un éxito inmenso no seu tempo. Representouse en moitos teatros europeos e americanos.
1849 Le prophète Giacomo Meyerbeer Unha grand opéra sobre a vida do fanático relixioso Jan van Leiden[154].
1849 Luisa Miller Giuseppe Verdi Baseada no drama Kabale und Liebe de Friedrich Schiller. Verdi saía do esquema habitual do primeiro Romanticismo da comedia de capa e espada para abordar a realidade humana[155].

1850 – 1875[editar]

Data Título Autor Comentario
1850 Genoveva Robert Schumann A única incursión no mundo da ópera de Schumann foi un fracaso relativo, e a pesar de todo a obra tivo os seus admiradores, de Franz Liszt a Nikolaus Harnoncourt[156].
1850 Lohengrin Richard Wagner Primeira culminación do sistema do leitmotiv. Foi a súa obra máis representada por aplacar o recelo que o público tradicional sentía pola música wagneriana[157].
1851 Rigoletto Giuseppe Verdi A primeira -e máis innovadora- das tres óperas de Verdi do período intermedio e que se ten convertido en indispensable no repertorio. Baseada na comedia Le roi s'amuse de Victor Hugo[158]. Logo dun período non de pouco éxito dende Luisa Miller, Verdi entra na madurez cun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza cunha figura central, Rigoletto, un bufón chepudo da corte do ducado de Mantua. É moi coñecida a aria La donna è mobile[159].
1852 Si j'étais roi Adolphe Adam Baseada en As mil e unha noites, acabou desaparecendo en Francia e sen embargo sobreviviu en Alemaña, como moitas outras óperas francesas[160].
1852 Faust Ludwig Spohr Spohr foi o primeiro compositor europeo que tomou o tema de Faust como base dunha ópera romántica. Logo da súa estrea en 1816, foi retocando a obra ata 1852, forma na que foi especialmente difundida[84].
1853 Il trovatore Giuseppe Verdi Este melodrama romántico é unha das partituras máis melódicas de Verdi[161]. Baseada no farragoso drama homónimo de José Garcia Gutiérrez, a trama, un chisco enrevesada, ten lugar durante a Guerra Civil Catalá 1452-1462[162].
1853 La traviata Giuseppe Verdi Baseada na narración La dame aux camélias de Alexandre Dumas fillo, marcou o cumio dos éxitos de Verdi na segunda parte da súa carreira. Poucas óperas tiveron tanta difusión como La traviata. A escena do brinde é das máis coñecidas deste xénero[163].
1854 Alfonso und Estrella Franz Schubert Estreada vinte e seis anos despois da morte do compositor. A pesar de que ningunha das óperas de Schubert se representa de xeito regular debido especialmente ao pobre interese dos seus libretos, esta ten unha certa envergadura como tal[164].
1855 Les vêpres siciliennes Giuseppe Verdi A ópera mostra unha clara influencia de Meyerbeer[165]. Baseada no feito histórico das Vísperas Sicilianas, a ópera mostra a súa orixe francesa, por ter sido destinada ao templo da grand opéra. Contén momentos da mellor calidade musical[166].
1858 Les Troyens Hector Berlioz A ópera máis grande de Berlioz e a culminación da tradición clásica francesa[167]. Obra grandiosa e desigual, aínda que chea de momentos de gran calidade teatral, Les Troyens non comezou a contar no panorama operístico ata a versión íntegra de Colin Davis en 1969[168].
1859 Faust Charles Gounod De tódalas postas en escena musicais da lenda de Faust, a de Gounod foi a máis popular en audiencia, especialmente na era victoriana[169]. Actualmente o título continúa sendo popular, mais o custo da montaxe e a extensión fana moito menos frecuente nos teatros[170].
1859 Un ballo in maschera Giuseppe Verdi Na época na que escribiu Un ballo en maschera, Verdi era suficientemente rico para non ter que traballar no resto da súa vida. Esta ópera tivo problemas cos censores porque orixinalmente trataba sobre o asasinato dun monarca (Gustavo III de Suecia), ata que o autor decidiu situala en Boston[171]. Chegaba logo do fracaso das súas dúas últimas óperas Simon Boccanegra e Aroldo[172].
1861 Bánk Bán Ferenc Erkel A ópera contribuíu a dar forza ao drama e velaí a súa popularidade en Hungría, que no resto de Europa non tería moito sentido. Moi influenciada por Donizetti e Verdi.
1862 Béatrice et Bénédict Hector Berlioz A última ópera que Berlioz escribiu era o froito da súa admiración eterna por Shakespeare (versión de Much ado about Nothing)[173]. Non se interpreta moito na actualidade, e nunca formou parte do repertorio operístico convencional. Hai varias gravacións e a obertura converteuse nunha popular peza de concerto[174].
1862 La forza del destino Giuseppe Verdi Esta traxedia foi encargada polo Teatro Imperial de Sant Petersburg, e Verdi puido ter estado influído pola tradición rusa na súa escritura.[175]. Cun argumento extraído de Don Álvaro o la Fuerza del Sino do Duque de Rivas, forma parte do repertorio operístico habitual. Hai un gran número de gravacións discográficas e é moi representada na actualidade[176].
1863 Les pêcheurs de perles Georges Bizet Actualmente é a segunda ópera máis interpretada de Bizet e é especialmente famosa polo seu dueto de tenor e barítono[177]. Esta ópera catapultou a carreira de Bizet, aínda que na súa estrea non foi recibida con moito entusiasmo[178].
1864 La belle Hélène Jacques Offenbach Parodia dos clásicos gregos, Offenbach emprega tódolos elementos comúns da farsa, amais de satisfacer a demanda do século XIX polas doces melodías[179].
1864 Mireille Charles Gounod Está baseada no poema épico Mireio de Frederic Mistral e fai uso da música popular provenzal[180].
1864 L'Africaine Giacomo Meyerbeer A derradeira grand opéra de Meyerbeer estreouse postumamente logo de traballar nela durante 25 anos e de deixala sen finalizar de todo. Tivo un éxito considerable ata os anos '30, cando desapareceu case por completo, a excepción da súa aria de tenor Beau paradis (O paradiso, en italiano) que continúa a interpretarse en recitais. Influenciou ás óperas La Gioconda e Aida[181].
1865 Tristan und Isolde Richard Wagner Esta traxedia romántica é o traballo máis radical de Wagner e unha das pezas máis revolucionarias na historia da música[182]. Está o famoso dueto de amor no que as flutuacións da tonalidade imperante durante a extensa escena facilitaron as reflexións dos compositores posteriores sobre a necesidade ou polo menos a posibilidade de rachar co sistema tonal e abrilo a outras combinacións sonoras[183]. É un dos clímax da arte universal de tódolos tempos.
1866 Mignon Ambroise Thomas Obra lírica inspirada na novela de Goethe Wilhelm Meister, foi a ópera de máis éxito de Thomas xunto con Hamlet[184]. Si ben as súas melodías cautivaron a toda Europa, actualmente é case descoñecida[185].
1866 Prodaná nevěsta Bedřich Smetana Esta comedia folclórica de Smetana é a máis representada de tódalas súas óperas[186]. A intervención dun circo no terceiro acto culmina con efectividade a simpática obra[187].
1867 Don Carlos Giuseppe Verdi Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller, esta grand opéra de Verdi é unha das súas mellores creacións[188]. A súa popularidade variou moito ao longo do tempo, desaparecendo prácticamente ata os anos '50. Verdi recortouna nunha versión italiana, que é a que se adoita representar[189]. Contén a célebre ária de mezzosoprano O don fatale e a de baixo Ella giammai m'amò, ámbalas dúas no IV acto.
1867 Roméo et Juliette Charles Gounod A versión de Gounod da traxedia de Shakespeare é a súa segunda obra máis famosa[190] logo de Faust.
1867 Dalibor Bedřich Smetana Unha das óperas de máis éxito de Smetana que explora temas aa historia checa[191]. Nun principio foi criticada por ser demasiado wagneriana. Moi estimada na República Checa, represéntase pouco no resto de Europa[192].
1867 Die Meistersinger von Nürnberg Richard Wagner A única ópera cómica de Wagner, tamén é a única das súas obras de madurez que inclúe solos de instrumentos de corda. O compositor cíñese á escala diatónica[193]. Levado polo entusiasmo, converteu esta ópera na máis longa da historia do xénero (cinco horas longas)[194]. É unha clara exaltación do nacionalismo alemán.
1868 Hamlet Ambroise Thomas A ópera de Thomas tómase moitas liberdades respecto da súa fonte shakespeariana[195]. Thomas fai unha áxil adopción dunha música de sólida factura, de harmonías suxestivas e unha coloración instrumental inspirada[196].
1868 Mefistofele Arrigo Boito Especialmente famoso como libretista de Verdi, Boito era tamén compositor e pasou moitos anos para conseguir esta versión musical do mito de Faust[197], unha das máis fieis da obra de Goethe. Dende a súa estrea, ten ocupado un lugar relativamente fixo no repertorio internacional[198].
1869 Das Rheingold Richard Wagner É a primeira das catro óperas que forman o ciclo Der Ring des Nibelungen. Xa antes de alzarse o telón, a música -un triplo acorde en mi maior de máis de cento trinta compases- atrapa o público nun reino místico, poboado de deuses e criaturas fantásticas[199].
1869 Die Walküre Richard Wagner A segunda do ciclo Der Ring des Nibelungen. Nas producións da tetraloxía adoita ser a favorita, xa que contén os temas musicais máis memorables de Wagner. O máis famoso é o das extraordinarias valquirias, as guerreiras immortais. A despedida de Wotan e a música do lume máxico final constitúen un dos momentos álxidos da historia da música[200].
1870 Il Guarany Antônio Carlos Gomes Composta por Gomes en Italia sobre un libreto baseado na novela de José Martiniano Alencar. Percorreu toda Europa e Brasil mais actualmente está prácticamente fora do repertorio[201].
1871 Marina Emilio Arrieta Estreada primeiro en 1855 como zarzuela, cantárona algúns dos máis grandes tenores de tódolos tempos, especialmente Alfredo Kraus e Jaume Aragall[202].
1871 Aida Giuseppe Verdi Encargada polo gobernador de Exipto para a inauguración da canle de Suez, Verdi inspirouse na grand opéra francesa. O seu gran dramatismo e excitante música outorgoulle un éxito inmediato e en dous anos representouse en 155 teatros diferentes en todo o mundo[203].
1874 Borís Godunov Modest Músorgski O gran drama histórico de Mússorgski mostra a desorde de Rusia a principios do século XVII[204] mediante as súas cancións folclóricas e os seus contos ortodoxos a través dos coros e melancólicas arias[205].
1874 Die Fledermaus Johann Strauss Probablemente a máis popular de tódalas operetas[206]. En Austria adoitase representar arredor das festas de Nadal, coa intervención de cantantes doutros xéneros como convidados.
1874 Dvĕ vdovy Bedřich Smetana Outra comedia de Smetana, a única das súas óperas cun tema non checo[207].
1875 Carmen Georges Bizet Cun argumento extraído da novela homónima de Prosper Mérimée, é probablemente a máis famosa de tódalas óperas francesas. Os críticos da estrea estaban impresionados pola mestura que Bizet fixo do Romanticisme e o realismo[208]. Opéra-comique que nos seus inicios non tivo o éxito que foi adquirindo no século XX para converterse nunha das óperas máis representadas[209].

1876 – 1899[editar]

Data Título Autor Comentario
1876 Siegfried Richard Wagner A terceira do ciclo Der Ring des Nibelungen, forma o núcleo esencial e explica a xuventude e os feitos gloriosos do heroe Siegfried[210]. Os dous primeiros actos foron compostos en 1857, o terceiro o fixo vinte anos despois cun estilo moito máis evolucionado e presentando unha música excepcional[211].
1876 Götterdämmerung Richard Wagner Cuarto e último traballo da Tetraloxía. Completa a historia que leva á destrución dos antigos deuses da mitoloxía xermánica, coa que se iniciará unha nova era na historia do mundo[212]. A diferencia das tres primeiras, esta utiliza o corazón. O momento máis salientable é a marcha fúnebre e o solo final de Brünnhilde[213]. Estreouse coa Tetraloxía no primeiro Festival de Bayreuth e completou o ciclo máis extraordinario que se vira ata aquela no mundo da ópera[212].
1876 La Gioconda Amilcare Ponchielli A parte de 'Aida de Verdi, esta é a única grand opéra italiana que quedou no repertorio internacional[214]. La Gioconda é importante porque sinala por onde seguirá a ópera do fin do século XIX: unha maior atención á expresividade do canto, emprego do leitmotiv wagneriano, e a creación dunha personaxe malvada[215]. É moi célebre o ballet Danza das horas.
1877 Samson et Dalila Camille Saint-Saëns Custou moito que esta ópera fose aceptada en Francia tal como pasaba con Wagner[216]. É á única ópera do compositor que forma parte do repertorio estándar francés. Algúns dos fragmentos máis coñecidos desta ópera son a aria para mezzo Mon coeur s'ouvre à ta voix do segundo acto e a Bacanal do terceiro[216].
1879 Evgenii Onegin Piotr Ilich Tchaikovski A ópera máis popular de Tchaikovski, baseada na novela de Pushkin. O compositor identificouse moito coa heroína Tatyana[217]. É a ópera máis popular de Rusia e aínda que evoca a vida campesiña burguesa da época dos tsares, a súa música é decididamente occidental[218].
1881 Les contes d'Hoffmann Jacques Offenbach O intento de Offenbach de facer un traballo máis serio seguía inacabado á súa morte[219]. Con moito éxito ao principio, as súas interpretacións foron diminuíndo ata practicamente desaparecer. Na década dos '80, co motivo do centenario da morte de Offenbach volveuse difundir[220] e é a súa ópera máis amplamente interpretada na actualidade[219].
1881 Simon Boccanegra Giuseppe Verdi Mesmo Verdi consideraba mala a súa versión de Simon Boccanegra de 1857, e a retocou durante moito tempo coa axuda do libretista Arrigo Boito[221].
1882 Parsifal Richard Wagner A última ópera de Wagner está considerada a súa obra máis exquisita. Medievalismo, budismo, cristianismo e filosofía únense para crear un idioma operístico sacro. A estrutura seméllase a unha escaleira que sube ata o éxtase divino[222]. Segundo o mesmo Wagner: un festival escénico sacro[223]. Só o primeiro acto dura máis de dúas horas.
1882 Sneguroixka Nikolai Rimski-Kórsakov Unha das obras máis líricas de Rimski-Kórsakov[224].
1883 Lakmé Léo Delibes A música viste un drama que coxea, mais se a soprano canta axeitadamente o seu difícil papel, a ópera convence[225]. É célebre o dúo das flores.
1883 Henri VIII Camille Saint-Saëns Saint-Saëns preocupouse de incluír material antigo da época. O seu éxito foi, como moito, moderado. Logo dun largo paréntese, unha gravación do ano 1989 fíxo revivir[226].
1884 Le Villi Giacomo Puccini O primeiro traballo operístico de Puccini con abundancia de oportunidades para a danza[227].
1884 Manon Jules Massenet É a súa ópera máis popular. É considerada unha opéra comique polo seu diálogo falado, mais é especialmente tráxica, ten un ritmo lixeiro e unha música con famosas arias e duetos[228].
1886 Hovánščina Modest Músorgski A segunda gran épica de Músorgski sobre a historia rusa quedou inacabada á súa morte[229], Rimski-Kórsakov acurtouna e rematouna para a súa estrea[230].
1887 Otello Giuseppe Verdi A primeira das obras mestras do período tardío de Verdi está baseada nun libreto inusualmente bo de Arrigo Boito[132], logo de dezaseis anos de silencio verdiano. Está considerada a mellor das máis de 200 óperas inspiradas en Shakespeare[231].
1890 Cavalleria rusticana Pietro Mascagni Xunto con Pagliacci de Leoncavallo, estreada dous anos máis tarde, percorreu de xeito triunfal non só os teatros italianos, senón tamén os europeos, e se converteu nun símbolo do novo estilo verista, contraposto ao verdiano ata aquela en vigor[232].
1890 Loreley Alfredo Catalani Por ser un autor italiano, sorprende pola súa atmosfera romántica de ton sobrenatural e con regusto xermánico. Pouco representada actualmente, ten un indubidable atractivo[233].
1890 Knyaz Igor Aleksandr Borodín Borodín pasou 17 anos compoñendo esta ópera e, a pesar de todo, non conseguiu rematala. É coñecida sobre todo polas súas Danzas polovtsianas[234].
1890 Píkovaia dama Piotr Ilich Tchaikovski Escrita en 44 días durante unha viaxe a Italia, converteuse na súa ópera favorita. Cunha música decididamente romántica, a acción sitúase un corenta anos antes de Pushkin para poder introducir música de baile mozartiana[235].
1891 L'amico Fritz Pietro Mascagni Este traballo foi pensado como o último exemplo de ópera semiseria[236]. É unha obra de plácido ambiente rural, cunha parella protagonista que ten unha certa semellanza coa de La Bohème[237].
1892 La Wally Alfredo Catalani Dentro do realismo rural, tanto en boga neses anos, o seu fragmento más famoso é a aria de soprano Ebben?, ne andrò lontana[238].
1892 Pagliacci Ruggero Leoncavallo Unha das máis famosas óperas veristas, normalmente se interpreta xunto con Cavalleria rusticana de Mascagni[239]. A perfección da construción dramática aliada co uso moderado do leitmotiv wagneriano e sen excluír a presenza de arias; tódalas personaxes teñen alomenos unha[240].
1892 Werther Jules Massenet Agora menos interpretada que Manon, é a mellor ópera de Massenet. Adaptada da novela de Goethe, é un piar do movemento romántico, unha historia de amor con final tráxico[241].
1893 Falstaff Giuseppe Verdi A ópera final de Verdi baseábase noutro bo libreto de Arrigo Boito[132]. Compúxoa en segredo, xa que non estaba seguro de rematala. Foi a primeira ópera cómica de Verdi logo do fracaso de Un giorno di regno 53 anos antes, e unha parodia das de Rossini[242].
1893 Hänsel und Gretel Engelbert Humperdinck Con influencias de Wagner e do verismo italiano, represéntase sobre todo nos países xermánicos[243]. Emprega elementos folclóricos e cancións populares de Westfalia[244].
1893 Aleko Serguei Rakhmaninov Por ser a primeira ópera dun aínda estudante, sen ser moi popular, permaneceu máis ou menos en activo durante todo o século XX.
1893 Manon Lescaut Giacomo Puccini O éxito desta obra establecía a reputación de Puccini como compositor de música contemporánia de primeira fila[214]. A ópera ten un estilo vinculable ao espírito verista que se estaba formando naqueles anos[245].
1894 Thaïs Jules Massenet Tivo moito éxito no seu momento, mais perdeuno case todo. Non obstante, segue na memoria dos melómanos pola famosa Méditation para violín frecuentemente interpretada en concertos[246].
1895 La Dolores Tomás Bretón Dentro da estética do verismo, está baseada na novela homónima de Josep Feliu i Codina[247].
1896 Andrea Chénier Umberto Giordano Sobre un libreto de Luigi Illica, este drama verista é a ópera máis popular de Giordano[214]. Respira un ambiente nétamente hostil á Revolución Francesa[248]. Son famosísimas o improvviso do tenor do acto I Un dì all'azzurro spazio e a aria de soprano La mamma morta do acto III.
1896 La Bohème Giacomo Puccini Baseada nas Scènes de la vie en bohème de Henri de Murger. Unha das óperas preferidas do público, a súa forza apoiase na perfecta unión entre unha historia conmovedora e unha partitura moi melódica[249]. Puccini decorou a ópera con algúns destacados leitmotiv. Os principais temas amorosos son a base do evocador cuarto acto[250].
1896 Pepita Jiménez Isaac Albéniz Versión edulcorada que o banqueiro e mecenas Money-Coutts fixo da novela de Juan Valera. O contido musical da obra é desigual, cunha excesiva presencia de ritmos hispánicos[251].
1897 La bohème Ruggero Leoncavallo Leoncavallo é máis fiel á novela de Henri de Murger, mais non resistiu a comparación coa versión de Puccini[252].
1897 L'arlesiana Francesco Cilea Relativamente pouco divulgada, fíxose célebre o Lamento di Federico que aparece en multitude de recitais dos tenores máis famosos[253].
1898 Iris Pietro Mascagni Esta ópera foi a porta pola que os autores veristas comezaron a fixarse no mundo oriental. Outro recurso verista tamén está presente: o teatro dentro do teatro[254].
1898 Fedora Umberto Giordano Na estrea agradou ao público, mais non á crítica, cousa que non impediu un éxito continuo durante trinta anos. Logo apagouse, mais a finais do século XX volveuse representar[255].
1899 Tsarskaya nevesta Nikolai Rimski-Korsakov Nesta ópera Rimski-Korsakov fixo brillantes experimentos na instrumentación, combinando sonoridades e efectos tonais dun xeito que prepara o camiño para a aparición dun Stravinski ou Prokofiev[256].

1900 – 1924[editar]

Data Título Autor Comentario
1900 Louise Gustave Charpentier Nun intento de proporcionar un equivalente francés ao verismo italiano, Louise sitúase nun distrito de clase traballadora de París[257].
1900 Tosca Giacomo Puccini Tosca é a máis wagneriana das óperas de Puccini co emprego frecuente do leitmotiv[214]. É a súa ópera máis famosa nun febril drama de amor, celos e morte. A partitura, guiada polo temperamento feroz de Tosca, está chea de inquietantes arias e duetos[258].
1900 Skazka o Tsare Saltane Nikolai Rimski-Kórsakov Peza colorista que tivo éxito polo seu vestiario vistoso e luxoso nos anos 1920 e 1930. Logo sobreviviu con dificultades. Sen embargo, a súa música non deixa de pasar por momentos que nos lembran a ópera wagneriana[259].
1901 Rusalka Antonín Dvořák A única ópera de Dvořák que tivo audiencias internacionais, está baseada nun conto popular dinamarqués sobre unha ninfa acuática[260].
1902 Adriana Lecouvreur Francesco Cilea Cilea combina algúns dos ideais do belcanto do pasado coas necesidades expresivas do teatro verista[261].
1902 Pelléas et Mélisande Claude Debussy O drama simbolista de Debussy é unha das óperas máis significativas do século XX[262]. Con esta obra Debussy desembarazábase da dependencia da música alemá á cal tan insensiblemente se fora entregando nos últimos trinta anos[263].
1903 Tiefland Eugen d'Albert Baseada na comedia realista de Àngel Guimerà mais ambientada nunha España con con tódolos tópicos, tivo unha carreira brillante en toda Europa. Actualmente é representada moi ocasionalmente[264].
1904 Risurrezione Franco Alfano Baseada nunha obra de Tolstoi, foi a ópera que lle deu prestixio a Alfano e lle fixo ocupar un lugar destacado no panorama do verismo italiano; por iso lle foi confiada a conclusión de Turandot de Puccini[265].
1904 Jenůfa Leóš Janáček Próxima ao verismo italiano, retrata a vida rural e inclúe bailes folclóricos e coros, mais un ambiente escuro vaise comendo a obra. Tardou 10 anos en completala[266].
1904 Madama Butterfly Giacomo Puccini Puccini investigou a música popular e a cultura xaponesa para darlle autenticidade á obra. Porén, aínda que toma algúns motivos xaponeses, a música segue a ser italiana. El mesmo a definiu como a súa ópera máis profunda e imaxinativa[267].
1905 Die lustige Witwe Franz Lehár Unha das operetas vienesas máis famosas[268]. É unha mestura de celebración imperial ao antigo estilo vienés e de cálida nostalxia por unha época feliz. É famoso o valse Lippen schweigen do terceiro acto[269].
1905 Salomé Richard Strauss O libreto é a tradución literal ao alemán da obra homónima de Oscar Wilde. Ao finalizar a estrea de Salomé en Dresden, o público ovacionouna trinta e oito veces. Polo seu contido decadente evidente, as súas críticas foron variadas e tivo dificultades para a súa difusión nos primeiros tempos[270]. Actualmente é considerada unha obra mestra e quizais a primeira ópera autenticamente moderna[271].
1906 Francesca da Rimini Serguei Rakhmaninov A escasa entidade do relato, imaxinado a partir do canto V do Inferno da Divina Comèdia, impediu que esta pequena obra mestra teña a fama que se merece[272].
1907 Skazániye o nevídimom grade Kítezhe i deve Fevrónii Nikolai Rimski-Kórsakov Baseada en lendas rusas, cun argumento fantástico e folclórico, típicamente rimskiana. Converteuse nunha das óperas máis representativas do repertorio ruso[273].
1909 Elektra Richard Strauss Esta traxedia escura leva á música de Strauss ás fronteiras do atonalismo. Foi a primeira das numerosas colaboracións entre o músico e o libretista Hugo von Hofmannsthal[274]. Elektra é un papel importante que atraeu a sopranos con gran talento dramático e vocal para aguantar largas notas[275].
1909 Il segreto di Susanna Ermanno Wolf-Ferrari Un intermezzo cómico. O segredo de Susanna é que fuma[276]. Cunha coidada e luxosa instrumentación[277].
1909 Zolotoy Petushok Nikolai Rimski-Kórsakov De cotío considerada a mellor obra de Rimski, polo menos é a máis representada. Esta sátira sobre a incompetencia militar deulle problemas ao compositor cos censores, xa que ía unicamente dous anos da derrota da Rusia imperial contra Xapón[278].
1910 Don Quichotte Jules Massenet O último gran éxito de Massenet é unha comedia inspirada no Quixote de Cervantes[279].
1910 La fanciulla del West Giacomo Puccini Destaca polo seu sentido teatral: é das poucas óperas do repertorio nas que o que sucede en escena atrae ao espectador case por si mesmo, facendo que a música se converta nun mero subliñado da acción. Deste xeito só conta cunha verdadeira aria no terceiro acto (Ch'ella mi creda)[280].
1911 Der Rosenkavalier Richard Strauss O traballo máis popular de Strauss e Hugo von Hofmannsthal, esta comedia está situada en Viena no século XVIII[281]. Lévanos á época de Mozart cunha sensibilidade moderna. Para cantar os papeis desta ópera débese ter algo máis que unha boa formación musical[282]. o trío vocal do final do terceiro acto está considerado un dos momentos máis exquisitos da historia da ópera[283].
1911 L'heure espagnole Maurice Ravel A primeira ópera de Ravel é unha farsa de dormitorio ambientada en España[284]. Con música divertida e variada e un traxín escénico considerable, converte a esta pequena ópera nunha verdadeira delicia[285].
1912 Ariadne auf Naxos Richard Strauss Unha mestura de comedia e traxedia cunha ópera dentro dunha ópera[286]. Na figura de Zerbinetta comparece a primeira das grandes figuras de exhibición vocal de Strauss[287].
1913 La vida breve Manuel de Falla Un apaixonante drama español influenciado polo verismo[288] e pola estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e unha brillantez que fixeron desta obra a ópera en español máis representada.
1913 L'amore dei tre re Italo Montemezzi É a primeira ópera do posverismo. Nesta ópera son especialmente notables os leitmotivs[289].
1914 Francesca da Rimini Riccardo Zandonai Nesta obra, Zandonai xa abandonara a estética verista para centrarse en episodios da Italia renacentista. A linguaxe sinfónica da orquestra recibe un tratamento moi eficaz.[290].
1916 Goyescas Enric Granados Con influencias do verismo italiano, é mundialmente famoso o seu intermezzo, de cotío interpretado en concerto. A pesar do seu prestixio, non é un título frecuente no repertorio[291].
1917 La rondine Giacomo Puccini Non tivo éxito ao principio e Puccini a revisou dúas veces[214]. Porén, non conseguiu cuaxar en ningunha época e aínda nos nosos días é pouco representada[292].
1917 Turandot Ferruccio Busoni Busoni conserva o ton desenfadado e burlesco da obra teatra de Carlo Gozzi, baseada no antigo conto das Mil e unha noites[293].
1917 El gato montés Manuel Penella Moreno O seu éxito deuse en gran parte á súa visión no extranxeiro como obra exótica de España polo seu tratamento do mundo taurino. A pesar desto, desapareceu do repertorio. É moi famoso o pasodoble tocado en todo tipo de ambientes[294].
1918 A Kékszakállú herceg vára Béla Bartók A única ópera de Bartok é un drama psicolóxico intenso e un dos seus traballos máis importantes[295]. Bartok coidou a tonalidade na que está composto cada un dos pasaxes, cunha orquestración diferente adicada a cada unha das portas[296].
1918 Il Trittico Giacomo Puccini Triloxía composta por Il tabarro, Suor Angelica e Gianni Schicchi. Actualmente estas tres óperas dun acto non se adoitan representar xuntas. Normalmente os teatros representan dúas ou enlazan unha con outra ópera curta[297].
1918 Die Frau ohne Schatten Richard Strauss O alto contido simbólico do complexo libreto de Hugo von Hofmannsthal fálanos da inmortalidade e a vida terrenal. Aínda que algunhas ideas un pouco vagas, a admiración por esta obra crece a medida que é escoitada[298].
1920 Die tote Stadt Erich Wolfgang Korngold A ópera máis coñecida de Korngold, con rivetes simbolistas, moi fortemente influenciada pola obra de Strauss[299].
1921 Il piccolo Marat Pietro Mascagni Xa cun estilo postverista, a ópera foi estreada en Roma polo tenor catalán Hipólito Lázaro, un dos poucos que tiña a potencia e a resistencia física necesarias para este papel esgotador[300].
1921 Katia Kabanová Leóš Janáček A primeira das grandes óperas da última madurez de Janáček, baseada nunha obra de Ostrovski sobre o fanatismo relixioso e o amor prohibido na Rusia provincial[301].
1921 O amor das tres laranxas Serguei Prokófiev Unha ópera cómica baseada nun conto de fadas de Carlo Gozzi[302]. O seu enorme reparto e ritmo rápido dixan pouco espazo ás arias, aínda que a partitura estea chea de vida e humor. A melodía máis famosa é a marcha do segundo acto[303].
1922 Giulietta e Romeo Riccardo Zandonai A parte do tratamento postverista, saliente a integración do cinema na narración, co percorrido a cabalo de Romeo, de tratamento postverista, destaca a integración do cinema na narración, co percorrido a cabalo de Romeo, mentres se ve avanzar, filmada, unha estrada con árbores que van pasando[304].
1924 Příhody Lišky Bystroušky Leóš Janáček Unha das obras máis populares do compositor, a historia está baseada nuns debuxos sobre animais do campo checos[305]. Curiosa fábula cun equipo de cantantes que teñen que representar a animais nunha das pezas máis coloristas e curiosas do repertorio operístico[306].

1925 – 1949[editar]

Data Título Autor Comentario
1925 Doktor Faust Ferruccio Busoni Busoni pretendía que esta ópera fose o clímax da súa carreira, mais quedou inacabada á súa morte[307]. É unha obra moi complicada, difícil de montar nun teatro de ópera e con numeroso persoal e polo tanto se representou pouco. Incluíu fragmentos de obras súas diversas[308].
1925 Wozzeck Alban Berg Unha das óperas chave do século XX. Baseada nunha trama sorprendentemente antiheroica, a obra de Berg mestura técnicas atonais con outras máis tradicionais[309], e deulle unha estrutura sinfónica[310]. Tardou oito anos en compoñela e a súa influencia en compositores posteriores é difícil de esaxerar[311].
1926 Cardillac Paul Hindemith Unha ópera en estilo neoclásico de Hindemith sobre un xoieiro psicopático[312]. Hindemith revisou a partitura porque o modismo musical parecía tosco e indisciplinado[313]. Esta segunda versión apareceu en 1952.
1926 Król Roger Karol Szymanowski Unha das óperas polonesas máis importantes, está chea de harmonías orientais[314]. Szymanowski creou unha partitura exótica e impresionista, aínda que as longas esperas para rematar este proxecto provocaron que se vexan estilos diversos[315].
1926 Věc Makropulos Leóš Janáček Janáček quixo facer un experimento musical e lingüístico para renovar o xénero, cunha actitude próxima ao expresionismo. Non tivo seguidores e Janáček morreu dous anos máis tarde sen ter insistido[316].
1926 Turandot Giacomo Puccini A última ópera de Puccini quedou inacabada á súa morte[214]. Pode considerarse postverista polo xeito de tratar a idea do amor sen a morte dos amantes, á vez como finalidade á que se lanzan os mesmos desafiando os perigos[317]. É moi famosa a súa aria Nessun dorma.
1928 Die ägyptische Helena Richard Strauss Esta ópera quedouse nun plano inferior respecto a outras mostras do enxeño do tándem Strauss-Hoffmannstahl[318].
1932 Moses und Aron Arnold Schönberg Inacabada á morte de compositor, a ópera de Schoenberg emprega frecuentemente técnicas serialistas[319]. Complexa dende tódolos puntos de vista, foi representada en poucas ocasións xa que require dun conxunto de profesionais de gran altura e dun coro extraordinariamente ben preparado[320].
1933 Arabella Richard Strauss Foi a última ópera na que Strauss empregou un libreto de Hugo von Hofmannsthal[321]. Concibida como un segundo Der Rosenkavalier, ambientada nunha Viena a ritmo de valse. A estrea non tivo éxito, mais co tempo gañou popularidade[322].
1934 Lady Macbeth de Msensk Dmitri Shostakovich Tivo moito éxito en Rusia, ata o punto que o ditador Stalin a foi ver. Este quedou molesto pola linguaxe musical vangardista da ópera, que non se volverá representar ata 1963, revisada mesmo no título: Katerina Izmailova[323].
1934 La fiamma Ottorino Respighi Ópera ben construída chea de historicismo, cunha linguaxe densa, aínda influenciada polo verismo e pola rica instrumentación decimonónica[324].
1935 Die schweigsame Frau Richard Strauss Unha ópera cómica baseada nunha obra de Ben Jonson[325]. Sen a man de Hofmannsthal, esta ópera ten un punto máis cerebral que a prexudicou e impediu unha existencia teatral comparable ás demais óperas do compositor[326].
1935 Porgy and Bess George Gershwin Inicialmente un fracaso financeiro, unha produción de 1941 que substituía os recitativos da obra por diálogo falado foi un éxito[327]. A inclusión de elementos de jazz e de espiritual negro déronlle un selo moi persoal[328].
1937 Lulu Alban Berg A segunda ópera de Berg quedou inacabada á súa morte, sendo rematada por Friedrich Cerha foi realmente realizada en 1979[329]. Unha mestura de expresionismo e de vangardismo[330].
1938 Mathis der Maler Paul Hindemith A ópera máis popular de Hindemith é unha parábola sobre un artista que sobreviviu nun tempo de crise, reflectindo a propia experiencia do compositor cos nazis[331].
1942 Capriccio Richard Strauss Esta ópera é un exercicio intelectual que Strauss levou a cabo coa colaboración de Stefan Zweig[332].
1945 Peter Grimes Benjamin Britten Un fito na historia da ópera británica, esta obra marcaba a chegada de Britten á escena da música internacional[333]. Converteuse na primeira ópera en inglés que chegaba ao repertorio internacional dende Dido and Aeneas de Purcell[334].
1945 Vojna i mir Serguei Prokófiev Prokófiev retornaba á tradición da ópera histórica rusa con este traballo épico baseado na novela A guerra e a paz de Tolstoi[335]. Pouco representada por ser a ópera que máis solistas (37) precisa de todo o repertorio[336].
1946 The Medium Gian Carlo Menotti Considerada por moitos a mellor ópera de Menotti[337]. A obra é unha denuncia da simplicidade norteamericana en materia de supersticións e crenzas, cunha música excelentemente dosificada[338].
1947 Les mamelles de Tirésias Francis Poulenc A primeira ópera de Poulenc é unha curta comedia surrealista baseada nunha obra de Guillaume Apollinaire[339]. A música ten elementos melódicos franceses e conserva o frescor irónico do texto[340].
1948 El gato con botas Xavier Montsalvatge Con libreto de Néstor Luján, é unha adaptación do célebre conto infantil de Charles Perrault.

Dende 1950[editar]

Data Título Autor Comentario
1951 Amahl and the Night Visitors Gian Carlo Menotti Esta historia de Nadal foi a primeira ópera especificamente escrita para televisión[341].
1951 Billy Budd Benjamin Britten Considerada unha das mellores do século XX, é unha obra perfecta sobre as imperfeccións humanas. Todos os protagonistas son masculinos, incluíndo o coro[342].
1951 The Rake's Progress Ígor Stravinski O traballo operístico máis importante de Stravinski, sobre un libreto de W. H. Auden inspirado polos gravados de William Hogarth, parece posterior a Mozart musicalmente[343]. Consta que Stravinski pediu as partituras das óperas de Mozart para impregnarse ben do seu estilo[344].
1954 Ognenny angel Serguei Prokofiev Prokofiev non tivo tempo de ver como o que ten sido considerado o traballo máis vangardista do mundo operístico[345]. Unha historia intensa e simbolista sobre o ben e o mal.
1955 Il cappello di paglia di Firenze Nino Rota Parodia da ópera buffa e o melodrama romántico. Como compositor cinematográfico, emprega con habilidade o leitmotiv para as situacións que se repiten. Únense os costumes da comedia de boulevard francés cos recursos da ópera buffa italiana[346].
1954 The Turn of the Screw Benjamin Britten Ópera de cámara baseada na historia dunha pantasma de Henry James[347]. Consiste nun tema e quince variacións baseadas na serie de doce notas propia do sistema dodecafónico[348].
1957 Dialogues des Carmélites Francis Poulenc A mellor ópera de Poulenc sitúase nun convento durante a Revolución Francesa[349].
1958 Vanessa Samuel Barber Vanessa gañou un premio Pulitzer en 1958[350]. Bastante próxima ao verismo e ao posromanticismo, case sempre baixo un marco tonal convencional[351].
1976 Einstein on the beach Philip Glass Os seus episodios musicais teñen pouco que ver cunha ópera tradicional, aínda que o canto, especialmente o do coro, non deixa de ter características suficientes para englobar esta obra na tradición operística occidental[352].

Notas[editar]

Notas
  1. Alier páx. 564
  2. John Whenham, escrito no The New Grove Dictionary of Opera.
  3. Alier páx. 449
  4. 4,0 4,1 Ellen Rosand, escrito en Grove
  5. Alier páx. 453
  6. Alier páx. 136
  7. Alier páx. 138
  8. Alier páx. 145
  9. Martha Novak Clinkscale, escrito en Grove
  10. Alier páx. 143
  11. Alier páx. 401
  12. Riding;Dunton-Downer páx. 66
  13. 13,0 13,1 Curtis Price, escrito en Grove
  14. Alier páx. 153
  15. The Viking Opera Guide (1993) ISBN 0-670-81292-7 páx.418: Segundo John Mainwaring, o primeiro biógrafo de Händel, O teatro en case tódalas pausas resoaba con berros de "Viva il caro Sassone". Estaban atónitos polo sublime do seu estilo: ata aquela non coñeceran tan de cerca tódolos poderes que poden despregar a harmonía e a modulación combinadas.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Anthony Hicks, escrito en Grove
  17. Alier páx. 335
  18. Alier páx. 756
  19. Alier páx. 339
  20. Alier pàg. 341
  21. Alier páx. 343
  22. Alier páx. 853
  23. Alier páx. 964
  24. Alier páx. 557
  25. Orrey, Leslie and Milne, Rodney. Opera: A Concise History. World of Art, Thames & Hudson. ISBN 0-500-20217-6. páx.90-91
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 Graham Sadler, escrito en Grove
  27. Alier páx. 345
  28. Alier páx. 351
  29. Alier páx. 857
  30. Stanley Sadie, escrito en Grove
  31. Alier páx. 741
  32. Alier páx. 261
  33. Mary Hunter, escrito en Grove
  34. Alier páx. 264
  35. Viking páx.375-6
  36. Alier páx. 293
  37. Alier páx. 28
  38. Viking páx.378-9
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 39,5 39,6 Julian Rushton, escrito en Grove
  40. Alier páx. 459
  41. Alier páx. 356
  42. Alier páx. 461
  43. Alier páx. 298
  44. Alier páx. 466
  45. Caryl Clark, escrito en Grove
  46. Viking páx. 393
  47. Viking páx. 370
  48. Alier páx. 302
  49. Orrey pàg. 110
  50. Alier páx. 471
  51. Alier páx. 536
  52. 52,0 52,1 Orrey páx. 113
  53. Viking páx. 752
  54. Alier páx. 360
  55. Alier páx. 325
  56. Alier páx. 478
  57. Alier pàg. 405
  58. Alier páx. 549
  59. Alier páx. 187
  60. Alier páx. 268
  61. Alier páx. 485
  62. Alier páx. 545
  63. Orrey páx. 107
  64. Alier páx. 489
  65. Alier páx. 493
  66. Alier páx. 497
  67. Orrey páx. 114
  68. Gordana Lazarevich, escrito en Grove
  69. Alier páx. 174
  70. Alier páx. 157
  71. Viking pág. 210-211
  72. Alier páx. 251
  73. Alier páx. 750
  74. Viking páx. 59
  75. Viking páx. 1002-1004
  76. Alier páx. 676
  77. 77,0 77,1 77,2 77,3 77,4 77,5 Richard Osborne, escrito en Grove
  78. Alier páx. 679
  79. Alier páx. 682
  80. Alier páx. 684
  81. Alier páx. 691
  82. Alier páx. 696
  83. Alier páx. 699
  84. 84,0 84,1 Alier páx. 785
  85. Alier páx. 705
  86. Alier páx. 709
  87. Alier páx. 714
  88. Alier páx. 717
  89. Viking páx. 1212-14
  90. Alier páx. 1017
  91. Oxford Illustrated páx. 136
  92. Alier páx. 723
  93. Alier páx. 1020
  94. Alier páx. 55
  95. Alier páx. 725
  96. Alier páx. 39
  97. Viking páx. 884; páx. 917-18
  98. 98,0 98,1 William Ashbrook, escrito en Grove
  99. Viking páx.38
  100. Alier páx. 58
  101. Alier páx. 61
  102. Orrey páx. 132
  103. Viking páx. 659-60
  104. Alier páx. 195
  105. Viking páx.70
  106. Alier páx. 67
  107. Viking páx. 277
  108. Alier páx. 199
  109. Viking páx. 278
  110. Viking páx. 71
  111. Alier páx. 70
  112. Viking páx. 412
  113. Viking páx. 280
  114. Alier páx. 206
  115. Oxford Illustrated páx. 246 ff.
  116. Alier páx. 288
  117. Alier páx. 11
  118. Viking páx. 660
  119. Alier páx. 439
  120. Alier páx. 34
  121. Viking páx. 282
  122. Alier páx. 212
  123. Alier páx. 397
  124. Alier páx. 216
  125. Alier páx. 219
  126. Viking páx. 92
  127. Alier páx. 81
  128. Alier páx. 225
  129. Alier páx. 531
  130. Alier páx. 222
  131. Viking páx. 584
  132. 132,0 132,1 132,2 Roger Parker, escrito en Grove
  133. Alier páx. 879
  134. Alier páx. 229
  135. Viking páx. 1177
  136. Alier páx. 970
  137. Viking páx. 368
  138. Viking páx. 1179
  139. Alier páx. 975
  140. Viking páx. 288
  141. Alier páx. 231
  142. Alier páx. 883
  143. Alier páx. 236
  144. Viking páx. 1128
  145. Alier páx. 888
  146. Viking páx. 1181
  147. Alier páx. 979
  148. 148,0 148,1 Viking páx. 1132
  149. Alier páx. 894
  150. Alier páx. 84
  151. Alier páx. 899
  152. Alier páx. 256
  153. Viking páx. 726
  154. Viking páx. 661
  155. Alier páx. 903
  156. Viking páx. 968
  157. Alier páx. 982
  158. Oxford Illustrated páx. 192
  159. Alier páx. 907
  160. Alier páx. 15
  161. Oxford Illustrated páx. 193
  162. Alier páx. 912
  163. Alier páx. 917
  164. Alier páx. 764
  165. Viking páx. 1144
  166. Alier páx. 923
  167. Viking páx. 94
  168. Alier páx. 88
  169. Penguin Guide to Opera on CD páx. 114
  170. Alier páx. 310
  171. Viking páx. 1147
  172. Alier páx. 930
  173. Viking páx. 97
  174. Alier páx. 86
  175. Viking páx. 1149
  176. Alier páx. 935
  177. Viking páx. 115
  178. Riding;Dunton-Downer páx. 290
  179. Riding;Dunton-Downer páx. 285
  180. Viking páx. 397
  181. Alier páx. 442
  182. Viking páx. 1196
  183. Alier páx. 986
  184. Viking páx. 1098
  185. Alier páx. 862
  186. Viking páx. 988
  187. Alier páx. 777
  188. Viking páx. 1152
  189. Alier páx. 940
  190. Viking páx. 398
  191. Viking páx. 990
  192. Alier páx. 781
  193. Riding;Dunton-Downer páx. 226
  194. Alier páx. 990
  195. Viking páx. 1099
  196. Alier páx. 866
  197. Viking páx. 131
  198. Alier pàg. 104
  199. Riding;Dunton-Downer páx. 230
  200. Riding;Dunton-Downer páx. 232
  201. Alier páx. 306
  202. Alier páx. 31
  203. Riding;Dunton-Downer páx. 180
  204. Viking páx. 718
  205. Riding;Dunton-Downer páx. 316
  206. Viking páx. 1020
  207. Viking páx. 992
  208. Viking páx. 118
  209. Alier páx. 94
  210. Alier páx. 1002
  211. Riding;Dunton-Downer páx. 234
  212. 212,0 212,1 Alier páx. 1006
  213. Riding;Dunton-Downer páx. 236
  214. 214,0 214,1 214,2 214,3 214,4 214,5 Julian Budden, escrito en Grove
  215. Alier páx. 573
  216. 216,0 216,1 Alier páx. 743
  217. Viking páx. 1087
  218. Alier páx. 844
  219. 219,0 219,1 Viking páx. 738
  220. Alier páx. 523
  221. Riding;Dunton-Downer páx. 179
  222. Riding;Dunton-Downer páx. 238
  223. Rémy páx. 456
  224. Viking páx. 866
  225. Alier páx. 183
  226. Alier páx. 746
  227. Viking páx. 807
  228. Riding;Dunton-Downer páx. 297
  229. Viking páx. 720
  230. Alier páx. 511
  231. Riding;Dunton-Downer páx. 184
  232. Alier páx. 408
  233. Alier páx. 131
  234. Viking páx. 134
  235. Riding;Dunton-Downer páx. 324
  236. Peter Ross, escrito en Grove
  237. Alier pàg. 412
  238. Alier páx. 133
  239. Viking páx. 564
  240. Alier páx. 390
  241. Riding;Dunton-Downer páx. 298
  242. Riding;Dunton-Downer pàg. 186
  243. Riding;Dunton-Downer páx. 242
  244. Alier páx. 372
  245. Alier páx. 597
  246. Alier páx. 428
  247. Alier páx. 113
  248. Alier páx. 278
  249. Riding;Dunton-Downer páx. 192
  250. Alier páx. 601
  251. Alier páx. 17
  252. Alier páx. 393
  253. Alier páx. 163
  254. Alier páx. 414
  255. Alier páx. 281
  256. Alier páx. 664
  257. Viking páx. 203
  258. Riding;Dunton-Downer páx. 194
  259. Alier páx. 667
  260. Alier páx. 242
  261. Alier páx. 165
  262. Oxford Illustrated páx. 281-7
  263. Alier páx. 178
  264. Alier páx. 21
  265. Alier páx. 24
  266. Alier páx. 376
  267. Riding;Dunton-Downer páx. 196
  268. Viking páx. 559
  269. Riding;Dunton-Downer pàg. 245
  270. Alier páx. 800
  271. Riding;Dunton-Downer páx. 252
  272. Alier páx. 643
  273. Alier páx. 670
  274. Viking páx. 1028
  275. Riding;Dunton-Downer páx. 254
  276. Viking páx. 1241
  277. Alier páx. 1024
  278. Riding;Dunton-Downer páx. 326
  279. Viking páx. 635
  280. Alier páx. 617
  281. Viking páx. 1029
  282. Alier páx. 807
  283. Riding;Dunton-Downer páx. 255
  284. Viking páx. 849
  285. Alier páx. 654
  286. Viking páx. 1031
  287. Alier páx. 813
  288. Viking páx. 314
  289. Alier páx. 444
  290. Alier páx. 1029
  291. Alier páx. 323
  292. Alier páx. 622
  293. Alier páx. 125
  294. Alier páx. 553
  295. Oxford Illustrated pp 286-7
  296. Alier páx. 45
  297. Riding;Dunton-Downer páx. 199
  298. Alier páx. 815
  299. Alier páx. 387
  300. Alier páx. 416
  301. Viking páx. 505
  302. Oxford Illustrated páx. 306
  303. Riding;Dunton-Downer páx. 331
  304. Alier páx. 1032
  305. Viking páx. 506
  306. Alier páx. 381
  307. Oxford Illustrated páx. 297
  308. Alier páx. 127
  309. Orrey páx. 218
  310. Alier páx. 74
  311. Riding;Dunton-Downer pàg. 370
  312. Viking páx. 477
  313. KEMP, Ian. Hindemith's Cardillac . The Musical Times, páx. 268-269, 271 (1970).
  314. Viking páx. 1076
  315. Alier páx. 841
  316. Alier páx. 383
  317. Alier páx. 632
  318. Alier páx. 823
  319. Orrey páx. 220
  320. Alier páx. 761
  321. David Murray, escrito en Grove
  322. Riding;Dunton-Downer páx. 258
  323. Alier páx. 773
  324. Alier páx. 657
  325. Viking páx. 1039
  326. Alier páx. 825
  327. Richard Crawford, escrito en Grove
  328. Alier páx. 272
  329. Orrey páx. 219
  330. Alier páx. 77
  331. Viking páx. 480
  332. Alier páx. 829
  333. Viking páx. 144
  334. Riding;Dunton-Downer páx. 392
  335. Viking páx. 803
  336. Alier páx. 590
  337. Bruce Archibald, escrito en Grove
  338. Alier páx. 433
  339. Viking páx. 793
  340. Alier páx. 578
  341. Viking páx. 649
  342. Riding;Dunton-Downer páx. 394
  343. Viking páx. 1050
  344. Alier páx. 835
  345. Richard Taruskin, escrita en Grove
  346. Alier páx. 734
  347. Arnold Whittal, escrito en Grove
  348. Alier páx. 121
  349. Viking páx. 794
  350. Barbara B. Heyman, escrito en Grove
  351. Alier páx. 42
  352. Alier páx. 285


Véxase tamén[editar]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar]