Camille Saint-Saëns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saint-Saëns.

Charles Camille Saint-Saëns, nado en París o 9 de outubro de 1835 e finado en Alxer o 16 de decembro de 1921, foi un compositor, director de orquestra, organista e pianista francés de Música clásica.

Traxectoria [editar]

Foi un virtuoso pianista e tamén un excelente improvisador co órgano, ademais de escritor, caricaturista e viaxeiro. Saint-Saëns desempeñou un papel excepcional na renovación da música francesa, tanto no aspecto docente -tivo como alumnos, entre outros, a Gabriel Fauré e a André Messager-, como, sobre todo, pola súa actividade en favor da música nova: foi un dos fundadores da «Société Nationale de Musique», destinada a tocar e difundir a música francesa. Está considerado un elemento esencial da renovación da música francés, canda a Claude Debussy e a Maurice Ravel.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]