Iphigénie en Tauride (Gluck)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iphigénie en Tauride
Ifixenia en Táuride
Iphigénie en Tauride frontespizio partitura.JPG
Primeira edición.
Forma Ópera
Actos e escenas 4 actos
Idioma orixinal do libreto Francés
Libretista Nicolas-François Guillard
Fontes literarias Baseado en Ifigenia entre os tauros(Eurípides) e a traxedia de 1757 de Claude Guimond de la Touche
Estrea 18 de maio de 1779
Teatro da estrea Opéra de Paris
Lugar da estrea París
Duración 2 horas[1]
Música
Compositor Christoph Gluck
Personaxes

Iphigénie en Tauride (en galego Ifixenia en Táuride) é unha ópera en catro actos con música de Christoph Gluck e libreto en francés de Nicolas-François Guillard. Esta foi a quinta ópera de Gluck para os escenarios franceses.

Con Iphigénie en Tauride, Gluck levou a súa reforma da ópera á súa conclusión lóxica. Os recitativos son máis breves e son récitatif accompagné ("acompañados" por cordas e quizais por outros instrumentos, non só o acompañamento de continuo), estruturas do tipo airoso que unían as escenas dramáticas. Os movementos de danza normais que se atopan na tragédie en musique francesa están case enteiramente ausentes. O drama baséase en último término na obra Ifixenia entre os tauros do dramaturgo grego Eurípides que trata de historias referentes á familia de Agamenón con posterioridade á Guerra de Troia. Ifixenia era fixa de Agamenón e Clitemnestra e irmá de Orestes, Electra e Crisotemis.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 18 de maio de 1779
Director:
Ifixenia (sacerdotisa de Diana, filla de Agamenón) soprano / mezzosoprano Rosalie Levasseur
Orestes (irmán de Ifixenia) barítono / tenor[3] Henri Larrivée
Pílades (amigo de Orestes) tenor (haute-contre) Joseph Legros
Thoas, (rei dos tauros) baixo Jean-Pierre (?) Moreau
Diana (deusa da caza) soprano /mezzosoprano Châteauvieux

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
  2. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  3. na versión alemá de 1781

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: